Posts Tagged ‘noticias’

Que non vos vacilen con iso da taxa Google!

Jueves, febrero 20th, 2014

(versión en castellano)

stopcanonaede

Hai uns anos Ángel (LegnaLof), un dos responsables de Cabozo, comentaba a un grupo de xornalistas nunha mesa redonda organizada como presentación dun evento sobre marketing e comunicación 2.0 en Coruña, que os medios tradicionais, especialmente a prensa escrita, “están moi lonxe de entender os Social Media (redes sociais, blogs, agregadores, etc.) e veno como un inimigo” porque “O que publican os xornais xa non é noticia“.

Aquelas palabras que causaron certa “sorpresa” :) entre algúns dos xornalistas alí presentes, serviron como base para un interesante artigo nun dos blogs corporativos de Telefónica Argentina, que deixaba entrever, xa por aquel entón, que o poder de informar estaba a deixar de ser unha potestade exclusiva dos medios tradicionais porque agora as noticias podían ser xeradas e transmitidas por calquera. Coa conseguinte perda de poder para os medios tradicionais (e para aqueles que controlan os devanditos medios…). Este é o artigo: “Medios sociales, medios masivos: ¿enemigos íntimos?“. Falamos de 2011.

Hoxe, case tres anos despois, a proposta nova Lei de Propiedade Intelectual non fai máis que reafirmar aquelas palabras. Os grandes medios, sobre todo a prensa escrita, non só non souberon adaptarse nin entender as posibilidades que lles ofrecía Internet cos medios sociais, senón que agora ademais se pretende “premiar” esa incompetencia cunha lei onde enlazar ou citar xa non será libre, estando suxeito a un canon que pon en perigo Internet tal e como o coñecemos.

Máis alá das “milongas” que poidan contar os medios xeralistas que xa todos coñecedes tanto en Galicia como fóra, recomendamos botar unha ollada a algún destes artigos se queredes estar un pouco ao día do que pretenden facer:

- Canon de la AEDE: idéntico al canon de la SGAE

- Desmontando el canon de AEDE

- Cuál es el papel de los medios, AEDE y CEDRO en la ‘tasa Google’

- “La nueva Ley de Propiedad Intelectual es fruto de la corrupción

Medios de expresión libres para a cidadanía como son moitas das web que coñecedes; redes sociais, agregadores de noticias, blogs, etc. veranse seriamente ameazados se esta lei sae adiante.

Stop canon AEDE, enlazar non é delito!

Actualizada a versión web de Cabozo para móbil (Tabomóbil)

Jueves, noviembre 28th, 2013

(Aquí para leer en castellano)

Tabomóbil nun iPhone 5

Catro son as principais novidades:

LOX

O antes e o agora da opción LOX

Esta opción que mostraba automaticamente avisos das actualizacións dos usuarios que seguimos, foi completamente redeseñada. Agora elimínanse eses avisos e no seu lugar móstranse directamente as actualizacións.

NOVAS

Agora "Novas" de Cabozo, tamén no Tabomóbil

Agora tamén no Tabomóbil as noticias de Galicia, os tuits, as fotos máis galegas de Instagram, Flickr.., os vídeos máis galegos de YouTube, o tempo e moito máis.

TABOLEIROS (IMAXES)

 Maior tamaño para as imaxes dos taboleiros

As imaxes dos taboleiros agora vense a un tamaño maior.

PANTALLAS

Mellor axuste cos distintos tipos de pantalla

Agora o Tabomóbil foi optimizado para que se adapte mellor aos distintos tamaños de pantalla dos smartphones.


Para coñecer todas as características da versión web de Cabozo para móbil, le a seguinte entrada: Nova versión móbil de Cabozo (Tabomóbil)

Interesantes novidades na sección ‘Novas’ de Cabozo :)

Miércoles, febrero 15th, 2012

(Opción non activada)

Na sección Novas de Cabozo poderás seguir as noticias de portada de varios medios

Debido ao peche de varios medios online galegos nos últimos tempos e á recente aparición de novas cabeceiras como Praza.com, vímonos obrigados a darlle un repaso á lista de xornais que aparecen nas ‘Novas’ de Cabozo.

Agora tamén podes seguir as fotos de Flickr dende Novas

Aproveitamos así, ademais de para ampliar a lista de medios que aparecen nesta sección, para dotar de máis funcionalidades a esta ferramenta de Cabozo podendo seguir tamén agora Twitter e Flickr Galicia :D (ademais de versións non galegas), Google Galicia e Google Destacadas, etc.

Pestana Novas

A sección Novas, que se integra como unha das 5 pestanas do noso taboleiro, recolle automaticamente as noticias de portada de distintos medios online galegos e de fóra de Galicia.

Algúns medios galegos que podemos seguir en Novas son Galicia Confidencial, o medio xeralista en galego máis lido na Rede, Código Cero, Galiciae, Faro de Vigo, Praza… Tamén podemos seguir medios de fóra de Galicia como El País, Público, El Mundo, Menéame, Muy Interesante, Gizmodo

Incorporado a Novas o novo xornal galego Praza.com

Algunhas opcións que ofrece esta ferramenta de Cabozo son:

  • Picando sobre os titulares das noticias podemos ler o seu contido na fonte orixinal
  • Se picamos sobre o Máis que aparece á dereita dos titulares temos as seguintes opcións:

Agora en Novas tamén podemos ver o que se comenta sobre esas noticias en Twitter

- NOVIDADE!!! Ver o que se comenta sobre esa noticia en Twitter picando sobre a nova icona Twitter (ver imaxe superior)

- Ver a mesma noticia noutros medios para ter unha visión máis ampla desta

- Enviar a noticia directamente ao noso taboleiro recibindo todos os nosos seguidores un aviso de actualización

- Compartir a noticia directamente noutras plataformas como Twitter, Facebook

(Contacta con Cabozo se queres incluír un novo medio a esta sección)