Interesantes novidades na sección ‘Novas’ de Cabozo :)
Miércoles, febrero 15th, 2012(Opción non activada)
Debido ao peche de varios medios online galegos nos últimos tempos e á recente aparición de novas cabeceiras como Praza.com, vímonos obrigados a darlle un repaso á lista de xornais que aparecen nas ‘Novas’ de Cabozo.
Aproveitamos así, ademais de para ampliar a lista de medios que aparecen nesta sección, para dotar de máis funcionalidades a esta ferramenta de Cabozo podendo seguir tamén agora Twitter e Flickr Galicia (ademais de versións non galegas), Google Galicia e Google Destacadas, etc.
A sección Novas, que se integra como unha das 5 pestanas do noso taboleiro, recolle automaticamente as noticias de portada de distintos medios online galegos e de fóra de Galicia.
Algúns medios galegos que podemos seguir en Novas son Galicia Confidencial, o medio xeralista en galego máis lido na Rede, Código Cero, Galiciae, Faro de Vigo, Praza… Tamén podemos seguir medios de fóra de Galicia como El País, Público, El Mundo, Menéame, Muy Interesante, Gizmodo…
Algunhas opcións que ofrece esta ferramenta de Cabozo son:
- Picando sobre os titulares das noticias podemos ler o seu contido na fonte orixinal
- Se picamos sobre o “Máis“ que aparece á dereita dos titulares temos as seguintes opcións:
- NOVIDADE!!! Ver o que se comenta sobre esa noticia en Twitter picando sobre a nova icona Twitter (ver imaxe superior)
- Ver a mesma noticia noutros medios para ter unha visión máis ampla desta
- Enviar a noticia directamente ao noso taboleiro recibindo todos os nosos seguidores un aviso de actualización
- Compartir a noticia directamente noutras plataformas como Twitter, Facebook…
(Contacta con Cabozo se queres incluír un novo medio a esta sección)