Posts Tagged ‘galicia’

Rita e Israel, usuari@s cabozeiros do momento :)

Miércoles, noviembre 7th, 2012

(…)

Rita e Israel, usuarios destacados do momento

Rita e Israel, Fernandezlandin e BarreiroBalea en Cabozo, toman o relevo de Breogahn e Lambereteira como usuarios destacados do momento! :) Vexamos que nos contaron das súas vivencias en Cabozo:

- Entrevista a Rita e Israel, os usuarios cabozeir@s do momento

Nova versión móbil de Cabozo (Tabomobil)

Lunes, octubre 22nd, 2012

(Pincha aquí para leer en castellano)

Nova versión de Cabozo para móbil

Estreamos nova versión web de Cabozo para móbil, coñecida entre os cabozeir@s como Tabomóbil :P

CREA UN ACCESO DIRECTO DENDE O ESCRITORIO DO TEU MÓBIL

Exemplo de acceso directo dende o noso móbil

Aínda que dende a portada de Cabozo atoparedes un acceso permanente ao Tabomóbil, é moito máis útil crear un acceso directo dende o escritorio do voso móbil para acceder coma se dunha aplicación se tratase (exemplo na imaxe superior)

Pantalla de login do Tabomobil

Accedede ao Tabomóbil dende o navegador do voso móbil e unha vez dentro, despois de meter o voso contrasinal e usuario, gardádeo en favoritos. Logo, xa poderedes crear o acceso directo.

OPCIÓNS DA NOVA VERSIÓN MÓBIL DE CABOZO

Pantalla principal do Tabomobil

Esta é a pantalla principal do Tabomóbil e dende ela poderemos acceder a todas as opcións. Vexamos que podemos facer dende cada unha delas:

Meu Taboleiro (muro):

Meu Taboleiro

Dende Meu Taboleiro podemos ver todo o que se publica no noso muro de Cabozo. Se alguén deixa algún comentario nalgunha desas publicacións debaixo da mesma veremos o “nº respostas” e picando sobre esa publicación veremos os devanditos comentarios. Na imaxe superior observamos como nunha das publicacións temos 3 respostas/comentarios. Se picamos sobre ela veremos eses comentarios:

Comentarios a unha das nosas publicacións

Nova Mensaxe:

Nova Mensaxe

Dende esta opción podemos publicar novas mensaxes no noso taboleiro (muro) e achegar unha imaxe e/ou un vídeo do YouTube. Ademais dásenos a opción de xeolocalizar a mensaxe e mesmo a posibilidade de crear unha marca (dun sitio de interese, praia, restaurante, etc.) á que logo o resto de usuarios poden acceder dende “Arredor“.

Respostas:

Respostas

Dende esta opción (que cambiará a cor vermella se hai novidades) veremos as respostas que recibamos a calquera conversación na que participemos nun taboleiro, sexa noso ou doutro usuari@. Se picamos sobre as devanditas respostas verémolas no fío orixinal. Podemos borrar dun golpe todas as respostas pendentes de ver picando en “Borrar pendentes“.

Lox:

 Lox, avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos

Como na versión web avísanos (cambiando a cor vermella) cada vez que se actualiza o taboleiro dun usuari@ ao que seguimos, cando empeza a seguir a outro usuario, cando sobe unha nova imaxe aos seus álbums, etc. Picando sobre os avatares accedemos ao taboleiro (muro) dese usuario.

Cabozadas:

Cabozadas

As Cabozadas son o gran punto de encontro para todos os usuarios de Cabozo, un chat global onde falar en tempo real con todos os usuarios que pasen por alí nese momento. É un gran escaparate onde podemos darnos a coñecer e dar difusión aos contidos do noso taboleiro (calquera usuario poderá ver o que aquí publiquemos aínda que non nos siga nin o sigamos). Do bo uso que fagamos das Cabozadas dependerá en boa medida o incremento do noso número de seguidores e con iso da nosa audiencia real en Cabozo. Pica sobre o texto das mensaxes para responder directamente.

Privados:

Mensaxes privados

Aquí veremos (cambia a cor vermella cando recibimos algún) as mensaxes privadas que recibamos. Picando sobre o texto das mesmas responderemos directamente, tamén de forma privada. Se picamos sobre “Contactos habituais” veremos os avatares daqueles usuarios cos que nos enviamos mensaxes privadas de forma habitual para facilitarnos acceder aos seus taboleiros e poder enviarlles novas mensaxes privadas.

Seguimentos:

Exemplo de pantalla de seguimentos

Avísanos dos usuarios que se conectaron máis recentemente a Cabozo de entre os que seguimos. Picando sobre os seus avatares poderemos acceder aos seus taboleiros, seguilos/deixar de seguilos ou enviarlles un privado.

Arredor:

Arredor, mapa global colaborativo para mostrar sitios de interese

Descobre sitios de interese (aloxamentos, bares, comercios, eventos, festas, noticias, praias, restaurantes, etc.) recomendados por outros usuari@s e cabozeiros próximos á túa localización real. Descobre tamén os doutras zonas desprazándote polo mapa e “xogando” co zoom.

Pica sobre as marcas para ver a información que conteñen

Picando sobre as marcas veremos a información que conteñen. Se picas sobre esa información aparecerá estendida e se hai, tamén os comentarios. Tamén poderás engadir comentarios aos que podes achegar imaxes. Street View dispoñible.

Rutas

Outras das peculiaridades de Arredor, nesta versión móbil de Cabozo, son as Rutas. As rutas indícannos como chegar dende a nosa localización actual até calquera dos puntos de interese marcados no mapa.

Por último comentar, que picando sobre os avatares dos usuarios en calquera parte do Tabomóbil accederemos a unha xanela que nos permitirá seguilo ou deixar de facelo, enviarlle unha mensaxe privada ou acceder ao seu taboleiro.

NOTA: Buscamos empresa ou desenvolvedor interesados en adaptar esta versión web de Cabozo para móbil a versións Android e iOS. Se é o teu caso non dubides en poñerte en contacto.

Ángel Folgueira habla sobre Cabozo en el canal internacional de TVE

Domingo, septiembre 30th, 2012

(Pica aquí para ler en galego)

Ángel Folgueira explica las peculiaridades de Cabozo

Ángel Folgueira, cofundador de Cabozo, habla sobre esta red social en “La Red, también gallega” reportaje sobre el gallego y las redes sociales  emitido recientemente en el programa Desde Galicia para el mundo del canal internacional de TVE.

Tve

En el mismo también podemos ver a Ian Vázquez, impulsor de “Twitter en galego XA!“, inicitiva que busca incorporar el gallego como opción en la configuración personal de Twitter.

Y hablando de Twitter… os recordamos que, además de en el propio Cabozo, también podéis seguir por allí las cuentas de sus responsables: @lexnalof, @deckarz y @cabozo_com

Os dejamos con el vídeo:

Actualizada a extensión para Google Chrome que facilita a consulta do dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego

Viernes, septiembre 21st, 2012

(…)

Extensión "Ferramentas idioma galego"

Lanzamos a actualización da extensión creada por Cabozo para Google Chrome que facilita a consulta do Dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego.

A nova versión desta extensión, da que no seu día se fixo eco a propia web da Real Academia Galega, engade, ás xa existentes, as seguintes opcións:

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en portugués

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en español

- Pronunciación do texto/palabra seleccionado en inglés

Adaptada as novas esixencias de Google, podédela descargar da Chrome Web Store dende aquí:

Ferramentas idioma galego


Cabozo.com na canle internacional de TVE :)

Viernes, septiembre 21st, 2012

(…)

Ángel Folgueira entrevistado para a canle internacional de TVE

Ángel Folgueira, un dos responsables de Cabozo, o pasado mércores en Lugo, charlando sobre esta rede social para unha reportaxe sobre o galego e as redes sociais que se emitirá o vindeiro sábado 29 de setembro no programa “Desde Galicia para el mundo” da canle internacional de TVE.

Cabozo.com no ascenso do Lugo a Segunda :)

Domingo, junio 24th, 2012

Vista xeral

Vinte anos despois o Lugo volve ser equipo de Segunda división :P tras superar unha complicada eliminatoria ante o histórico Cádiz que tivo que resolverse na quenda de penaltis. En Cabozo vivimos o ascenso xunto a miles de afeccionados lucenses na pantalla xigante instalada na praza de Augas Férreas. Deixámosvos fotos e vídeos dunha noite máxica para o CD Lugo e a cidade amurallada ;)

3 minutos de vídeo (en calidade Full HD) que reflicte a tensión vivida nos penaltis finais e a ledicia tras a consecución definitiva do ascenso :)

Aquí tedes unhas fotos do ambiente na praza de Augas Férreas

O Lugo xa é de Segunda

Sol e calor en Lugo para sufrir ante o Cádiz :)

O Lugo xa é de Segunda

Como podedes ver nin os romanos do Arde Lvcvs quixeron perder o partido :D

Nin os romanos quixeron perder o partido

E por fin, o Lugo xa era de segunda… Aparecen as primeiras bengalas

Lugo de Segunda

Xente chegando á Fonte do Rei :)

Fonte do Rei

E máis xente celebrando o ascenso…

Máis e máis xente na Fonte do Rei

O Lugo volve durmir 20 anos despois como equipo de Segunda!!! ;)

O Lugo durme sendo equipo de Segunda :)

Xa temos logo gañador do concurso de deseño #LogoCabozo17M :)

Miércoles, mayo 16th, 2012

Dende hai unhas horas xa loce na portada de Cabozo o deseño gañador do concurso #LogoCabozo17M, concurso ideado con motivo do Día das Letras Galegas 2012:

Deseño gañador do concurso #LogoCabozo17MEste deseño, que por primeira vez preside a portada de Cabozo non sendo o logo orixinal :) chega dende a Costa da Morte, máis concretamente dende Baio (Concello de Zas) da man do seu autor Marcos Martínez Romero.

Así se xestou o deseño gañador :P

Isto é o que contaba Marcos sobre o proceso de creación do seu traballo:

Proceso de creación do deseño

Trátase dunha interpretación de 2 tipos de cabozos: o de pedra e o de madeira (como adxunto na imaxe do proceso) fusionándose coa imaxe da persoa á que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano”

Noraboa polo traballo Marcos! ;)

Nos próximos días faráselle entrega da cesta de produtos lucenses doada por m-tic! e saberemos algo máis sobre o autor e a súa obra nunha entrevista para Galicia Confidencial.

Todos os deseños do concurso:

- Ver deseños finalistas

- Ver o resto de deseños

#LogoCabozo17M foi un concurso ideado por GalegoLab e Cabozo

Estes son os finalistas do concurso de deseño #LogoCabozo17M :)

Miércoles, mayo 16th, 2012
Xa temos finalistas

Xa temos finalistas! :)

Despois duns días de deliberación, estes son os 3 deseños que o xurado* do concurso #LogoCabozo17M quere destacar :P e de entre os cales sairá o gañador definitivo:

Finalista #LogoCabozo17M

Creado polo usuario de Cabozo: Eseoaneriveira

Así describe o seu deseño: O meu deseño é simple. Trátase do galardoado deste ano, Valentín Paz Andrade, simplificado e adaptado á bandeira Galega cruzando o seu peito. Búscase así que se recoñeza a este autor non só polos escritos, senón polo seu aspecto e relacionalo coa bandeira. Non é un logo permantente, pero para a ocasión, na que o importante é este escritor, creo cumpre as expectativas esperadas, debido tamén ao seu sinxelo deseño”

Finalista #LogoCabozo17MCreado pola usuaria de Cabozo: Eugznomeular

Así describe o seu deseño: Palabras de Paz Andrade nun cabozo”

Finalista #LogoCabozo17M

Creado polo usuario de Cabozo: M_martinez_arq

Así describe o seu deseño: Trátase dunha interpretación de 2 tipos de cabozos: o de pedra e o de madeira (como adxunto na imaxe do proceso) fusionandose coa imaxe da persoa a que se lle adica o día das letras galegas deste ano”

Un destes 3 deseños será o gañador definitivo do concurso!!! E… como saberemos quen é o gañador? :P Pois hoxe ao longo da tarde/noite aparecerá o deseño gañador na portada de Cabozo!!! Estade atentos!!! ;)

Agradecer ao resto de usuari@s a súa participación e a alta calidade tamén dos traballos achegados o que dificultou moito a elección dun único gañador. Graciñas!!! ;) (Ver o resto de deseños)

*Lembrar que o xurado do concurso está composto por algúns dos responsables de m-tic!, GalegoLab e Cabozo coa colaboración de Galicia Confidencial.

Extensión para Google Chrome que facilita a consulta do dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego

Domingo, abril 15th, 2012

(…)

Extensión de galego para Google Chrome

Dende Cabozo queremos compartir a extensión que creamos para facilitar a consulta do Dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego dende Google Chrome:

- Ferramentas de galego para Chrome

INCLÚE AS SEGUINTES OPCIÓNS

- Buscar a palabra seleccionada no dicionario da RAG

- Traducir o texto seleccionado de español a galego

- Traducir o texto seleccionado de inglés a galego

- Traducir unha web de español a galego

- Traducir unha web de inglés a galego

Tamén podes traducir textos ou webs

MÁIS FÁCIL IMPOSIBLE

Seleccionas un texto, pulsas sobre “botón dereito” no rato e aparecen todas as opcións dispoñibles ;)

OPCIÓN FIREFOX

Antón Méixome, do proxecto Trasno,  publicou unha extensión que facilita a consulta do diccionario dende Firefox

ACTUALIZACIÓN :)

Referencia a extensión na web da Real Academia Galega

A web da Real Academia Galega fixo mención á extensión para integrar o seu dicionario no navegador Google Chrome creada por Cabozo. (Parece que a web da RAG non mantén os enlaces. Se non atopades o artigo aquí tedes unha captura deste)

OPCIÓN OPERA

O usuario Enfeitizador explica nesta entrada de Cabozo como configurar o dicionario tamén no navegador Opera

Maratón solidaria coas enfermidades raras: 1 KM, 100 euros

Miércoles, marzo 28th, 2012

(…)

Dende FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) puxéronse en contacto con Cabozo para que axudemos a difundir esta acción solidaria.

Maratón solidaria coas enfermidades raras: 1 KM, 100 eurosCon motivo da próxima maratón Coruña 42, o 15 de abril, puxemos en marcha un proxecto de crowdfunding para conseguir fondos para FEGEREC na páxina migranodearena.org.

O noso reto é conseguir 100 euros por cada kilómetro da maratón, porque se unha maratón é unha proba de sacrificio, esforzo e vontade, vivir cunha enfermidade rara e/ou crónica tamén.

Todos os cartos recaudados serán destinados a financiar a asistencia sociosanitaria que ofrece FEGEREC (servizos de terapia ocupacional, fisioterapia, atención psicolóxica etc) na Coruña, Cabana de Bergantiños, Narón, Lugo, Pontevedra e Vigo.

É por iso que vos pedimos a vosa colaboración á hora de realizar microaportacións para esta causa e difundila entre os vosos amigos, familiares, redes sociais, etc.

Se es un dos participantes da maratón Coruña 42 e queres facer público o teu apoio a FEGEREC podes poñerte en contacto con nós en fegerec@gmail.com

Temos que conseguilo!