Interesantes novidades na sección ‘Novas’ de Cabozo :)

(Opción non activada)

Na sección Novas de Cabozo poderás seguir as noticias de portada de varios medios

Debido ao peche de varios medios online galegos nos últimos tempos e á recente aparición de novas cabeceiras como Praza.com, vímonos obrigados a darlle un repaso á lista de xornais que aparecen nas ‘Novas’ de Cabozo.

Agora tamén podes seguir as fotos de Flickr dende Novas

Aproveitamos así, ademais de para ampliar a lista de medios que aparecen nesta sección, para dotar de máis funcionalidades a esta ferramenta de Cabozo podendo seguir tamén agora Twitter e Flickr Galicia :D (ademais de versións non galegas), Google Galicia e Google Destacadas, etc.

Pestana Novas

A sección Novas, que se integra como unha das 5 pestanas do noso taboleiro, recolle automaticamente as noticias de portada de distintos medios online galegos e de fóra de Galicia.

Algúns medios galegos que podemos seguir en Novas son Galicia Confidencial, o medio xeralista en galego máis lido na Rede, Código Cero, Galiciae, Faro de Vigo, Praza… Tamén podemos seguir medios de fóra de Galicia como El País, Público, El Mundo, Menéame, Muy Interesante, Gizmodo

Incorporado a Novas o novo xornal galego Praza.com

Algunhas opcións que ofrece esta ferramenta de Cabozo son:

  • Picando sobre os titulares das noticias podemos ler o seu contido na fonte orixinal
  • Se picamos sobre o Máis que aparece á dereita dos titulares temos as seguintes opcións:

Agora en Novas tamén podemos ver o que se comenta sobre esas noticias en Twitter

- NOVIDADE!!! Ver o que se comenta sobre esa noticia en Twitter picando sobre a nova icona Twitter (ver imaxe superior)

- Ver a mesma noticia noutros medios para ter unha visión máis ampla desta

- Enviar a noticia directamente ao noso taboleiro recibindo todos os nosos seguidores un aviso de actualización

- Compartir a noticia directamente noutras plataformas como Twitter, Facebook

(Contacta con Cabozo se queres incluír un novo medio a esta sección)


Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,

One Response to “Interesantes novidades na sección ‘Novas’ de Cabozo :)”

  1. Gamela Says:

    O malo que ten ser tan bos… é que agora a ver como fago para desengancharme de CabozoNovas ? Noraboa seguides sendo ÚNICOS !

Leave a Reply