Posts Tagged ‘acceso’

Como acceder a Cabozo.com dende a rede da USC

Jueves, febrero 23rd, 2012

Como acceder a Cabozo dende a rede da USC

Dende hai un tempo moitos cabozeir@s véñennos comentando que non poden acceder a Cabozo dende os seus PCs cando están conectados á rede da USC.

Hoxe puiden facer unha proba xunto a Eugznomeular, cabozeira e estudante da USC (graciñas de novo ;) ) e isto é o que vos podo contar:

A USC non resolve o nome Cabozo.com

O problema está en que o servidor de DNS da USC non sabe resolver o nome de Cabozo.com, é dicir, non sabe cal é a súa dirección IP correspondente.

O tema funciona da seguinte maneira:

- PC Usuari@: Moi boas, podería por favor facilitarme a dirección (IP) da web Cabozo.com

- PC USC: Moi boas, si un momentiño que busco na miña axenda a súa dirección (IP)… vaia, semella que na axenda non teño anotada a dirección para Cabozo.com. Síntocho moito.

- PC Usuari@: Vaia ho!, tiña que comentarlle unha cousiña a Deckarz…

- PC USC: Bueno, se queres pódoche dar sen problema a do Facebook.com ou a de Twitter.com :P

Como PC USC non sabe cal é a dirección de Cabozo cando se lle pregunta por ela, ímoslle dicir nós ao noso computador que dirección ten Cabozo e así non lle fará falta preguntarlle o PC USC

Para iso imos editar o arquivo “hosts” que é unha axenda parecida á do PC USC onde se atopan os nomes de dominio e direccións IP. Dependendo do sistema operativo que esteas a utilizar, esta é a súa localización:

Windows 95/98/Me —>  C:\Windows\hosts

Windows NT/2000 —>   C:\WINNT\System32\drivers\etc\hosts

Windows XP/2003/Vista/7 —>   C:\Windows\System32\drivers\etc\hosts

Mac OS/iPhone OS  —>  /private/etc/hosts

Unix/Linux/BSD —>    /etc/hosts

Abrimos o arquivo cun editor de texto (en Windows co Bloc de notas) e debaixo de todo engadimos a seguinte liña:

174.122.126.101 www.cabozo.com cabozo.com

Gardamos e reiniciamos o PC.

Unha vez arrancado de novo o noso PC, poñemos no navegador www.cabozo.com e a páxina estará accesible sen ningún problema.

Non o puiden probar, pero probablemente con isto se solucione o problema. Se non é así por favor comentarmo!

Saúdos!

Deckarz ;)

Actualización (24.02): Algúns usuarios xa puideron conectarse á rede da USC sen necesidade de aplicar esta solución . Non sabemos se a xente da USC solucionou o problema (non recibimos información ao respecto pero se é así agradecémosllelo aos responsables do servizo) ou se é un problema intermitente.

Se nalgún caso seguides tendo problemas para acceder non dubidedes en probar a solución proposta.