Nova versión móbil de Cabozo (Tabomobil)
(Pincha aquí para leer en castellano)
Estreamos nova versión web de Cabozo para móbil, coñecida entre os cabozeir@s como Tabomóbil
CREA UN ACCESO DIRECTO DENDE O ESCRITORIO DO TEU MÓBIL
Aínda que dende a portada de Cabozo atoparedes un acceso permanente ao Tabomóbil, é moito máis útil crear un acceso directo dende o escritorio do voso móbil para acceder coma se dunha aplicación se tratase (exemplo na imaxe superior)
Accedede ao Tabomóbil dende o navegador do voso móbil e unha vez dentro, despois de meter o voso contrasinal e usuario, gardádeo en favoritos. Logo, xa poderedes crear o acceso directo.
OPCIÓNS DA NOVA VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO
Esta é a pantalla principal do Tabomóbil e dende ela poderemos acceder a todas as opcións. Vexamos que podemos facer dende cada unha delas:
Meu Taboleiro (muro):
Dende Meu Taboleiro podemos ver todo o que se publica no noso muro de Cabozo. Se alguén deixa algún comentario nalgunha desas publicacións debaixo da mesma veremos o “nº respostas” e picando sobre esa publicación veremos os devanditos comentarios. Na imaxe superior observamos como nunha das publicacións temos 3 respostas/comentarios. Se picamos sobre ela veremos eses comentarios:
Nova Mensaxe:
Dende esta opción podemos publicar novas mensaxes no noso taboleiro (muro) e achegar unha imaxe e/ou un vídeo do YouTube. Ademais dásenos a opción de xeolocalizar a mensaxe e mesmo a posibilidade de crear unha marca (dun sitio de interese, praia, restaurante, etc.) á que logo o resto de usuarios poden acceder dende “Arredor“.
Respostas:
Dende esta opción (que cambiará a cor vermella se hai novidades) veremos as respostas que recibamos a calquera conversación na que participemos nun taboleiro, sexa noso ou doutro usuari@. Se picamos sobre as devanditas respostas verémolas no fío orixinal. Podemos borrar dun golpe todas as respostas pendentes de ver picando en “Borrar pendentes“.
Lox:
Como na versión web avísanos (cambiando a cor vermella) cada vez que se actualiza o taboleiro dun usuari@ ao que seguimos, cando empeza a seguir a outro usuario, cando sobe unha nova imaxe aos seus álbums, etc. Picando sobre os avatares accedemos ao taboleiro (muro) dese usuario.
Cabozadas:
As Cabozadas son o gran punto de encontro para todos os usuarios de Cabozo, un chat global onde falar en tempo real con todos os usuarios que pasen por alí nese momento. É un gran escaparate onde podemos darnos a coñecer e dar difusión aos contidos do noso taboleiro (calquera usuario poderá ver o que aquí publiquemos aínda que non nos siga nin o sigamos). Do bo uso que fagamos das Cabozadas dependerá en boa medida o incremento do noso número de seguidores e con iso da nosa audiencia real en Cabozo. Pica sobre o texto das mensaxes para responder directamente.
Privados:
Aquí veremos (cambia a cor vermella cando recibimos algún) as mensaxes privadas que recibamos. Picando sobre o texto das mesmas responderemos directamente, tamén de forma privada. Se picamos sobre “Contactos habituais” veremos os avatares daqueles usuarios cos que nos enviamos mensaxes privadas de forma habitual para facilitarnos acceder aos seus taboleiros e poder enviarlles novas mensaxes privadas.
Seguimentos:
Avísanos dos usuarios que se conectaron máis recentemente a Cabozo de entre os que seguimos. Picando sobre os seus avatares poderemos acceder aos seus taboleiros, seguilos/deixar de seguilos ou enviarlles un privado.
Arredor:
Descobre sitios de interese (aloxamentos, bares, comercios, eventos, festas, noticias, praias, restaurantes, etc.) recomendados por outros usuari@s e cabozeiros próximos á túa localización real. Descobre tamén os doutras zonas desprazándote polo mapa e “xogando” co zoom.
Picando sobre as marcas veremos a información que conteñen. Se picas sobre esa información aparecerá estendida e se hai, tamén os comentarios. Tamén poderás engadir comentarios aos que podes achegar imaxes. Street View dispoñible.
Outras das peculiaridades de Arredor, nesta versión móbil de Cabozo, son as Rutas. As rutas indícannos como chegar dende a nosa localización actual até calquera dos puntos de interese marcados no mapa.
Por último comentar, que picando sobre os avatares dos usuarios en calquera parte do Tabomóbil accederemos a unha xanela que nos permitirá seguilo ou deixar de facelo, enviarlle unha mensaxe privada ou acceder ao seu taboleiro.
NOTA: Buscamos empresa ou desenvolvedor interesados en adaptar esta versión web de Cabozo para móbil a versións Android e iOS. Se é o teu caso non dubides en poñerte en contacto.
Tags: cabozo, galego, galicia, móbil, móvil, nova, nueva, redesociales, redessociais, socialmedia, Tabomobil, web
noviembre 13th, 2012 at 09:16
Bo día! Existe versión para IOS?
noviembre 28th, 2012 at 18:37
Que tal Xoán! Por agora non temos versión iOS nin Android. Mentres podes utilizar esta versión web para smartphone. Saúdos