Extensión para Google Chrome que facilita a consulta do dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego
Domingo, abril 15th, 2012(…)
Dende Cabozo queremos compartir a extensión que creamos para facilitar a consulta do Dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego dende Google Chrome:
- Ferramentas de galego para Chrome
INCLÚE AS SEGUINTES OPCIÓNS
- Buscar a palabra seleccionada no dicionario da RAG
- Traducir o texto seleccionado de español a galego
- Traducir o texto seleccionado de inglés a galego
- Traducir unha web de español a galego
- Traducir unha web de inglés a galego
MÁIS FÁCIL IMPOSIBLE
Seleccionas un texto, pulsas sobre “botón dereito” no rato e aparecen todas as opcións dispoñibles
OPCIÓN FIREFOX
Antón Méixome, do proxecto Trasno, publicou unha extensión que facilita a consulta do diccionario dende Firefox
ACTUALIZACIÓN
A web da Real Academia Galega fixo mención á extensión para integrar o seu dicionario no navegador Google Chrome creada por Cabozo. (Parece que a web da RAG non mantén os enlaces. Se non atopades o artigo aquí tedes unha captura deste)
OPCIÓN OPERA
O usuario Enfeitizador explica nesta entrada de Cabozo como configurar o dicionario tamén no navegador Opera