(Leer en castellano)
Entre os moitos servizos que ofrece Cabozo como rede social, existen varios para os que non é necesario crear unha conta para poder gozar deles:
ACCEDE A UNHA GRAN FONTE DE INFORMACIÓN XERAL E DE GALICIA EN TEMPO REAL. E MOITO MÁIS!
Entre outras opcións, Novas de Cabozo (acceso permanente dende a portada de Cabozo) recolle automaticamente e en tempo real as noticias de portada dos principais medios online galegos e de fóra de Galicia. Ademais, ofrece a posibilidade de contrastar esas noticias noutros medios ou ver que se está a comentar nese momento en Twitter sobre elas.
ACCEDE ÁS FOTOS MÁIS GALEGAS DA REDE. E AOS VÍDEOS!
Engade a etiqueta #galicia ás fotos que compartes en Flickr, Instagram, Twitter, Photobucket… e aos vídeos que sobes a YouTube e tamén terán difusión, en tempo real, en Novas de Cabozo (selecciona as opcións no despregable). Ademais, os usuarios de Cabozo poderán compartir esas imaxes nos seus taboleiros cun simple clic de rato (van enlazadas á súa fonte orixinal) axudando aínda máis á súa difusión.
COÑECE SITIOS DE INTERESE E NEGOCIOS RECOMENDADOS POR OUTROS USUARIOS
Dende a portada de Cabozo tamén poderás acceder a Arredor, servizo de xeolocalización que permite aos usuarios desta rede social recomendar sitios ou negocios de interese mediante a súa localización nun mapa compartido. Xogando co zoom e desprazándote polo mapa poderás ver os sitios e negocios recomendados (pica sobre as marcas para ver info/comentarios) ou compartir zonas do mapa pero non poderás deixar comentarios nin crear novas marcas (só os usuarios rexistrados). Aquí podes ver un exemplo na zona de Viveiro.
ACCEDE A UNHA VERSIÓN REDUCIDA DOS TABOLEIROS PÚBLICOS DOS USUARIOS
Se coñeces o nome dalgún usuario de Cabozo poderás acceder, mediante a direccion cabozo.com/user/nomedeusuario, á versión “capada” do seu Taboleiro e ver os últimos contidos públicos que compartiu. Se queres estar informado das súas actualizacións podes subscribirte á canle RSS do seu taboleiro.
VISITA ALGÚNS DOS MELLORES CONTIDOS DE CABOZO
Seguindo as contas de Cabozo no Facebook, Twitter ou no propio Cabozo (acceso permanente en portada) poderás ver, practicamente a diario, algúns dos mellores contidos públicos compartidos nesta rede social.
DEIXA COMENTARIOS AÍNDA QUE NON SEXAS USUARIO REXISTRADO
Dende hai tempo, os usuarios de Cabozo poden compartir o que publican nesta rede social noutras web. Pois ben, calquera pode deixar comentarios a eses contidos aínda que non estea rexistrado. Só debes desprazarte cara a abaixo e no sitio reservado para enviar o comentario poñer un nome de usuario e escribir “persoa” no filtro anti spam. Aquí podes ver un exemplo.
DESCARGA A EXTENSIÓN “FERRAMENTAS LINGUA GALEGA” PARA GOOGLE CHROME
No seu afán por desenvolver ferramentas que poidan ser útiles á sociedade galega, e máis alá da propia rede social, o equipo de Cabozo creou esta extensión gratuíta para Google Chrome. Aquí podes ver as súas características e descargala: Ferramentas lingua galega
->
ÚNETE A CABOZO!
Pide o teu convite e goza de Cabozo sen limitacións rexistrándote na web! Ademais apoiarás unha rede social orixinal, única, diferente, 100% galega e creada baixo código bravú. Aposta polo “made in Galicia” real!