Posts Tagged ‘smartphone’

Menú lateral con novas opcións na versión móbil de Cabozo: convites e acceso á túa configuración

Domingo, enero 19th, 2014

(versión en castellano)

MenuLateralpng

A partir de agora, cando entremos no Tabomóbil, veremos unha nova icona (ver imaxe) para acceder a un menú lateral con novas opcións :)

Optmlpng

Xa podemos acceder á configuración da nosa conta ou enviar convites (ilimitados) dende a versión móbil de Cabozo ;)

ACTUALIZACIÓN 

FavTabomobil

Engadida a opción “Favoritos” ao novo menú lateral. Agora tamén podemos gardar contidos dos taboleiros (por exemplo, para ler máis tarde) a través da versión móbil de Cabozo

Aumentan as opcións de xeolocalización do Tabomobil coa inclusión das “Rutas”

Domingo, mayo 8th, 2011

As opcións de xeolocalización do Tabomobil integran agora as Rutas

Agora dende a opción “Arredor” do noso Tabomobil (versión web de Cabozo para smartphone), picando sobre as marcas creadas podemos ver unha nova opción que é ver a Ruta entre a nosa situación e o punto de interese seleccionado. Podense ver rutas a pé ou en coche.

Exemplo de Ruta no Tabomobil

Aumentan as posibilidades de xeolocalización en Cabozo :D

Subir imaxes ao Taboleiro dende un iPhone (iOS) e non morrer no intento

Sábado, abril 30th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Os posuidores dun iPhone ou doutro aparello co Sistema Operativo iOS de Apple, atopámonos con que nas webs onde se dá a opción de subir algún arquivo ou imaxe, o botón da devandita función aparece desactivado no Safari Mobile.

Isto mesmo pásanos se queremos subir unha imaxe ao noso taboleiro dende o Tabomobil de Cabozo onde tamén veremos o botón “Seleccionar arquivo” desactivado:

boton

Debido a isto, e a que tamén Deckarz é usuario de Apple, como varios dos usuari@s de Cabozo, púxose a buscar unha solución e atopou estas dúas:

1.- SOLUCIÓN DE PAGO (Serve para Cabozo e outras webs):

A opción máis sinxela e a máis práctica. Só teredes que descargar o navegador iCab Mobile (Web Browser) e usalo como calquera outro. Iso si, pasando antes por caixa e desembolsando 1,59 euros :P Como vedes na captura o botón “elixir arquivo” aparece activo e funcional e deixará seleccionar fotos do “carrete”:

Como subir imaxes ao Taboleiro de Cabozo dende un iOS

2.- SOLUCIÓN GRATUÍTA (Só serve para Cabozo):

Solución específica para Cabozo que, aínda que non é tan cómoda como picar simplemente no botón de subir imaxe, polo menos dános a posibilidade de esquivar este pequeno inconveniente de forma gratuíta.

O primeiro que debemos facer é baixar a seguinte App gratuita da Apple Store, Picup

image_1

Como a App ten acceso ao “carrete” de fotos o que facemos con ela é subir a imaxe a un servizo intermedio de aloxamento de imaxes, neste caso imgur.com

Unha vez subida a imaxe atopámonos co seguinte resultado:

picup

Indícanos que a imaxe foi subida correctamente e dános o enderezo remoto onde se atopa. Este enderezo é o que nos interesa a nós. Copiámolo da App, imos ao taboleiro e pegámolo no recuadro de escribir a mensaxe. Continuamos escribindo a mensaxe normalmente e dámoslle a “enviar“.  Unha vez enviada a mensaxe vemos como a imaxe xa aparece publicada no taboleiro. :)

O truco é que o Taboleiro de Cabozo recoñece ese enderezo remoto do servizo de aloxamento de imaxes e sabe que ten que obter unha imaxe. Conectase co servizo de aloxamento de imaxes e copia a Cabozo tanto a miniatura coma a version “grande” da imaxe subida.

Sistema Operativo iOS de Apple

Aínda que o servizo de aloxamento de imaxes (imgur.com) borra as imaxes se estas non son vistas polo menos unha vez en 6 meses no seu propio dominio, isto a nós non nos importa pois Cabozo xa as ten copiadas no seu servidor. ;)

Polo momento, e ata que ao tito Jobs non lle dea por activar os botóns do Safari Mobile para poder subir imaxes e arquivos directamente dende el, estas opcións e “truquiños” de Cabozo axúdannos a salvar o inconveniente.

Calquera dúbida vémonos por aquí ou en Cabozo! ;)

O Tabomobil evoluciona. Estreamos nova versión web de Cabozo para Smartphone

Domingo, abril 17th, 2011

Detectado un aumento significativo do uso de Cabozo dende o móbil, hoxe presentámosvos unha versión moito máis completa e avanzada do Tabomobil, a versión web de Cabozo para móbil.

tabomobil-inicio

Ata hoxe o Tabomobil só nos permitía enviar mensaxes ao noso Taboleiro e… nada máis.

A nova versión ofrécenos novas posibilidades e agora, ademais de poder enviar mensaxes ao noso Taboleiro, tamén podemos velos e respondelos. Podemos ver e responder as respostas que recibamos nos Taboleiros doutros usuarios, ver os Lox e acceder a eles, ver e responder as mensaxes privadas que recibamos e quizais o máis esperado, agora tamén podemos facer uso das Cabozadas.

tabipand

O enlace de acceso á nova versión do Tabomobil é o mesmo que ate agora, así que se xa o tiñas gardado como favorito dende hoxe accederás á nova versión ao entrar.

Se nunca fixeches uso del podes acceder co teu móbil dende este enlace e unha vez dentro gardalo en favoritos para telo sempre a man.

O primeiro que veremos ao acceder é unha sinxela pantalla de acceso onde se nos pide o noso nome de usuario e contrasinal. Outra das novidades é que agora nos gardará os nosos datos para non ter que andar meténdoos cada vez que entremos.

Unha vez dentro veremos a pantalla de opcións: “Meu Taboleiro“, “Nova mensaxe“, “Respostas“, “Lox“, “Cabozadas” e “Privados

tabomobil-opc

1.- Meu Taboleiro: Aquí podemos ver todas as entradas do noso Taboleiro. Se picamos sobre o texto das mensaxes veremos todas as súas respostas, debaixo das cales teremos a opción “Responder”. Na parte superior temos a opción “Volver”.

2.- Nova Mensaxe: Aquí podemos enviar unha mensaxe ao noso Taboleiro ao cal lle podemos achegar unha imaxe ou un vídeo YouTube (ata agora esta era a única opción que ofrecía o antigo Tabomobil)

3.- Respostas: Aquí vemos as respostas que recibimos aos nosos comentarios en calquera Taboleiro. Se picamos sobre o texto das mensaxes verémolo no seu lugar orixinal e poderemos responder. Esta opción márcanos o número de respostas pendentes. Só desaparecerán se picamos sobre elas para velas no seu lugar de orixe.

tabomobil-respostas

4.- Lox: Podemos ver as actualizacións daqueles usuari@s que seguimos, acceder a elas e comentar.

5.- Cabozadas: Funcionan exactamente igual que na versión normal.

6.- Privados: Aquí podemos ver as mensaxes privadas que recibimos e podemos respondelas ou marcalas como lidas. Para respondelas picaremos como sempre sobre o texto das mensaxes.

Por último vemos a opción Logout para desconectarnos.


ACTUALIZACIÓN:

Opcións Tabomobil

Engadida a posibilidade de xeolocalizar as mensaxes que enviemos ao noso Taboleiro e dúas novas opcións:

7.- Seguimentos: Dende aquí podemos acceder directamente ao Taboleiro daqueles usuari@s que sigamos.

Atopa puntos de interese compartidos por outros usuari@s

8.- Arredor: Esta opción de xeolocalización, permite ver as “marcas” ou “puntos de interese” que deixaron os usuari@s próximas a nosa localización ou ben buscar eses “puntos de interese” en calquera parte do mundo. As procuras faranse por categorías (interese, evento, restaurante, praia…).

MÁIS AQUÍ:

Aumentan as opcións de xeolocalización do Tabomobil coa inclusión das “Rutas”