Posts Tagged ‘galego’

Ángel Folgueira habla sobre Cabozo en el canal internacional de TVE

Domingo, septiembre 30th, 2012

(Pica aquí para ler en galego)

Ángel Folgueira explica las peculiaridades de Cabozo

Ángel Folgueira, cofundador de Cabozo, habla sobre esta red social en “La Red, también gallega” reportaje sobre el gallego y las redes sociales  emitido recientemente en el programa Desde Galicia para el mundo del canal internacional de TVE.

Tve

En el mismo también podemos ver a Ian Vázquez, impulsor de “Twitter en galego XA!“, inicitiva que busca incorporar el gallego como opción en la configuración personal de Twitter.

Y hablando de Twitter… os recordamos que, además de en el propio Cabozo, también podéis seguir por allí las cuentas de sus responsables: @lexnalof, @deckarz y @cabozo_com

Os dejamos con el vídeo:

Actualizada a extensión para Google Chrome que facilita a consulta do dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego

Viernes, septiembre 21st, 2012

(…)

Extensión "Ferramentas idioma galego"

Lanzamos a actualización da extensión creada por Cabozo para Google Chrome que facilita a consulta do Dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego.

A nova versión desta extensión, da que no seu día se fixo eco a propia web da Real Academia Galega, engade, ás xa existentes, as seguintes opcións:

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en portugués

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en español

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en inglés

Adaptada as novas esixencias de Google, podédela descargar da Chrome Web Store dende aquí:

Ferramentas idioma galego


Xa temos logo gañador do concurso de deseño #LogoCabozo17M :)

Miércoles, mayo 16th, 2012

Dende hai unhas horas xa loce na portada de Cabozo o deseño gañador do concurso #LogoCabozo17M, concurso ideado con motivo do Día das Letras Galegas 2012:

Deseño gañador do concurso #LogoCabozo17MEste deseño, que por primeira vez preside a portada de Cabozo non sendo o logo orixinal :) chega dende a Costa da Morte, máis concretamente dende Baio (Concello de Zas) da man do seu autor Marcos Martínez Romero.

Así se xestou o deseño gañador :P

Isto é o que contaba Marcos sobre o proceso de creación do seu traballo:

Proceso de creación do deseño

Trátase dunha interpretación de 2 tipos de cabozos: o de pedra e o de madeira (como adxunto na imaxe do proceso) fusionándose coa imaxe da persoa á que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano”

Noraboa polo traballo Marcos! ;)

Nos próximos días faráselle entrega da cesta de produtos lucenses doada por m-tic! e saberemos algo máis sobre o autor e a súa obra nunha entrevista para Galicia Confidencial.

Todos os deseños do concurso:

- Ver deseños finalistas

- Ver o resto de deseños

#LogoCabozo17M foi un concurso ideado por GalegoLab e Cabozo

Estes son os finalistas do concurso de deseño #LogoCabozo17M :)

Miércoles, mayo 16th, 2012
Xa temos finalistas

Xa temos finalistas! :)

Despois duns días de deliberación, estes son os 3 deseños que o xurado* do concurso #LogoCabozo17M quere destacar :P e de entre os cales sairá o gañador definitivo:

Finalista #LogoCabozo17M

Creado polo usuario de Cabozo: Eseoaneriveira

Así describe o seu deseño: O meu deseño é simple. Trátase do galardoado deste ano, Valentín Paz Andrade, simplificado e adaptado á bandeira Galega cruzando o seu peito. Búscase así que se recoñeza a este autor non só polos escritos, senón polo seu aspecto e relacionalo coa bandeira. Non é un logo permantente, pero para a ocasión, na que o importante é este escritor, creo cumpre as expectativas esperadas, debido tamén ao seu sinxelo deseño”

Finalista #LogoCabozo17MCreado pola usuaria de Cabozo: Eugznomeular

Así describe o seu deseño: Palabras de Paz Andrade nun cabozo”

Finalista #LogoCabozo17M

Creado polo usuario de Cabozo: M_martinez_arq

Así describe o seu deseño: Trátase dunha interpretación de 2 tipos de cabozos: o de pedra e o de madeira (como adxunto na imaxe do proceso) fusionandose coa imaxe da persoa a que se lle adica o día das letras galegas deste ano”

Un destes 3 deseños será o gañador definitivo do concurso!!! E… como saberemos quen é o gañador? :P Pois hoxe ao longo da tarde/noite aparecerá o deseño gañador na portada de Cabozo!!! Estade atentos!!! ;)

Agradecer ao resto de usuari@s a súa participación e a alta calidade tamén dos traballos achegados o que dificultou moito a elección dun único gañador. Graciñas!!! ;) (Ver o resto de deseños)

*Lembrar que o xurado do concurso está composto por algúns dos responsables de m-tic!, GalegoLab e Cabozo coa colaboración de Galicia Confidencial.

Extensión para Google Chrome que facilita a consulta do dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego

Domingo, abril 15th, 2012

(…)

Extensión de galego para Google Chrome

Dende Cabozo queremos compartir a extensión que creamos para facilitar a consulta do Dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego dende Google Chrome:

- Ferramentas de galego para Chrome

INCLÚE AS SEGUINTES OPCIÓNS

- Buscar a palabra seleccionada no dicionario da RAG

- Traducir o texto seleccionado de español a galego

- Traducir o texto seleccionado de inglés a galego

- Traducir unha web de español a galego

- Traducir unha web de inglés a galego

Tamén podes traducir textos ou webs

MÁIS FÁCIL IMPOSIBLE

Seleccionas un texto, pulsas sobre “botón dereito” no rato e aparecen todas as opcións dispoñibles ;)

OPCIÓN FIREFOX

Antón Méixome, do proxecto Trasno,  publicou unha extensión que facilita a consulta do diccionario dende Firefox

ACTUALIZACIÓN :)

Referencia a extensión na web da Real Academia Galega

A web da Real Academia Galega fixo mención á extensión para integrar o seu dicionario no navegador Google Chrome creada por Cabozo. (Parece que a web da RAG non mantén os enlaces. Se non atopades o artigo aquí tedes unha captura deste)

OPCIÓN OPERA

O usuario Enfeitizador explica nesta entrada de Cabozo como configurar o dicionario tamén no navegador Opera

Co gallo do Día das Letras Galegas 2012, Cabozo cambia o seu logo orixinal por un deseño teu! :)

Jueves, marzo 15th, 2012
#logocabozo17M
(…)
Non hai mellor ocasión que o Día das Letras Galegas 2012 para que Cabozo, rede social galega, cambie o seu logo orixinal por un deseño teu!

PARTICIPA NO CONCURSO!!! :D

Redeseña o logo da rede social galega cun tema apropiado a ese día (cun tamaño aproximado ao orixinal) e se o teu deseño resulta gañador

Cesta de produtos de Lugo doados por m-tic!

Cesta de produtos de Lugo doados por m-tic!

  • Dende o 17 de maio e ata final de mes lucirá na portada de Cabozo
  • Serás entrevistado por Galicia Confidencial, xornal online líder en galego
  • Recibirás unha cesta de productos galegos doados por m-tic!, empresa de deseño e comunicación

Logo Cabozo 2012

O CONCURSO ESTARÁ ABERTO DO 1 DE ABRIL Ó 10 DE MAIO!!!

Para participar necesitarás unha conta en Cabozo… aínda non es usuari@? non te preocupes! Solicita de calquera destas maneiras a túa invitación e recibirála canto antes:

Pica aquí para solicitar a túa invitación

Queres saber como participar no concurso? Ou colaborar con esta iniciativa? Pica aquí:

Pica aquí para ver toda a info sobre o concurso

Unha idea de GalegoLab e Cabozo, co patrocinio de m-tic! e a colaboración de Galicia Confidencial #logocabozo17M

Deixa comentarios en Cabozo aínda que non sexas usuari@ rexistrado :)

Martes, marzo 13th, 2012

(…)

Participa en Cabozo aínda que non sexas usuario rexistrado

Dende hai tempo, os usuari@s desta rede social poden compartir o que publican en Cabozo tamén noutras webs para axudar á difusión deses contidos. Para iso facilítanse ligazóns permanentes externas (enlaces) aos seus contidos, tanto nos grupos como nos taboleiros. Por exemplo, podes subir unha mensaxe cun vídeo de YouTube para que o vexan os teus seguidores de Cabozo e logo enlazar a esa mensaxe en Cabozo dende a túa conta de Twitter para que tamén o vexan os teus seguidores alí.

Pois ben, agora calquera pode deixar comentarios a eses contidos públicos aínda que non estea rexistrado en Cabozo :D

Comentarios externos en Cabozo

É un servizo que non adoita ser habitual nas redes sociais, e veremos que tal funciona, pero mentres se faga un bo uso do mesmo aí está para que cada vez máis xente poida participar e interactuar cos contidos e usuari@s de Cabozo.

Podedes picar aquí para probar esta nova opción e de paso comentádesnos que vos parece ;)

Galicia Confidencial entrevista os creadores de Cabozo co gallo do 4º aniversario desta rede social

Lunes, marzo 5th, 2012

Antonio Mariño y Ángel Folgueira, autores de Cabozo.com

Antonio Mariño y Ángel Folgueira, autores de Cabozo.com

Galicia Confidencial, xornal online líder en galego, entrevista a Antonio Mariño e Ángel Folgueira, creadores de Cabozo, cos que fai un repaso do pasado, presente e futuro desta rede social “made in Galicia” :D

Pica aquí para ler a entrevista:

- Entrevista orixinal en galego en Galicia Confidencial

- Versión en castellano de la entrevista para nuestros seguidores de fuera de Galicia

Como acceder a Cabozo.com dende a rede da USC

Jueves, febrero 23rd, 2012

Como acceder a Cabozo dende a rede da USC

Dende hai un tempo moitos cabozeir@s véñennos comentando que non poden acceder a Cabozo dende os seus PCs cando están conectados á rede da USC.

Hoxe puiden facer unha proba xunto a Eugznomeular, cabozeira e estudante da USC (graciñas de novo ;) ) e isto é o que vos podo contar:

A USC non resolve o nome Cabozo.com

O problema está en que o servidor de DNS da USC non sabe resolver o nome de Cabozo.com, é dicir, non sabe cal é a súa dirección IP correspondente.

O tema funciona da seguinte maneira:

- PC Usuari@: Moi boas, podería por favor facilitarme a dirección (IP) da web Cabozo.com

- PC USC: Moi boas, si un momentiño que busco na miña axenda a súa dirección (IP)… vaia, semella que na axenda non teño anotada a dirección para Cabozo.com. Síntocho moito.

- PC Usuari@: Vaia ho!, tiña que comentarlle unha cousiña a Deckarz…

- PC USC: Bueno, se queres pódoche dar sen problema a do Facebook.com ou a de Twitter.com :P

Como PC USC non sabe cal é a dirección de Cabozo cando se lle pregunta por ela, ímoslle dicir nós ao noso computador que dirección ten Cabozo e así non lle fará falta preguntarlle o PC USC

Para iso imos editar o arquivo “hosts” que é unha axenda parecida á do PC USC onde se atopan os nomes de dominio e direccións IP. Dependendo do sistema operativo que esteas a utilizar, esta é a súa localización:

Windows 95/98/Me —>  C:\Windows\hosts

Windows NT/2000 —>   C:\WINNT\System32\drivers\etc\hosts

Windows XP/2003/Vista/7 —>   C:\Windows\System32\drivers\etc\hosts

Mac OS/iPhone OS  —>  /private/etc/hosts

Unix/Linux/BSD —>    /etc/hosts

Abrimos o arquivo cun editor de texto (en Windows co Bloc de notas) e debaixo de todo engadimos a seguinte liña:

174.122.126.101 www.cabozo.com cabozo.com

Gardamos e reiniciamos o PC.

Unha vez arrancado de novo o noso PC, poñemos no navegador www.cabozo.com e a páxina estará accesible sen ningún problema.

Non o puiden probar, pero probablemente con isto se solucione o problema. Se non é así por favor comentarmo!

Saúdos!

Deckarz ;)

Actualización (24.02): Algúns usuarios xa puideron conectarse á rede da USC sen necesidade de aplicar esta solución . Non sabemos se a xente da USC solucionou o problema (non recibimos información ao respecto pero se é así agradecémosllelo aos responsables do servizo) ou se é un problema intermitente.

Se nalgún caso seguides tendo problemas para acceder non dubidedes en probar a solución proposta.

Interesantes novidades na sección ‘Novas’ de Cabozo :)

Miércoles, febrero 15th, 2012

(Opción non activada)

Na sección Novas de Cabozo poderás seguir as noticias de portada de varios medios

Debido ao peche de varios medios online galegos nos últimos tempos e á recente aparición de novas cabeceiras como Praza.com, vímonos obrigados a darlle un repaso á lista de xornais que aparecen nas ‘Novas’ de Cabozo.

Agora tamén podes seguir as fotos de Flickr dende Novas

Aproveitamos así, ademais de para ampliar a lista de medios que aparecen nesta sección, para dotar de máis funcionalidades a esta ferramenta de Cabozo podendo seguir tamén agora Twitter e Flickr Galicia :D (ademais de versións non galegas), Google Galicia e Google Destacadas, etc.

Pestana Novas

A sección Novas, que se integra como unha das 5 pestanas do noso taboleiro, recolle automaticamente as noticias de portada de distintos medios online galegos e de fóra de Galicia.

Algúns medios galegos que podemos seguir en Novas son Galicia Confidencial, o medio xeralista en galego máis lido na Rede, Código Cero, Galiciae, Faro de Vigo, Praza… Tamén podemos seguir medios de fóra de Galicia como El País, Público, El Mundo, Menéame, Muy Interesante, Gizmodo

Incorporado a Novas o novo xornal galego Praza.com

Algunhas opcións que ofrece esta ferramenta de Cabozo son:

  • Picando sobre os titulares das noticias podemos ler o seu contido na fonte orixinal
  • Se picamos sobre o Máis que aparece á dereita dos titulares temos as seguintes opcións:

Agora en Novas tamén podemos ver o que se comenta sobre esas noticias en Twitter

- NOVIDADE!!! Ver o que se comenta sobre esa noticia en Twitter picando sobre a nova icona Twitter (ver imaxe superior)

- Ver a mesma noticia noutros medios para ter unha visión máis ampla desta

- Enviar a noticia directamente ao noso taboleiro recibindo todos os nosos seguidores un aviso de actualización

- Compartir a noticia directamente noutras plataformas como Twitter, Facebook

(Contacta con Cabozo se queres incluír un novo medio a esta sección)