Posts Tagged ‘redessociais’

Segue estes sinxelos pasos e usa a versión móbil de Cabozo como unha aplicación máis

Domingo, enero 19th, 2014

(versión en castellano)

TaboMovCbz

Se tes un móbil ou tablet, Cabozo vai contigo a todas partes :) Utiliza Cabozo dende calquera dispositivo móbil sen necesidade de descargar unha aplicación, pero coa mesma comodidade que ofrecen estas.

A versión móbil de Cabozo debería funcionar en calquera dispositivo móbil con conexión a Internet.

Se aínda non tes convite para entrar en Cabozo, pide aquí o teu! Temos para tod@s!

 

COMO ACCEDO Á VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO?

Entra en cabozo.com/tabomovil.php dende o navegador do teu móbil (enlace permanente na portada de Cabozo en “Tabomobil”)

 

QUE PASOS DEBO SEGUIR PARA USAR A VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO COMO UNHA APLICACIÓN? 

Explicamos os pasos a seguir en dous dos smartphones máis estendidos do momento. O proceso é similar no resto de móbiles:

ANDROID (Samsung Galaxy S3)

1. Accedemos á versión móbil de Cabozo dende o noso dispositivo móbil e introducimos nome de usuario e contrasinal

PortadaTabomobil

2. Permitimos ao navegador que recorde os nosos datos de usuario para non ter que meter usuario e contrasinal cada vez que entremos

3. Cando esteamos na pantalla de opcións do Tabomóbil, creamos un marcador (ou favorito, depende do navegador) e gardámolo nos marcadores do móbil como Tabomóbil ou CabozoMóbil (por exemplo)

Marcador-opcións

4. Unha vez creado o marcador, imos aos ‘widgets’ do noso móbil e seleccionamos “Marcador” para que abra os marcadores que temos gardados. Seleccionamos Tabomóbil ou CabozoMóbil (como o gardaramos antes) e xa temos un acceso directo dende o escritorio, como calquera outra aplicación, á versión móbil de Cabozo

WidgetsTabomobil

5. Cando deixamos de usar o Tabomóbil saímos sen pechar sesión, así cada vez que entramos accedemos directamente á pantalla de opcións sen necesidade de meter usuario e contrasinal

iOS (iPhone 5)

TabomobiliPhone5

1. Accedemos á versión móbil de Cabozo dende o noso iPhone e introducimos nome de usuario e contrasinal

2. Permitimos ao navegador (Safari) que recorde os nosos datos de usuario para non ter que meter usuario e contrasinal cada vez que entremos

3. Dende a pantalla de opcións do Tabomóbil, creamos un favorito (ou marcador, depende do navegador) e gardámolo, por exemplo, como CabozoMóbil

4. Unha vez creado o favorito engadímolo á pantalla de inicio e xa temos un acceso directo dende o escritorio, como calquera outra aplicación, á versión móbil de Cabozo

5. Cando deixamos de usar o Tabomóbil saímos sen pechar sesión, así cada vez que entramos accedemos directamente á pantalla de opcións sen necesidade de meter usuario e contrasinal

Notificacións:

MenuLateralpng

A falta de notificacións podémola suplir marcando a opción “Avisos por correo electrónico” na configuración da nosa conta de Cabozo, opción que recomendamos por resultar bastante práctica e nada molesta (recorda meter na configuración a conta de correo que teñas configurada para recibir notificacións no móbil)

 

 

Menú lateral con novas opcións na versión móbil de Cabozo: convites e acceso á túa configuración

Domingo, enero 19th, 2014

(versión en castellano)

MenuLateralpng

A partir de agora, cando entremos no Tabomóbil, veremos unha nova icona (ver imaxe) para acceder a un menú lateral con novas opcións :)

Optmlpng

Xa podemos acceder á configuración da nosa conta ou enviar convites (ilimitados) dende a versión móbil de Cabozo ;)

ACTUALIZACIÓN 

FavTabomobil

Engadida a opción “Favoritos” ao novo menú lateral. Agora tamén podemos gardar contidos dos taboleiros (por exemplo, para ler máis tarde) a través da versión móbil de Cabozo

Cabozo xa é o “escaparate” web galego máis popular de Galicia

Sábado, noviembre 30th, 2013

(Leer en castellano)

Houbo un tempo no que eles tampouco sabían o que perdían... :)

Cabozo finaliza o mes de novembro situándose como a web galega máis popular de Galicia de entre as que nos permiten compartir contidos libremente.

Posto 45 no ranking global de webs galegas máis populares

Entra no Top 50 do ranking global de páxinas máis populares de Galicia elaborado por Código Cero (posto 45)

Cabozo afiánzase así como un dos principais medios en Galicia para aqueles que queiran dar difusión libremente a calquera tipo de contidos (por exemplo, publicitar o noso negocio, traballo, web, blog, opinións, fotos, vídeos, noticias, etc.) sobre todo se estes están orientados a cidadáns galegos.

Se aínda non formas parte da principal plataforma web galega aquí podes conseguir o teu convite.

Graciñas por estar aí! ;)

Xa está en marcha a segunda edición do MexilOnseTuits, o Festival Social Media de Galicia. Cabozo formará parte do xurado

Miércoles, abril 3rd, 2013

(Pincha aquí para leer en castellano)

Premiados no I MexilOnseTuits

A segunda edición dos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais, xa está en marcha para premiar, o próximo 2 de xuño en Bueu, aos mellores traballos galegos en marketing dentro das plataformas de comunicación social como Twitter, Facebook, YouTube, Cabozo, blogs, etc.

Como na primeira edición, ademais de promover experiencias de éxito en ‘Social Media’, o MexilOnseTuits promoverá a Comarca do Morrazo e os produtos galegos en xeral.

Dende o 1 de abril, e ata o 5 de maio, xa podes presentar as túas candidaturasInscríbete!

CABOZO FORMARÁ PARTE DO XURADO DO FESTIVAL

Por segundo ano, os organizadores do evento contaron con Ángel Folgueira, responsable de Cabozo xunto a Antonio Mariño, para formar parte do xurado do Festival en representación da rede social galega, graciñas! ;)

Segunda Edición dos Premios Galegos do Social Media

Podes ampliar a información sobre este evento visitando a páxina oficial do propio Festival ;)

Hoxe estamos de aniversario… e xa van 5!!! :)

Miércoles, febrero 13th, 2013

5º aniversario de Cabozo :)

O 14 de febreiro de 2008 un pequeno grupo de amigos de Viveiro empezabamos a compartir as nosas vivencias en distintas partes do mundo a través dunha pequena web galega chamada Cabozo.

Un ano máis tarde xa eran miles os galegos que facían uso dunha web que por aquel entón era considerada por algúns medios especializados non galegos como a primeira rede social de especialización territorial.

Hoxe, cinco anos despois daquelas primeiras mensaxes, celebramos o 5º aniversario, 5 anos de desenvolvemento orixinal, 5 anos de código bravú, 5 anos de rede social galega… 5 anos de Cabozo.com!

GRACIÑAS POR ESTAR AÍ! ;)

Deckarz e LexnaLof

Graciñas!

El 14 de febrero de 2008 un pequeño grupo de amigos de Viveiro empezábamos a compartir nuestras vivencias en distintas partes del mundo a través de una pequeña web gallega llamada Cabozo.

Un año más tarde ya eran miles los gallegos que hacían uso de una web que por aquel entonces era considerada por algunos medios especializados no gallegos como la primera red social de especialización territorial.

Hoy, cinco años después de aquellos primeros mensajes, celebramos el 5º aniversario, 5 años de desarrollo original, 5 años de código bravú, 5 años de red social gallega… ¡5 años de Cabozo.com!

¡GRACIAS POR ESTAR AHÍ! ;)


Comparte as túas fotos 360º feitas con Photo Sphere (Android) en Cabozo

Martes, noviembre 27th, 2012

(Pincha aquí para leer en castellano)

 Cabozo incorpora soporte para compartir e visualizar imaxes 360º

Non é a primeira vez que Cabozo se adianta a redes sociais internacionais ofrecendo servizos novidosos aos seus usuari@s como no seu día foron as videoconferencias a 4, as canles de Tv, etc.

Hoxe volvémonos adiantar a redes sociais como Facebook ou Twitter incorporando a Cabozo o soporte para que os usuarios poidan compartir e visualizar as fotos 360º que fagan con Photo Sphere, a nova panorámica esférica incluída en Android 4.2 e que pronto se estenderá ao resto de móbiles con Android.

Fotos 360º feitas con Photo Sphere (Android) xa en Cabozo! :)

COMO SUBO AS FOTOS 360º A CABOZO?

Para que funcionen correctamente debes subilas ao teu taboleiro (muro) directamente dende o móbil. Recomendamos utilizar para iso a nova versión web de Cabozo para móbil.

COMO FAGO PARA VER ESTAS FOTOS EN CABOZO?

1.- Pica sobre a imaxe e espera a que cargue

2.- Picando sobre calquera punto da imaxe e arrastrando poderás moverte en calquera dirección

3.- Co scroll podes facer zoom in/out

NOTA: Só se poden ver correctamente dende un PC (recomendamos usar o navegador Google Chrome)

Aquí podes ver dous exemplos xa subidos a Cabozo ;)

Rita e Israel, usuari@s cabozeiros do momento :)

Miércoles, noviembre 7th, 2012

(…)

Rita e Israel, usuarios destacados do momento

Rita e Israel, Fernandezlandin e BarreiroBalea en Cabozo, toman o relevo de Breogahn e Lambereteira como usuarios destacados do momento! :) Vexamos que nos contaron das súas vivencias en Cabozo:

- Entrevista a Rita e Israel, os usuarios cabozeir@s do momento

Nova versión móbil de Cabozo (Tabomobil)

Lunes, octubre 22nd, 2012

(Pincha aquí para leer en castellano)

Nova versión de Cabozo para móbil

Estreamos nova versión web de Cabozo para móbil, coñecida entre os cabozeir@s como Tabomóbil :P

CREA UN ACCESO DIRECTO DENDE O ESCRITORIO DO TEU MÓBIL

Exemplo de acceso directo dende o noso móbil

Aínda que dende a portada de Cabozo atoparedes un acceso permanente ao Tabomóbil, é moito máis útil crear un acceso directo dende o escritorio do voso móbil para acceder coma se dunha aplicación se tratase (exemplo na imaxe superior)

Pantalla de login do Tabomobil

Accedede ao Tabomóbil dende o navegador do voso móbil e unha vez dentro, despois de meter o voso contrasinal e usuario, gardádeo en favoritos. Logo, xa poderedes crear o acceso directo.

OPCIÓNS DA NOVA VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO

Pantalla principal do Tabomobil

Esta é a pantalla principal do Tabomóbil e dende ela poderemos acceder a todas as opcións. Vexamos que podemos facer dende cada unha delas:

Meu Taboleiro (muro):

Meu Taboleiro

Dende Meu Taboleiro podemos ver todo o que se publica no noso muro de Cabozo. Se alguén deixa algún comentario nalgunha desas publicacións debaixo da mesma veremos o “nº respostas” e picando sobre esa publicación veremos os devanditos comentarios. Na imaxe superior observamos como nunha das publicacións temos 3 respostas/comentarios. Se picamos sobre ela veremos eses comentarios:

Comentarios a unha das nosas publicacións

Nova Mensaxe:

Nova Mensaxe

Dende esta opción podemos publicar novas mensaxes no noso taboleiro (muro) e achegar unha imaxe e/ou un vídeo do YouTube. Ademais dásenos a opción de xeolocalizar a mensaxe e mesmo a posibilidade de crear unha marca (dun sitio de interese, praia, restaurante, etc.) á que logo o resto de usuarios poden acceder dende “Arredor“.

Respostas:

Respostas

Dende esta opción (que cambiará a cor vermella se hai novidades) veremos as respostas que recibamos a calquera conversación na que participemos nun taboleiro, sexa noso ou doutro usuari@. Se picamos sobre as devanditas respostas verémolas no fío orixinal. Podemos borrar dun golpe todas as respostas pendentes de ver picando en “Borrar pendentes“.

Lox:

 Lox, avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos

Como na versión web avísanos (cambiando a cor vermella) cada vez que se actualiza o taboleiro dun usuari@ ao que seguimos, cando empeza a seguir a outro usuario, cando sobe unha nova imaxe aos seus álbums, etc. Picando sobre os avatares accedemos ao taboleiro (muro) dese usuario.

Cabozadas:

Cabozadas

As Cabozadas son o gran punto de encontro para todos os usuarios de Cabozo, un chat global onde falar en tempo real con todos os usuarios que pasen por alí nese momento. É un gran escaparate onde podemos darnos a coñecer e dar difusión aos contidos do noso taboleiro (calquera usuario poderá ver o que aquí publiquemos aínda que non nos siga nin o sigamos). Do bo uso que fagamos das Cabozadas dependerá en boa medida o incremento do noso número de seguidores e con iso da nosa audiencia real en Cabozo. Pica sobre o texto das mensaxes para responder directamente.

Privados:

Mensaxes privados

Aquí veremos (cambia a cor vermella cando recibimos algún) as mensaxes privadas que recibamos. Picando sobre o texto das mesmas responderemos directamente, tamén de forma privada. Se picamos sobre “Contactos habituais” veremos os avatares daqueles usuarios cos que nos enviamos mensaxes privadas de forma habitual para facilitarnos acceder aos seus taboleiros e poder enviarlles novas mensaxes privadas.

Seguimentos:

Exemplo de pantalla de seguimentos

Avísanos dos usuarios que se conectaron máis recentemente a Cabozo de entre os que seguimos. Picando sobre os seus avatares poderemos acceder aos seus taboleiros, seguilos/deixar de seguilos ou enviarlles un privado.

Arredor:

Arredor, mapa global colaborativo para mostrar sitios de interese

Descobre sitios de interese (aloxamentos, bares, comercios, eventos, festas, noticias, praias, restaurantes, etc.) recomendados por outros usuari@s e cabozeiros próximos á túa localización real. Descobre tamén os doutras zonas desprazándote polo mapa e “xogando” co zoom.

Pica sobre as marcas para ver a información que conteñen

Picando sobre as marcas veremos a información que conteñen. Se picas sobre esa información aparecerá estendida e se hai, tamén os comentarios. Tamén poderás engadir comentarios aos que podes achegar imaxes. Street View dispoñible.

Rutas

Outras das peculiaridades de Arredor, nesta versión móbil de Cabozo, son as Rutas. As rutas indícannos como chegar dende a nosa localización actual até calquera dos puntos de interese marcados no mapa.

Por último comentar, que picando sobre os avatares dos usuarios en calquera parte do Tabomóbil accederemos a unha xanela que nos permitirá seguilo ou deixar de facelo, enviarlle unha mensaxe privada ou acceder ao seu taboleiro.

NOTA: Buscamos empresa ou desenvolvedor interesados en adaptar esta versión web de Cabozo para móbil a versións Android e iOS. Se é o teu caso non dubides en poñerte en contacto.

Cabozo.com na canle internacional de TVE :)

Viernes, septiembre 21st, 2012

(…)

Ángel Folgueira entrevistado para a canle internacional de TVE

Ángel Folgueira, un dos responsables de Cabozo, o pasado mércores en Lugo, charlando sobre esta rede social para unha reportaxe sobre o galego e as redes sociais que se emitirá o vindeiro sábado 29 de setembro no programa “Desde Galicia para el mundo” da canle internacional de TVE.

Estes son os finalistas do concurso de deseño #LogoCabozo17M :)

Miércoles, mayo 16th, 2012
Xa temos finalistas

Xa temos finalistas! :)

Despois duns días de deliberación, estes son os 3 deseños que o xurado* do concurso #LogoCabozo17M quere destacar :P e de entre os cales sairá o gañador definitivo:

Finalista #LogoCabozo17M

Creado polo usuario de Cabozo: Eseoaneriveira

Así describe o seu deseño: O meu deseño é simple. Trátase do galardoado deste ano, Valentín Paz Andrade, simplificado e adaptado á bandeira Galega cruzando o seu peito. Búscase así que se recoñeza a este autor non só polos escritos, senón polo seu aspecto e relacionalo coa bandeira. Non é un logo permantente, pero para a ocasión, na que o importante é este escritor, creo cumpre as expectativas esperadas, debido tamén ao seu sinxelo deseño”

Finalista #LogoCabozo17MCreado pola usuaria de Cabozo: Eugznomeular

Así describe o seu deseño: Palabras de Paz Andrade nun cabozo”

Finalista #LogoCabozo17M

Creado polo usuario de Cabozo: M_martinez_arq

Así describe o seu deseño: Trátase dunha interpretación de 2 tipos de cabozos: o de pedra e o de madeira (como adxunto na imaxe do proceso) fusionandose coa imaxe da persoa a que se lle adica o día das letras galegas deste ano”

Un destes 3 deseños será o gañador definitivo do concurso!!! E… como saberemos quen é o gañador? :P Pois hoxe ao longo da tarde/noite aparecerá o deseño gañador na portada de Cabozo!!! Estade atentos!!! ;)

Agradecer ao resto de usuari@s a súa participación e a alta calidade tamén dos traballos achegados o que dificultou moito a elección dun único gañador. Graciñas!!! ;) (Ver o resto de deseños)

*Lembrar que o xurado do concurso está composto por algúns dos responsables de m-tic!, GalegoLab e Cabozo coa colaboración de Galicia Confidencial.