Archive for the ‘Colaboracións’ Category

Maratón solidaria coas enfermidades raras: 1 KM, 100 euros

Miércoles, marzo 28th, 2012

(…)

Dende FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) puxéronse en contacto con Cabozo para que axudemos a difundir esta acción solidaria.

Maratón solidaria coas enfermidades raras: 1 KM, 100 eurosCon motivo da próxima maratón Coruña 42, o 15 de abril, puxemos en marcha un proxecto de crowdfunding para conseguir fondos para FEGEREC na páxina migranodearena.org.

O noso reto é conseguir 100 euros por cada kilómetro da maratón, porque se unha maratón é unha proba de sacrificio, esforzo e vontade, vivir cunha enfermidade rara e/ou crónica tamén.

Todos os cartos recaudados serán destinados a financiar a asistencia sociosanitaria que ofrece FEGEREC (servizos de terapia ocupacional, fisioterapia, atención psicolóxica etc) na Coruña, Cabana de Bergantiños, Narón, Lugo, Pontevedra e Vigo.

É por iso que vos pedimos a vosa colaboración á hora de realizar microaportacións para esta causa e difundila entre os vosos amigos, familiares, redes sociais, etc.

Se es un dos participantes da maratón Coruña 42 e queres facer público o teu apoio a FEGEREC podes poñerte en contacto con nós en fegerec@gmail.com

Temos que conseguilo!

Cabozo une esforzos con m-tic! para ofrecer un deseño innovador e profesional que mellore a experiencia de uso da rede social galega

Lunes, abril 4th, 2011

159lovb1

Se de algo fomos conscientes en Cabozo dende que empezamos esta aventura é que o deseño da web nunca estivo á altura das funcionalidades que ofrecía. Ter optado polo camiño máis difícil desenvolvendo totalmente dende cero unha web de tal complexidade, unido aos poucos medios dispoñibles, fixo que ata agora practicamente todos os nosos esforzos se centrasen en desenvolver o “motor” da web e facer visible este proxecto. Así que se algunha materia pendente tiñamos cos nosos usuarios era precisamente a de intentar dotar a Cabozo dun deseño que mellorase a súa experiencia de uso.

Hoxe, grazas ao acordo de colaboración alcanzado coa empresa lucense m-tic!, iniciamos a conta atrás para ofrecervos, o antes posible, un deseño innovador, profesional e acorde á gran comunidade cabozeira.

cbym2

Aínda que levabamos algún tempo recibindo propostas de colaboración, bastante insistentes por certo, dende fóra de Galicia (sorprendente!) alégranos especialmente poder colaborar con m-tic! ademáis de por ser unha empresa da terra, porque reúne varias das características coas que nos sentimos identificados en Cabozo sendo unha empresa formada por un equipo de traballo novo e dinámico, comprometido, creativo e ademais, con sobrada experiencia.