Posts Tagged ‘medios’

Cabozo xa é o “escaparate” web galego máis popular de Galicia

Sábado, noviembre 30th, 2013

(Leer en castellano)

Houbo un tempo no que eles tampouco sabían o que perdían... :)

Cabozo finaliza o mes de novembro situándose como a web galega máis popular de Galicia de entre as que nos permiten compartir contidos libremente.

Posto 45 no ranking global de webs galegas máis populares

Entra no Top 50 do ranking global de páxinas máis populares de Galicia elaborado por Código Cero (posto 45)

Cabozo afiánzase así como un dos principais medios en Galicia para aqueles que queiran dar difusión libremente a calquera tipo de contidos (por exemplo, publicitar o noso negocio, traballo, web, blog, opinións, fotos, vídeos, noticias, etc.) sobre todo se estes están orientados a cidadáns galegos.

Se aínda non formas parte da principal plataforma web galega aquí podes conseguir o teu convite.

Graciñas por estar aí! ;)

Interesantes novidades na sección ‘Novas’ de Cabozo :)

Miércoles, febrero 15th, 2012

(Opción non activada)

Na sección Novas de Cabozo poderás seguir as noticias de portada de varios medios

Debido ao peche de varios medios online galegos nos últimos tempos e á recente aparición de novas cabeceiras como Praza.com, vímonos obrigados a darlle un repaso á lista de xornais que aparecen nas ‘Novas’ de Cabozo.

Agora tamén podes seguir as fotos de Flickr dende Novas

Aproveitamos así, ademais de para ampliar a lista de medios que aparecen nesta sección, para dotar de máis funcionalidades a esta ferramenta de Cabozo podendo seguir tamén agora Twitter e Flickr Galicia :D (ademais de versións non galegas), Google Galicia e Google Destacadas, etc.

Pestana Novas

A sección Novas, que se integra como unha das 5 pestanas do noso taboleiro, recolle automaticamente as noticias de portada de distintos medios online galegos e de fóra de Galicia.

Algúns medios galegos que podemos seguir en Novas son Galicia Confidencial, o medio xeralista en galego máis lido na Rede, Código Cero, Galiciae, Faro de Vigo, Praza… Tamén podemos seguir medios de fóra de Galicia como El País, Público, El Mundo, Menéame, Muy Interesante, Gizmodo

Incorporado a Novas o novo xornal galego Praza.com

Algunhas opcións que ofrece esta ferramenta de Cabozo son:

  • Picando sobre os titulares das noticias podemos ler o seu contido na fonte orixinal
  • Se picamos sobre o Máis que aparece á dereita dos titulares temos as seguintes opcións:

Agora en Novas tamén podemos ver o que se comenta sobre esas noticias en Twitter

- NOVIDADE!!! Ver o que se comenta sobre esa noticia en Twitter picando sobre a nova icona Twitter (ver imaxe superior)

- Ver a mesma noticia noutros medios para ter unha visión máis ampla desta

- Enviar a noticia directamente ao noso taboleiro recibindo todos os nosos seguidores un aviso de actualización

- Compartir a noticia directamente noutras plataformas como Twitter, Facebook

(Contacta con Cabozo se queres incluír un novo medio a esta sección)


Xa podes difundir o contido do teu Taboleiro fóra de Cabozo! Como os TL de Twitter ou as páxinas de fans de Facebook agora podes “abrir o exterior” unha versión limitada do teu Taboleiro

Viernes, marzo 4th, 2011

Como moitos de vós xa sabedes unha das peculiaridades de Cabozo é que os Taboleiros (muros) dos usuari@s son sempre públicos. Iso facilita coñecer os seus contidos e polo tanto a elección de que usuarios seguir en función dos nosos intereses. Recordade que só recibimos avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos (Lox).

Por iso adoitamos dicir que Cabozo é unha rede social con posibilidades similares as de Facebook pero cunha filosofía de uso máis próxima a Twitter (non seguimos só colegas, tamén a quen xere contidos que nos resulten de interese)

lambereteira

Agora quixemos ir un paso máis alá e facilitar a visualización dos contidos dos Taboleiros (nunha versión limitada) tamén dende o exterior.

Polo tanto, calquera persoa, rexistrada ou non en Cabozo, poderá ver o noso Taboleiro sen necesidade de conectarse a Cabozo e dende el poderá acceder ao daqueles usuarios que nos sigan e ao dos que sigamos. Para iso deberá coñecer o noso nome de usuario (tal cal, distínguese entre maiúsculas e minúsculas) ou terlle facilitado previamente o enlace de acceso que será sempre do tipo:

- ht tp://cabozo.com/user/nomedeusuari@

ou

- ht tp://www.cabozo.com/user/nomedeusuari@

Aclarar que a versión do Taboleiro á que se pode acceder dende o exterior de Cabozo é unha versión limitada e polo tanto varias das súas opcións están desactivadas. Se picamos sobre elas redirixirannos á pantalla de inicio. Só poderemos gozar de todas as posibilidades da web se somos usuarios rexistrados.

Que podemos ver SEN estar rexistrado en Cabozo (ou sen conectarnos á web)?

- Ver o número de visitas que ten un Taboleiro
- Podemos ver a canle de Tv do usuario e a súa emisión se é en “aberto”
- Podemos ver as mensaxes e os vídeos, fotos e enlaces adxuntos a estes
- Compartir contidos en Twitter, Facebook ou Chuza
- Subscribirnos aos RSS dos Taboleiros d@s usuari@s
- Ver o perfil dos usuarios
- Ver os usuarios aos que seguen e polos que son seguidos
- Ver os grupos públicos de Cabozo aos que pertence
- Poderemos ver as mensaxes de Twitter dos usuarios se teñen a conta activa en Cabozo

legnalof

Entre as opcións deshabilitadas están as seguintes:

- Non podemos facer comentarios nin deixar ningunha mensaxe nova
- Non podemos facer uso das iconas para ver dunha ollada todos os vídeos ou fotos adxuntos ás mensaxes dese Taboleiro
- Non podemos ver os álbums de fotos dos usuari@s (nin aínda que sexan públicos)
- Por suposto non poderemos acceder nin as Cabozadas (“microbloggin” e punto de encontro de todos os usuarios cabozeiros), nin á sección Novas, nin a Lox, nin acceder aos grupos, nin facer uso dos chats, nin das videoconferencias, nin acceder a xogos…

videoconf

Con isto preténdese dotar a Cabozo de novas posibilidades de uso, dar a coñecer un pouco máis as posibilidades reais da web, lograr unha maior difusión e facilitar aos usuari@s compartir os seus contidos.

axustes

Por último aclarar que esta opción está activada por defecto. Se algún usuario non quere que se poida acceder ao seu Taboleiro dende fóra de Cabozo poderá desactivar a opción nos seus “Axustes” de usuario.