Archive for the ‘Ferramentas de Cabozo’ Category

Segue estes sinxelos pasos e usa a versión móbil de Cabozo como unha aplicación máis

Domingo, enero 19th, 2014

(versión en castellano)

TaboMovCbz

Se tes un móbil ou tablet, Cabozo vai contigo a todas partes :) Utiliza Cabozo dende calquera dispositivo móbil sen necesidade de descargar unha aplicación, pero coa mesma comodidade que ofrecen estas.

A versión móbil de Cabozo debería funcionar en calquera dispositivo móbil con conexión a Internet.

Se aínda non tes convite para entrar en Cabozo, pide aquí o teu! Temos para tod@s!

 

COMO ACCEDO Á VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO?

Entra en cabozo.com/tabomovil.php dende o navegador do teu móbil (enlace permanente na portada de Cabozo en “Tabomobil”)

 

QUE PASOS DEBO SEGUIR PARA USAR A VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO COMO UNHA APLICACIÓN? 

Explicamos os pasos a seguir en dous dos smartphones máis estendidos do momento. O proceso é similar no resto de móbiles:

ANDROID (Samsung Galaxy S3)

1. Accedemos á versión móbil de Cabozo dende o noso dispositivo móbil e introducimos nome de usuario e contrasinal

PortadaTabomobil

2. Permitimos ao navegador que recorde os nosos datos de usuario para non ter que meter usuario e contrasinal cada vez que entremos

3. Cando esteamos na pantalla de opcións do Tabomóbil, creamos un marcador (ou favorito, depende do navegador) e gardámolo nos marcadores do móbil como Tabomóbil ou CabozoMóbil (por exemplo)

Marcador-opcións

4. Unha vez creado o marcador, imos aos ‘widgets’ do noso móbil e seleccionamos “Marcador” para que abra os marcadores que temos gardados. Seleccionamos Tabomóbil ou CabozoMóbil (como o gardaramos antes) e xa temos un acceso directo dende o escritorio, como calquera outra aplicación, á versión móbil de Cabozo

WidgetsTabomobil

5. Cando deixamos de usar o Tabomóbil saímos sen pechar sesión, así cada vez que entramos accedemos directamente á pantalla de opcións sen necesidade de meter usuario e contrasinal

iOS (iPhone 5)

TabomobiliPhone5

1. Accedemos á versión móbil de Cabozo dende o noso iPhone e introducimos nome de usuario e contrasinal

2. Permitimos ao navegador (Safari) que recorde os nosos datos de usuario para non ter que meter usuario e contrasinal cada vez que entremos

3. Dende a pantalla de opcións do Tabomóbil, creamos un favorito (ou marcador, depende do navegador) e gardámolo, por exemplo, como CabozoMóbil

4. Unha vez creado o favorito engadímolo á pantalla de inicio e xa temos un acceso directo dende o escritorio, como calquera outra aplicación, á versión móbil de Cabozo

5. Cando deixamos de usar o Tabomóbil saímos sen pechar sesión, así cada vez que entramos accedemos directamente á pantalla de opcións sen necesidade de meter usuario e contrasinal

Notificacións:

MenuLateralpng

A falta de notificacións podémola suplir marcando a opción “Avisos por correo electrónico” na configuración da nosa conta de Cabozo, opción que recomendamos por resultar bastante práctica e nada molesta (recorda meter na configuración a conta de correo que teñas configurada para recibir notificacións no móbil)

 

 

Formas de usar Cabozo sen necesidade de crear unha conta

Lunes, febrero 4th, 2013

(Leer en castellano)

Entre os moitos servizos que ofrece Cabozo como rede social, existen varios para os que non é necesario crear unha conta para poder gozar deles:

Novas de Cabozo

ACCEDE A UNHA GRAN FONTE DE INFORMACIÓN XERAL E DE GALICIA EN TEMPO REAL. E MOITO MÁIS!

Entre outras opcións, Novas de Cabozo (acceso permanente dende a portada de Cabozo) recolle automaticamente e en tempo real as noticias de portada dos principais medios online galegos e de fóra de Galicia. Ademais, ofrece a posibilidade de contrastar esas noticias noutros medios ou ver que se está a comentar nese momento en Twitter sobre elas.

Instagram Galicia

ACCEDE ÁS FOTOS MÁIS GALEGAS DA REDE. E AOS VÍDEOS!

Engade a etiqueta #galicia ás fotos que compartes en Flickr, Instagram, Twitter, Photobucket e aos vídeos que sobes a YouTube e tamén terán difusión, en tempo real, en Novas de Cabozo (selecciona as opcións no despregable). Ademais, os usuarios de Cabozo poderán compartir esas imaxes nos seus taboleiros cun simple clic de rato (van enlazadas á súa fonte orixinal) axudando aínda máis á súa difusión.

arredorpfb1

COÑECE SITIOS DE INTERESE E NEGOCIOS RECOMENDADOS POR OUTROS USUARIOS

Dende a portada de Cabozo tamén poderás acceder a Arredor, servizo de xeolocalización que permite aos usuarios desta rede social recomendar sitios ou negocios de interese mediante a súa localización nun mapa compartido. Xogando co zoom e desprazándote polo mapa poderás ver os sitios e negocios recomendados (pica sobre as marcas para ver info/comentarios) ou compartir zonas do mapa pero non poderás deixar comentarios nin crear novas marcas (só os usuarios rexistrados). Aquí podes ver un exemplo na zona de Viveiro.

Versión limitada dun Taboleiro público de Cabozo

ACCEDE A UNHA VERSIÓN REDUCIDA DOS TABOLEIROS PÚBLICOS DOS USUARIOS

Se coñeces o nome dalgún usuario de Cabozo poderás acceder, mediante a direccion cabozo.com/user/nomedeusuario, á versión “capada” do seu Taboleiro e ver os últimos contidos públicos que compartiu. Se queres estar informado das súas actualizacións podes subscribirte á canle RSS do seu taboleiro.

As contas de Cabozo no Facebook e Twitter

VISITA ALGÚNS DOS MELLORES CONTIDOS DE CABOZO

Seguindo as contas de Cabozo no Facebook, Twitter ou no propio Cabozo (acceso permanente en portada) poderás ver, practicamente a diario, algúns dos mellores contidos públicos compartidos nesta rede social.

Deixa comentarios aínda que non esteas rexistrado

DEIXA COMENTARIOS AÍNDA QUE NON SEXAS USUARIO REXISTRADO

Dende hai tempo, os usuarios de Cabozo poden compartir o que publican nesta rede social noutras web. Pois ben, calquera pode deixar comentarios a eses contidos aínda que non estea rexistrado. Só debes desprazarte cara a abaixo e no sitio reservado para enviar o comentario poñer un nome de usuario e escribir “persoa” no filtro anti spam. Aquí podes ver un exemplo.

Extensión "ferramentas lingua galega" para Google Chrome

DESCARGA A EXTENSIÓN “FERRAMENTAS LINGUA GALEGA” PARA GOOGLE CHROME

No seu afán por desenvolver ferramentas que poidan ser útiles á sociedade galega, e máis alá da propia rede social, o equipo de Cabozo creou esta extensión gratuíta para Google Chrome. Aquí podes ver as súas características e descargala: Ferramentas lingua galega

->

ÚNETE A CABOZO! :)

Pide o teu convite e goza de Cabozo sen limitacións rexistrándote na web! Ademais apoiarás unha rede social orixinal, única, diferente, 100% galega e creada baixo código bravú. Aposta polo “made in Galicia” real!






Comparte as túas fotos 360º feitas con Photo Sphere (Android) en Cabozo

Martes, noviembre 27th, 2012

(Pincha aquí para leer en castellano)

 Cabozo incorpora soporte para compartir e visualizar imaxes 360º

Non é a primeira vez que Cabozo se adianta a redes sociais internacionais ofrecendo servizos novidosos aos seus usuari@s como no seu día foron as videoconferencias a 4, as canles de Tv, etc.

Hoxe volvémonos adiantar a redes sociais como Facebook ou Twitter incorporando a Cabozo o soporte para que os usuarios poidan compartir e visualizar as fotos 360º que fagan con Photo Sphere, a nova panorámica esférica incluída en Android 4.2 e que pronto se estenderá ao resto de móbiles con Android.

Fotos 360º feitas con Photo Sphere (Android) xa en Cabozo! :)

COMO SUBO AS FOTOS 360º A CABOZO?

Para que funcionen correctamente debes subilas ao teu taboleiro (muro) directamente dende o móbil. Recomendamos utilizar para iso a nova versión web de Cabozo para móbil.

COMO FAGO PARA VER ESTAS FOTOS EN CABOZO?

1.- Pica sobre a imaxe e espera a que cargue

2.- Picando sobre calquera punto da imaxe e arrastrando poderás moverte en calquera dirección

3.- Co scroll podes facer zoom in/out

NOTA: Só se poden ver correctamente dende un PC (recomendamos usar o navegador Google Chrome)

Aquí podes ver dous exemplos xa subidos a Cabozo ;)

Actualizada a extensión para Google Chrome que facilita a consulta do dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego

Viernes, septiembre 21st, 2012

(…)

Extensión "Ferramentas idioma galego"

Lanzamos a actualización da extensión creada por Cabozo para Google Chrome que facilita a consulta do Dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego.

A nova versión desta extensión, da que no seu día se fixo eco a propia web da Real Academia Galega, engade, ás xa existentes, as seguintes opcións:

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en portugués

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en español

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en inglés

Adaptada as novas esixencias de Google, podédela descargar da Chrome Web Store dende aquí:

Ferramentas idioma galego


Extensión para Google Chrome que facilita a consulta do dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego

Domingo, abril 15th, 2012

(…)

Extensión de galego para Google Chrome

Dende Cabozo queremos compartir a extensión que creamos para facilitar a consulta do Dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego dende Google Chrome:

- Ferramentas de galego para Chrome

INCLÚE AS SEGUINTES OPCIÓNS

- Buscar a palabra seleccionada no dicionario da RAG

- Traducir o texto seleccionado de español a galego

- Traducir o texto seleccionado de inglés a galego

- Traducir unha web de español a galego

- Traducir unha web de inglés a galego

Tamén podes traducir textos ou webs

MÁIS FÁCIL IMPOSIBLE

Seleccionas un texto, pulsas sobre “botón dereito” no rato e aparecen todas as opcións dispoñibles ;)

OPCIÓN FIREFOX

Antón Méixome, do proxecto Trasno,  publicou unha extensión que facilita a consulta do diccionario dende Firefox

ACTUALIZACIÓN :)

Referencia a extensión na web da Real Academia Galega

A web da Real Academia Galega fixo mención á extensión para integrar o seu dicionario no navegador Google Chrome creada por Cabozo. (Parece que a web da RAG non mantén os enlaces. Se non atopades o artigo aquí tedes unha captura deste)

OPCIÓN OPERA

O usuario Enfeitizador explica nesta entrada de Cabozo como configurar o dicionario tamén no navegador Opera

Como acceder a Cabozo.com dende a rede da USC

Jueves, febrero 23rd, 2012

Como acceder a Cabozo dende a rede da USC

Dende hai un tempo moitos cabozeir@s véñennos comentando que non poden acceder a Cabozo dende os seus PCs cando están conectados á rede da USC.

Hoxe puiden facer unha proba xunto a Eugznomeular, cabozeira e estudante da USC (graciñas de novo ;) ) e isto é o que vos podo contar:

A USC non resolve o nome Cabozo.com

O problema está en que o servidor de DNS da USC non sabe resolver o nome de Cabozo.com, é dicir, non sabe cal é a súa dirección IP correspondente.

O tema funciona da seguinte maneira:

- PC Usuari@: Moi boas, podería por favor facilitarme a dirección (IP) da web Cabozo.com

- PC USC: Moi boas, si un momentiño que busco na miña axenda a súa dirección (IP)… vaia, semella que na axenda non teño anotada a dirección para Cabozo.com. Síntocho moito.

- PC Usuari@: Vaia ho!, tiña que comentarlle unha cousiña a Deckarz…

- PC USC: Bueno, se queres pódoche dar sen problema a do Facebook.com ou a de Twitter.com :P

Como PC USC non sabe cal é a dirección de Cabozo cando se lle pregunta por ela, ímoslle dicir nós ao noso computador que dirección ten Cabozo e así non lle fará falta preguntarlle o PC USC

Para iso imos editar o arquivo “hosts” que é unha axenda parecida á do PC USC onde se atopan os nomes de dominio e direccións IP. Dependendo do sistema operativo que esteas a utilizar, esta é a súa localización:

Windows 95/98/Me —>  C:\Windows\hosts

Windows NT/2000 —>   C:\WINNT\System32\drivers\etc\hosts

Windows XP/2003/Vista/7 —>   C:\Windows\System32\drivers\etc\hosts

Mac OS/iPhone OS  —>  /private/etc/hosts

Unix/Linux/BSD —>    /etc/hosts

Abrimos o arquivo cun editor de texto (en Windows co Bloc de notas) e debaixo de todo engadimos a seguinte liña:

174.122.126.101 www.cabozo.com cabozo.com

Gardamos e reiniciamos o PC.

Unha vez arrancado de novo o noso PC, poñemos no navegador www.cabozo.com e a páxina estará accesible sen ningún problema.

Non o puiden probar, pero probablemente con isto se solucione o problema. Se non é así por favor comentarmo!

Saúdos!

Deckarz ;)

Actualización (24.02): Algúns usuarios xa puideron conectarse á rede da USC sen necesidade de aplicar esta solución . Non sabemos se a xente da USC solucionou o problema (non recibimos información ao respecto pero se é así agradecémosllelo aos responsables do servizo) ou se é un problema intermitente.

Se nalgún caso seguides tendo problemas para acceder non dubidedes en probar a solución proposta.

Como invitar aos teus colegas a Cabozo

Viernes, octubre 14th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Cabozo é unha rede social á que só se pode acceder mediante convite por iso todos os usuari@s rexistrados na web contan con 5 convites convites ilimitados para invitar a quen queiran a Cabozo.

Enviar un convite é moi doado

Para enviarlle un convite a alguén para unirse a Cabozo, só temos que ir a Usuari@s de Cabozo/Búscas nas opcións da ‘caixa’ da dereita, estando situado en calquera das pestanas do noso Taboleiro (meu taboleiro, cabozadas, lox, novas ou notas).

Usuari@s de Cabozo/Búscas

Unha vez dentro veremos a opción Convida a un colega a ser cabozeiro! onde deberemos escribir a dirección de correo da persoa a invitar e despois picar en Enviar.

Agora temos convites ilimitados

Feito isto, a persoa invitada recibirá un correo co enlace de acceso á páxina de rexistro (Ás veces poden recibir o convite no ‘spam’, o cal non está de máis advertir). Este é o correo que recibirán, cambiando o nome de Deckarz polo voso:

Novos convites

Se tes calquera problema cos convites coméntanolo en: achegas@cabozo.com

A importancia dos ‘seguimentos’ en Cabozo

Domingo, noviembre 28th, 2010

(Lectores no gallegos pinchad aquí) [Esta opción se activará en breve]

Botón para seguir usuari@s

Os “seguimentos son probablemente unha das “ferramentas sociais” máis importantes de Cabozo.

Calquera usuari@ de Cabozo pode seguir a calquera outro usuario cun simple clic de rato (aínda que tamén calquera poderá bloquear o devandito seguimento). Só será preciso acceder ao Taboleiro do usuario que queremos seguir (ben mediante o buscador de usuarios, ben pulsando sobre o nome ou imaxe do usuario) e picar sobre a opción “Seguir usuario“.

Cales son as vantaxes de seguir usuarios en Cabozo?

Varias son as vantaxes:

Na opción "Seguimentos" veremos cando entran ou saen os usuari@s que seguimos

1.- Poderemos ver na opción “Seguimentos” do noso Taboleiro, en tempo real, cando entran a Cabozo ou cando saen os usuarios que seguimos. Cada vez que alguén entre ou saia a opción “seguimentos” poñerase de cor amarela.

Avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos

2.- Na pestana “Lox” do noso Taboleiro recibiremos avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos (cando actualizan o seu taboleiro, cando inician o seguimento doutros usuari@s, cando soben unha foto aos seus álbums persoais, etc.)

Debemos seguir un usuario para que este nos poida dar acceso aos seus álbums privados

3.- Será imprescindible seguir un usuario para que nos poida dar acceso aos seus álbums persoais privados.

Debemos seguir un usuario para poder iniciar un chat privado con el

4.- Para iniciar un chat privado cun usuario será necesario, previamente, seguir ese usuario

Debemos seguir un usuario para realizar videochamadas ou multichamadas

5.- Se queres iniciar unha videoconferencia ou unha multiconferencia con outros usuarios será necesario, previamente, seguir eses usuarios.

Estas son algunhas das principais vantaxes de seguir usuarios, así que xa sabes, se queres aproveitar ao máximo as posibilidades de Cabozo segue ao máximo de usuari@s!! ;)