Estes son os finalistas do concurso de deseño #LogoCabozo17M :)
Miércoles, mayo 16th, 2012Despois duns días de deliberación, estes son os 3 deseños que o xurado* do concurso #LogoCabozo17M quere destacar e de entre os cales sairá o gañador definitivo:
Creado polo usuario de Cabozo: Eseoaneriveira
Así describe o seu deseño: “O meu deseño é simple. Trátase do galardoado deste ano, Valentín Paz Andrade, simplificado e adaptado á bandeira Galega cruzando o seu peito. Búscase así que se recoñeza a este autor non só polos escritos, senón polo seu aspecto e relacionalo coa bandeira. Non é un logo permantente, pero para a ocasión, na que o importante é este escritor, creo cumpre as expectativas esperadas, debido tamén ao seu sinxelo deseño”
Creado pola usuaria de Cabozo: Eugznomeular
Así describe o seu deseño: “Palabras de Paz Andrade nun cabozo”
Creado polo usuario de Cabozo: M_martinez_arq
Así describe o seu deseño: “Trátase dunha interpretación de 2 tipos de cabozos: o de pedra e o de madeira (como adxunto na imaxe do proceso) fusionandose coa imaxe da persoa a que se lle adica o día das letras galegas deste ano”
Un destes 3 deseños será o gañador definitivo do concurso!!! E… como saberemos quen é o gañador? Pois hoxe ao longo da tarde/noite aparecerá o deseño gañador na portada de Cabozo!!! Estade atentos!!!
Agradecer ao resto de usuari@s a súa participación e a alta calidade tamén dos traballos achegados o que dificultou moito a elección dun único gañador. Graciñas!!! (Ver o resto de deseños)
*Lembrar que o xurado do concurso está composto por algúns dos responsables de m-tic!, GalegoLab e Cabozo coa colaboración de Galicia Confidencial.