Posts Tagged ‘samsung galaxy s3’

Segue estes sinxelos pasos e usa a versión móbil de Cabozo como unha aplicación máis

Domingo, enero 19th, 2014

(versión en castellano)

TaboMovCbz

Se tes un móbil ou tablet, Cabozo vai contigo a todas partes :) Utiliza Cabozo dende calquera dispositivo móbil sen necesidade de descargar unha aplicación, pero coa mesma comodidade que ofrecen estas.

A versión móbil de Cabozo debería funcionar en calquera dispositivo móbil con conexión a Internet.

Se aínda non tes convite para entrar en Cabozo, pide aquí o teu! Temos para tod@s!

 

COMO ACCEDO Á VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO?

Entra en cabozo.com/tabomovil.php dende o navegador do teu móbil (enlace permanente na portada de Cabozo en “Tabomobil”)

 

QUE PASOS DEBO SEGUIR PARA USAR A VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO COMO UNHA APLICACIÓN? 

Explicamos os pasos a seguir en dous dos smartphones máis estendidos do momento. O proceso é similar no resto de móbiles:

ANDROID (Samsung Galaxy S3)

1. Accedemos á versión móbil de Cabozo dende o noso dispositivo móbil e introducimos nome de usuario e contrasinal

PortadaTabomobil

2. Permitimos ao navegador que recorde os nosos datos de usuario para non ter que meter usuario e contrasinal cada vez que entremos

3. Cando esteamos na pantalla de opcións do Tabomóbil, creamos un marcador (ou favorito, depende do navegador) e gardámolo nos marcadores do móbil como Tabomóbil ou CabozoMóbil (por exemplo)

Marcador-opcións

4. Unha vez creado o marcador, imos aos ‘widgets’ do noso móbil e seleccionamos “Marcador” para que abra os marcadores que temos gardados. Seleccionamos Tabomóbil ou CabozoMóbil (como o gardaramos antes) e xa temos un acceso directo dende o escritorio, como calquera outra aplicación, á versión móbil de Cabozo

WidgetsTabomobil

5. Cando deixamos de usar o Tabomóbil saímos sen pechar sesión, así cada vez que entramos accedemos directamente á pantalla de opcións sen necesidade de meter usuario e contrasinal

iOS (iPhone 5)

TabomobiliPhone5

1. Accedemos á versión móbil de Cabozo dende o noso iPhone e introducimos nome de usuario e contrasinal

2. Permitimos ao navegador (Safari) que recorde os nosos datos de usuario para non ter que meter usuario e contrasinal cada vez que entremos

3. Dende a pantalla de opcións do Tabomóbil, creamos un favorito (ou marcador, depende do navegador) e gardámolo, por exemplo, como CabozoMóbil

4. Unha vez creado o favorito engadímolo á pantalla de inicio e xa temos un acceso directo dende o escritorio, como calquera outra aplicación, á versión móbil de Cabozo

5. Cando deixamos de usar o Tabomóbil saímos sen pechar sesión, así cada vez que entramos accedemos directamente á pantalla de opcións sen necesidade de meter usuario e contrasinal

Notificacións:

MenuLateralpng

A falta de notificacións podémola suplir marcando a opción “Avisos por correo electrónico” na configuración da nosa conta de Cabozo, opción que recomendamos por resultar bastante práctica e nada molesta (recorda meter na configuración a conta de correo que teñas configurada para recibir notificacións no móbil)