Como acceder a Cabozo.com dende a rede da USC
Dende hai un tempo moitos cabozeir@s véñennos comentando que non poden acceder a Cabozo dende os seus PCs cando están conectados á rede da USC.
Hoxe puiden facer unha proba xunto a Eugznomeular, cabozeira e estudante da USC (graciñas de novo ) e isto é o que vos podo contar:
O problema está en que o servidor de DNS da USC non sabe resolver o nome de Cabozo.com, é dicir, non sabe cal é a súa dirección IP correspondente.
O tema funciona da seguinte maneira:
- PC Usuari@: Moi boas, podería por favor facilitarme a dirección (IP) da web Cabozo.com
- PC USC: Moi boas, si un momentiño que busco na miña axenda a súa dirección (IP)… vaia, semella que na axenda non teño anotada a dirección para Cabozo.com. Síntocho moito.
- PC Usuari@: Vaia ho!, tiña que comentarlle unha cousiña a Deckarz…
- PC USC: Bueno, se queres pódoche dar sen problema a do Facebook.com ou a de Twitter.com
Como PC USC non sabe cal é a dirección de Cabozo cando se lle pregunta por ela, ímoslle dicir nós ao noso computador que dirección ten Cabozo e así non lle fará falta preguntarlle o PC USC
Para iso imos editar o arquivo “hosts” que é unha axenda parecida á do PC USC onde se atopan os nomes de dominio e direccións IP. Dependendo do sistema operativo que esteas a utilizar, esta é a súa localización:
Windows 95/98/Me —> C:\Windows\hosts
Windows NT/2000 —> C:\WINNT\System32\drivers\etc\hosts
Windows XP/2003/Vista/7 —> C:\Windows\System32\drivers\etc\hosts
Mac OS/iPhone OS —> /private/etc/hosts
Unix/Linux/BSD —> /etc/hosts
Abrimos o arquivo cun editor de texto (en Windows co Bloc de notas) e debaixo de todo engadimos a seguinte liña:
174.122.126.101 www.cabozo.com cabozo.com
Gardamos e reiniciamos o PC.
Unha vez arrancado de novo o noso PC, poñemos no navegador www.cabozo.com e a páxina estará accesible sen ningún problema.
Non o puiden probar, pero probablemente con isto se solucione o problema. Se non é así por favor comentarmo!
Saúdos!
Deckarz
Actualización (24.02): Algúns usuarios xa puideron conectarse á rede da USC sen necesidade de aplicar esta solución . Non sabemos se a xente da USC solucionou o problema (non recibimos información ao respecto pero se é así agradecémosllelo aos responsables do servizo) ou se é un problema intermitente.
Se nalgún caso seguides tendo problemas para acceder non dubidedes en probar a solución proposta.
febrero 23rd, 2012 at 15:04
Ei, son sacauntos de cabozo, eu acabo de probar a meterme, sen modificar nada e xa me vai ben, sen problema, ó mellor é algo momentáneo, non sei…
febrero 24th, 2012 at 11:03
Pois xenial. Non sei se tocarian algo os da USC. Se volvedes a ter problemas sempre podedes aplicar a solucion proposta na entrada.
Grazas polo aviso!
Saudos!