Archive for the ‘Actualidade’ Category

7º aniversario de Cabozo

Jueves, febrero 12th, 2015

(Leer en castellano)

Hoxe, 14 de febreiro de 2015, Cabozo está de aniversario… e xa van 7! E todo grazas, fundamentalmente, a vosa participación :)

Aínda non formas parte desta gran familia galega en Internet? Pide o teu convite e únete! E ti que xa estás canso de abrir contas en redes sociais, goza dos servizos que Cabozo ofrece de forma aberta e sen rexistros!

Graciñas por todo cabozeir@s! ;)

Deckarz e LegnaLof

Que non vos vacilen con iso da taxa Google!

Jueves, febrero 20th, 2014

(versión en castellano)

stopcanonaede

Hai uns anos Ángel (LegnaLof), un dos responsables de Cabozo, comentaba a un grupo de xornalistas nunha mesa redonda organizada como presentación dun evento sobre marketing e comunicación 2.0 en Coruña, que os medios tradicionais, especialmente a prensa escrita, “están moi lonxe de entender os Social Media (redes sociais, blogs, agregadores, etc.) e veno como un inimigo” porque “O que publican os xornais xa non é noticia“.

Aquelas palabras que causaron certa “sorpresa” :) entre algúns dos xornalistas alí presentes, serviron como base para un interesante artigo nun dos blogs corporativos de Telefónica Argentina, que deixaba entrever, xa por aquel entón, que o poder de informar estaba a deixar de ser unha potestade exclusiva dos medios tradicionais porque agora as noticias podían ser xeradas e transmitidas por calquera. Coa conseguinte perda de poder para os medios tradicionais (e para aqueles que controlan os devanditos medios…). Este é o artigo: “Medios sociales, medios masivos: ¿enemigos íntimos?“. Falamos de 2011.

Hoxe, case tres anos despois, a proposta nova Lei de Propiedade Intelectual non fai máis que reafirmar aquelas palabras. Os grandes medios, sobre todo a prensa escrita, non só non souberon adaptarse nin entender as posibilidades que lles ofrecía Internet cos medios sociais, senón que agora ademais se pretende “premiar” esa incompetencia cunha lei onde enlazar ou citar xa non será libre, estando suxeito a un canon que pon en perigo Internet tal e como o coñecemos.

Máis alá das “milongas” que poidan contar os medios xeralistas que xa todos coñecedes tanto en Galicia como fóra, recomendamos botar unha ollada a algún destes artigos se queredes estar un pouco ao día do que pretenden facer:

- Canon de la AEDE: idéntico al canon de la SGAE

- Desmontando el canon de AEDE

- Cuál es el papel de los medios, AEDE y CEDRO en la ‘tasa Google’

- “La nueva Ley de Propiedad Intelectual es fruto de la corrupción

Medios de expresión libres para a cidadanía como son moitas das web que coñecedes; redes sociais, agregadores de noticias, blogs, etc. veranse seriamente ameazados se esta lei sae adiante.

Stop canon AEDE, enlazar non é delito!

6 anos de Cabozo :) ¡Gracias! Moitas grazas!

Jueves, febrero 13th, 2014

(versión en castellano)

20140201_165701_HDR_2_20140211215250624

Cabozo está hoxe de aniversario, e van 6 :) Aquela rede social que naceu sen máis pretensións que manter o contacto entre un pequeno grupo de colegas é hoxe segundo o ranking Alexa, o estándar de maior prestixio, unha das primeiras 150.000 páxinas web do mundo e unha das 50 máis visitadas de Galicia (posto 47) nun ranking que inclúe grandes medios de comunicación (como La Voz de Galicia ou CRTVG), entidades financeiras (Novagaliciabanco, Bancopastor…), entidades deportivas (Celta, Depor…), páxinas institucionais (Xunta, Concellos, Universidades…) e mesmo xigantes como Inditex e as súas marcas (Zara, Bershka…).

A rede social galega consolídase no seu sexto aniversario como o principal “escaparate” web de Galicia á hora de publicar contidos libremente.

Dende a súa estrea, o 14 de febreiro de 2008, Cabozo mantén un crecemento constante con miles de usuarios rexistrados no seu portal e con preto de 5.000 seguidores nas distintas plataformas sociais nas que ten presenza, destacando especialmente Twitter e Facebook.

Porque aínda queda xente que sabe que saír das autoestradas é máis divertido… Cabozo hoxe cumpre 6 anos.

Graciñas por seguir aí! Moitas Grazas! ;)

Deckarz e LegnaLof 

Cabozo xa é o “escaparate” web galego máis popular de Galicia

Sábado, noviembre 30th, 2013

(Leer en castellano)

Houbo un tempo no que eles tampouco sabían o que perdían... :)

Cabozo finaliza o mes de novembro situándose como a web galega máis popular de Galicia de entre as que nos permiten compartir contidos libremente.

Posto 45 no ranking global de webs galegas máis populares

Entra no Top 50 do ranking global de páxinas máis populares de Galicia elaborado por Código Cero (posto 45)

Cabozo afiánzase así como un dos principais medios en Galicia para aqueles que queiran dar difusión libremente a calquera tipo de contidos (por exemplo, publicitar o noso negocio, traballo, web, blog, opinións, fotos, vídeos, noticias, etc.) sobre todo se estes están orientados a cidadáns galegos.

Se aínda non formas parte da principal plataforma web galega aquí podes conseguir o teu convite.

Graciñas por estar aí! ;)

Nova versión móbil de Cabozo (Tabomobil)

Lunes, octubre 22nd, 2012

(Pincha aquí para leer en castellano)

Nova versión de Cabozo para móbil

Estreamos nova versión web de Cabozo para móbil, coñecida entre os cabozeir@s como Tabomóbil :P

CREA UN ACCESO DIRECTO DENDE O ESCRITORIO DO TEU MÓBIL

Exemplo de acceso directo dende o noso móbil

Aínda que dende a portada de Cabozo atoparedes un acceso permanente ao Tabomóbil, é moito máis útil crear un acceso directo dende o escritorio do voso móbil para acceder coma se dunha aplicación se tratase (exemplo na imaxe superior)

Pantalla de login do Tabomobil

Accedede ao Tabomóbil dende o navegador do voso móbil e unha vez dentro, despois de meter o voso contrasinal e usuario, gardádeo en favoritos. Logo, xa poderedes crear o acceso directo.

OPCIÓNS DA NOVA VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO

Pantalla principal do Tabomobil

Esta é a pantalla principal do Tabomóbil e dende ela poderemos acceder a todas as opcións. Vexamos que podemos facer dende cada unha delas:

Meu Taboleiro (muro):

Meu Taboleiro

Dende Meu Taboleiro podemos ver todo o que se publica no noso muro de Cabozo. Se alguén deixa algún comentario nalgunha desas publicacións debaixo da mesma veremos o “nº respostas” e picando sobre esa publicación veremos os devanditos comentarios. Na imaxe superior observamos como nunha das publicacións temos 3 respostas/comentarios. Se picamos sobre ela veremos eses comentarios:

Comentarios a unha das nosas publicacións

Nova Mensaxe:

Nova Mensaxe

Dende esta opción podemos publicar novas mensaxes no noso taboleiro (muro) e achegar unha imaxe e/ou un vídeo do YouTube. Ademais dásenos a opción de xeolocalizar a mensaxe e mesmo a posibilidade de crear unha marca (dun sitio de interese, praia, restaurante, etc.) á que logo o resto de usuarios poden acceder dende “Arredor“.

Respostas:

Respostas

Dende esta opción (que cambiará a cor vermella se hai novidades) veremos as respostas que recibamos a calquera conversación na que participemos nun taboleiro, sexa noso ou doutro usuari@. Se picamos sobre as devanditas respostas verémolas no fío orixinal. Podemos borrar dun golpe todas as respostas pendentes de ver picando en “Borrar pendentes“.

Lox:

 Lox, avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos

Como na versión web avísanos (cambiando a cor vermella) cada vez que se actualiza o taboleiro dun usuari@ ao que seguimos, cando empeza a seguir a outro usuario, cando sobe unha nova imaxe aos seus álbums, etc. Picando sobre os avatares accedemos ao taboleiro (muro) dese usuario.

Cabozadas:

Cabozadas

As Cabozadas son o gran punto de encontro para todos os usuarios de Cabozo, un chat global onde falar en tempo real con todos os usuarios que pasen por alí nese momento. É un gran escaparate onde podemos darnos a coñecer e dar difusión aos contidos do noso taboleiro (calquera usuario poderá ver o que aquí publiquemos aínda que non nos siga nin o sigamos). Do bo uso que fagamos das Cabozadas dependerá en boa medida o incremento do noso número de seguidores e con iso da nosa audiencia real en Cabozo. Pica sobre o texto das mensaxes para responder directamente.

Privados:

Mensaxes privados

Aquí veremos (cambia a cor vermella cando recibimos algún) as mensaxes privadas que recibamos. Picando sobre o texto das mesmas responderemos directamente, tamén de forma privada. Se picamos sobre “Contactos habituais” veremos os avatares daqueles usuarios cos que nos enviamos mensaxes privadas de forma habitual para facilitarnos acceder aos seus taboleiros e poder enviarlles novas mensaxes privadas.

Seguimentos:

Exemplo de pantalla de seguimentos

Avísanos dos usuarios que se conectaron máis recentemente a Cabozo de entre os que seguimos. Picando sobre os seus avatares poderemos acceder aos seus taboleiros, seguilos/deixar de seguilos ou enviarlles un privado.

Arredor:

Arredor, mapa global colaborativo para mostrar sitios de interese

Descobre sitios de interese (aloxamentos, bares, comercios, eventos, festas, noticias, praias, restaurantes, etc.) recomendados por outros usuari@s e cabozeiros próximos á túa localización real. Descobre tamén os doutras zonas desprazándote polo mapa e “xogando” co zoom.

Pica sobre as marcas para ver a información que conteñen

Picando sobre as marcas veremos a información que conteñen. Se picas sobre esa información aparecerá estendida e se hai, tamén os comentarios. Tamén poderás engadir comentarios aos que podes achegar imaxes. Street View dispoñible.

Rutas

Outras das peculiaridades de Arredor, nesta versión móbil de Cabozo, son as Rutas. As rutas indícannos como chegar dende a nosa localización actual até calquera dos puntos de interese marcados no mapa.

Por último comentar, que picando sobre os avatares dos usuarios en calquera parte do Tabomóbil accederemos a unha xanela que nos permitirá seguilo ou deixar de facelo, enviarlle unha mensaxe privada ou acceder ao seu taboleiro.

NOTA: Buscamos empresa ou desenvolvedor interesados en adaptar esta versión web de Cabozo para móbil a versións Android e iOS. Se é o teu caso non dubides en poñerte en contacto.

Cabozo.com na canle internacional de TVE :)

Viernes, septiembre 21st, 2012

(…)

Ángel Folgueira entrevistado para a canle internacional de TVE

Ángel Folgueira, un dos responsables de Cabozo, o pasado mércores en Lugo, charlando sobre esta rede social para unha reportaxe sobre o galego e as redes sociais que se emitirá o vindeiro sábado 29 de setembro no programa “Desde Galicia para el mundo” da canle internacional de TVE.

Cabozo.com no ascenso do Lugo a Segunda :)

Domingo, junio 24th, 2012

Vista xeral

Vinte anos despois o Lugo volve ser equipo de Segunda división :P tras superar unha complicada eliminatoria ante o histórico Cádiz que tivo que resolverse na quenda de penaltis. En Cabozo vivimos o ascenso xunto a miles de afeccionados lucenses na pantalla xigante instalada na praza de Augas Férreas. Deixámosvos fotos e vídeos dunha noite máxica para o CD Lugo e a cidade amurallada ;)

3 minutos de vídeo (en calidade Full HD) que reflicte a tensión vivida nos penaltis finais e a ledicia tras a consecución definitiva do ascenso :)

Aquí tedes unhas fotos do ambiente na praza de Augas Férreas

O Lugo xa é de Segunda

Sol e calor en Lugo para sufrir ante o Cádiz :)

O Lugo xa é de Segunda

Como podedes ver nin os romanos do Arde Lvcvs quixeron perder o partido :D

Nin os romanos quixeron perder o partido

E por fin, o Lugo xa era de segunda… Aparecen as primeiras bengalas

Lugo de Segunda

Xente chegando á Fonte do Rei :)

Fonte do Rei

E máis xente celebrando o ascenso…

Máis e máis xente na Fonte do Rei

O Lugo volve durmir 20 anos despois como equipo de Segunda!!! ;)

O Lugo durme sendo equipo de Segunda :)

Estes son os finalistas do concurso de deseño #LogoCabozo17M :)

Miércoles, mayo 16th, 2012
Xa temos finalistas

Xa temos finalistas! :)

Despois duns días de deliberación, estes son os 3 deseños que o xurado* do concurso #LogoCabozo17M quere destacar :P e de entre os cales sairá o gañador definitivo:

Finalista #LogoCabozo17M

Creado polo usuario de Cabozo: Eseoaneriveira

Así describe o seu deseño: O meu deseño é simple. Trátase do galardoado deste ano, Valentín Paz Andrade, simplificado e adaptado á bandeira Galega cruzando o seu peito. Búscase así que se recoñeza a este autor non só polos escritos, senón polo seu aspecto e relacionalo coa bandeira. Non é un logo permantente, pero para a ocasión, na que o importante é este escritor, creo cumpre as expectativas esperadas, debido tamén ao seu sinxelo deseño”

Finalista #LogoCabozo17MCreado pola usuaria de Cabozo: Eugznomeular

Así describe o seu deseño: Palabras de Paz Andrade nun cabozo”

Finalista #LogoCabozo17M

Creado polo usuario de Cabozo: M_martinez_arq

Así describe o seu deseño: Trátase dunha interpretación de 2 tipos de cabozos: o de pedra e o de madeira (como adxunto na imaxe do proceso) fusionandose coa imaxe da persoa a que se lle adica o día das letras galegas deste ano”

Un destes 3 deseños será o gañador definitivo do concurso!!! E… como saberemos quen é o gañador? :P Pois hoxe ao longo da tarde/noite aparecerá o deseño gañador na portada de Cabozo!!! Estade atentos!!! ;)

Agradecer ao resto de usuari@s a súa participación e a alta calidade tamén dos traballos achegados o que dificultou moito a elección dun único gañador. Graciñas!!! ;) (Ver o resto de deseños)

*Lembrar que o xurado do concurso está composto por algúns dos responsables de m-tic!, GalegoLab e Cabozo coa colaboración de Galicia Confidencial.

Maratón solidaria coas enfermidades raras: 1 KM, 100 euros

Miércoles, marzo 28th, 2012

(…)

Dende FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) puxéronse en contacto con Cabozo para que axudemos a difundir esta acción solidaria.

Maratón solidaria coas enfermidades raras: 1 KM, 100 eurosCon motivo da próxima maratón Coruña 42, o 15 de abril, puxemos en marcha un proxecto de crowdfunding para conseguir fondos para FEGEREC na páxina migranodearena.org.

O noso reto é conseguir 100 euros por cada kilómetro da maratón, porque se unha maratón é unha proba de sacrificio, esforzo e vontade, vivir cunha enfermidade rara e/ou crónica tamén.

Todos os cartos recaudados serán destinados a financiar a asistencia sociosanitaria que ofrece FEGEREC (servizos de terapia ocupacional, fisioterapia, atención psicolóxica etc) na Coruña, Cabana de Bergantiños, Narón, Lugo, Pontevedra e Vigo.

É por iso que vos pedimos a vosa colaboración á hora de realizar microaportacións para esta causa e difundila entre os vosos amigos, familiares, redes sociais, etc.

Se es un dos participantes da maratón Coruña 42 e queres facer público o teu apoio a FEGEREC podes poñerte en contacto con nós en fegerec@gmail.com

Temos que conseguilo!

Co gallo do Día das Letras Galegas 2012, Cabozo cambia o seu logo orixinal por un deseño teu! :)

Jueves, marzo 15th, 2012
#logocabozo17M
(…)
Non hai mellor ocasión que o Día das Letras Galegas 2012 para que Cabozo, rede social galega, cambie o seu logo orixinal por un deseño teu!

PARTICIPA NO CONCURSO!!! :D

Redeseña o logo da rede social galega cun tema apropiado a ese día (cun tamaño aproximado ao orixinal) e se o teu deseño resulta gañador

Cesta de produtos de Lugo doados por m-tic!

Cesta de produtos de Lugo doados por m-tic!

  • Dende o 17 de maio e ata final de mes lucirá na portada de Cabozo
  • Serás entrevistado por Galicia Confidencial, xornal online líder en galego
  • Recibirás unha cesta de productos galegos doados por m-tic!, empresa de deseño e comunicación

Logo Cabozo 2012

O CONCURSO ESTARÁ ABERTO DO 1 DE ABRIL Ó 10 DE MAIO!!!

Para participar necesitarás unha conta en Cabozo… aínda non es usuari@? non te preocupes! Solicita de calquera destas maneiras a túa invitación e recibirála canto antes:

Pica aquí para solicitar a túa invitación

Queres saber como participar no concurso? Ou colaborar con esta iniciativa? Pica aquí:

Pica aquí para ver toda a info sobre o concurso

Unha idea de GalegoLab e Cabozo, co patrocinio de m-tic! e a colaboración de Galicia Confidencial #logocabozo17M