Archive for the ‘cabozo’ Category

Cabozo.com remata o 2011 entre as webs galegas máis populares

Viernes, diciembre 30th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Cabozo.com entre as webs galegas máis populares

:D Quen nos ía dicir alá polo 2008 que Cabozo.com, aquela pequena web que estabamos a crear coa única pretensión de manter o contacto dun reducido grupo de colegas, acabaría aparecendo algún día na mesma lista na que aparecen webs de empresas ou institucións tan populares como Zara, o Deportivo da Coruña, Mundo R, Estrella Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, Rojadirecta, Novagalicia Banco, o Sergas, Blusens, Adolfo Dominguez… entre outras ;)

Ranking de Código Cero segundo Alexa

Por primeira vez tras 3 anos na rede galega, Cabozo entra no TOP100 de webs máis populares, ocupando o posto 98, como podedes observar no ranking elaborado por Código Cero.

Debemos valorar moi positivamente este feito máis sendo esta unha web creada totalmente dende cero baixo código propio, sendo por tanto unha web orixinal e cunha filosofía de uso propia, e desenvolvida por só dúas persoas no seu tempo libre coa dificultade engadida, a efectos de difusión, de ser unha web redactada exclusivamente en galego e totalmente independente.

Entre as webs en galego non institucionais, Cabozo ocupa o posto número 12 en popularidade sendo neste caso os tres primeiros postos para Mundo-r.com, Blogaliza e Código Cero.

novologo2012

Esta claro que isto non se lograría sen o apoio dos miles de seguidores, moitos xa coleg@s, que nun ou outro momento apostastes por Cabozo. Por iso dende aquí agradecémosvolo e aproveitamos, de paso, para desexarvos unhas felices festas e un próspero 2012!!! :D ;)

Suspéndese o desenvolvemento deste proxecto

Miércoles, noviembre 30th, 2011

Suspéndese o desenvolvemento de Cabozo despois de 4 anos

Despois de case 4 anos incorporando novas funcionalidades, redeseñando e mellorando as existentes, hoxe damos por cancelado o desenvolvemente de Cabozo.

A perda completa de ilusión e de motivación coa que se empezou esta aventura en 2008 é o principal motivo.

De momento Cabozo seguirá completamente operativo como ata agora, pero só se levarán a cabo tarefas de mantemento básicas como a corrección de pequenos erros que poidan xurdir.

Saúdos!

favfavfav

Cabozo, outra forma de entender as redes sociais

Miércoles, noviembre 2nd, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Deixemos clara unha cousa antes de empezar, a túa experiencia en redes sociais limítase só a redes tipo Facebook ou Tuenti? :P Pois cambia o chip agora mesmo! :)

Taboleiro (muro) dun usuari@ de Cabozo

A Cabozo non imos, en principio, a buscar os nosos marabillosos colegas ou esa/e veciñ@ do terceiro que está tan boa/bo e que se nos dá acceso á súa conta é ou porque non sabe como dicirnos que non, ou porque é tan ‘cotilla’ coma nós :D ou por que vai medio ‘piripi:P que si joer, que está moi boa/bo pero que agora non estamos a iso, a ver ho! :D Para ‘cotillear’ e ver o marabillosas e fantásticas que son as vidas dos nosos achegados, e deixar que ‘xoguen’ e se lucren coa nosa información persoal, xa temos os super mega chachi Facebook e compañía, non? :D ¬¬ Por certo, que perfectas parecen algunhas vidas nesas redes sociais verdade? :P Ben, imos ao noso ;)

Cabozeir@s, o nome que reciben os usuari@s de Cabozo

E diredes… e entón para que carallo serve Cabozo? Pódese facer algo máis que ‘cotillear’ aos nosos achegados nunha rede social? Pois si :D como ben saben e vos poden contar por exemplo os usuari@s de Twitter, ademais dos de Cabozo, claro! :) Se es usuario de Twitter asimilarás antes algúns conceptos de Cabozo por compartir estes certas similitudes cos de dito medio ollo, xa sabedes que o concepto é o concepto e iso é importante :D ¬¬ Iso si, agora que es libre de verdade :P intenta non pasar todo o día metido nas Cabozadas (a nosa “homenaxe” interna aos 140 carácteres :) ) e aínda que che custe un pouco librarte dese ‘límite dos 140 quen volo dera nas autoestradas, eh pillabáns? :D aproveita para descubrir un mundo novo con moitas máis posibilidades e no que as limitacións as marcas ti :D ;)

Cabozo facilíta máis opcións en cada post

A Cabozo vimos socializar con xente nova, a coñecer xente á que imos seguir porque nos resultan interesantes os contidos que compartan, por ter os mesmos intereses ca eles, as mesmas inquietudes, afeccións, etc.

En Cabozo interesa máis o que se di que quen o di. Por iso, e porque pasamos de lucrarnos cos vosos datos persoais, aquí non necesitamos que facilitedes ningún dato persoal para facer uso desta rede social ;) A nós non nos fan falta para nada e vós, chegado o caso, xa saberedes facilitar a vosa identidade a quen queirades como mellor vos pareza… non? :)

A todo isto… :D dende este momento xa podedes ir abandonando a desculpiña típica esa de que non vos unides a Cabozo porque aquí non coñecedes a ninguén… xa non é crible, eh? :D :P

Pois ben, se chegado ata aquí aínda che interesa saber como empezar a coñecer xente en Cabozo e como lograr que os contidos que compartes cheguen ao máximo número de usuarios posible, bótalle unha ollada aos enlaces que tes ao final desta entrada :)

"Arredor", novo servizo de xeolocalización de Cabozo

Se non, podes ir por onde viñeches, pecha a porta a modiño que vai viruxe, e… sorte por eses mundos tan abandonados da man do respecto á vosa privacidade! :D ¬¬

Bo vale! non me mires así! espera! :D Antes de que te vaias… se a ti o que che mola é relacionarte só cos teus achegados de forma privada aínda hai unha esperanza para ti! :P iso si, véxoo chungo, chungo porque… serás capaz de arrancar aos teus colegas ou noiv@ do Tuenti ou do Facebook? Dubídoo moito, non te vexo eu a ti… Ummm, non sei :D :P Ben, de todos os xeitos, se o lograses tamén poderás facer un “uso Facebook/Tuentide Cabozo a través dos múltiples grupos privados que podes crear para falar e compartir dun xeito sinxelo as túas fotos, vídeos, arquivos, etc. cos grupos de persoas que ti queiras… Vamos, que ademais poderás gozar da “super novidade” dos círculos Google pero sen círculos e á galega, como o polbo! :P :D E xa dispoñible por aquí dende o 2008. Pero… isto non o inventaran os de Google+? :D Ou só o redondearon? :P :D ¬¬

1.- Como deixar de ser a muller ou o home invisible en Cabozo :D e empezar a seguir outros usuari@s

2.- Como facer para que os contidos que compartimos en Cabozo cheguen ao máximo número de usuari@s

Como facer para que os contidos que compartimos en Cabozo cheguen ao máximo número de usuari@s

Viernes, octubre 28th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

O primeiro que debemos ter claro é que aínda que en Cabozo existen distintos espazos onde publicar contidos, debe ser o noso Muro ou Taboleiro o espazo principal para publicar e compartir contidos co resto de usuarios, reservando outros espazos como as Cabozadas ou os Grupos para darnos a coñecer e intentar captar a atención doutros usuarios para que nos sigan.

Quen pode ver o meu Taboleiro? Que sucede cando creo contido no meu Taboleiro?

Pestana Lox: avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que segues

Aínda que en principio calquera usuario rexistrado en Cabozo pode chegar ata o noso Taboleiro e ver os contidos que publicamos, só aqueles usuarios que nos seguen reciben avisos automáticos das nosas actualizacións cando creamos contidos no noso muro (nas súas pestana “Lox“), de aí a importancia de ter o maior número posible de seguidores . A maior número de seguidores maiores posibilidades de difusión terán as nosas publicacións. A nosa verdadeira audiencia en Cabozo son os nosos seguidores.

Quen pode publicar no meu Taboleiro?

En Cabozo calquera usuario pode publicar no noso Taboleiro. Iso si, ti terás a última palabra, xa que en calquera momento podes eliminar aquilo que non queiras que apareza no teu Taboleiro. Aínda así, antes de eliminar contidos alleos do teu Taboleiro valora ben a devandita opción xa que pode non sentar ben a quen o publicou. Outra cousa que debemos ter en conta é que en Cabozo non podemos bloquear ningún usuario, aínda que si eliminalo da nosa lista de seguidores e con iso evitar que reciba os avisos automáticos das nosas actualizacións.

Tendo todo isto claro, que podemos facer entón para lograr máis visitas ao noso Taboleiro e polo tanto que as nosas publicacións teñan maior difusión? Ben, eu aconsellaríavos seguir as seguintes recomendacións:

1.- Crea contido de calidade. En función da audiencia que queiras captar ninguén mellor ca ti saberá cales son os temas que poden xerar maior interese. Dentro deses temas, canto máis novidosas, actuais ou interesantes sexan as túas publicacións máis interese suscitarán.

O noso Taboleiro (muro) é o espazo principal para publicar e compartir contidos en Cabozo

2.- Procura que os contidos que publiques sexan o máis vistosos posibles. En Cabozo podes achegar ao mesmo tempo unha imaxe (jpeg) e un vídeo de Youtube (que se publicará para visualizar directamente) aos textos e enlaces que vaias publicar. Temos máis que comprobado que teñen moitas máis visitas as publicacións que achegan algún elemento visual (foto/vídeo) que as que non.

3.- Faite visible na web. De nada valerá que teñas os contidos máis vistosos e de maior calidade se ninguén sabe que existen. Aquí podes ler 8 pasos a seguir para deixar de ser invisible en Cabozo.

4.- Aproveita as posibilidades de difusión que che ofrecen os Grupos/foros de Cabozo. Existen xa máis de 120 grupos públicos de diversas temáticas. Participa naqueles cuxa temática se axuste mellor coa audiencia que queres conseguir. Publica tamén alí contidos, comenta os xa existentes e de cando en vez, aínda que non debes abusar desa posibilidade, publica “mensaxes gancho” para atraer usuarios ao teu Taboleiro do tipo “primeiras imaxes da próxima película de Steven Spielberg. Vídeo no meu Taboleiro“, por poñer un exemplo.

"CabozoViaxes", un dos 120 grupos públicos de Cabozo

5.- Espreme todo o potencial das Cabozadas, un dos sinais de identidade desta rede social e que che brinda unha posibilidade que non encontrarás nin en Twitter, nin en Facebook, Tuenti, Google+, etc. Nas Cabozadas podes chegar a dialogar ao mesmo tempo, mediante mensaxes curtas de non máis de 140 carácteres (é o único espazo de Cabozo onde as mensaxes teñen limitación de carácteres), con calquera usuario rexistrado en Cabozo sígalo ou non, sígate ou non. Ademais calquera outro usuario poderá ler todo o que aquí enlaces ou publiques. Podemos dicir que as Cabozadas son un grande escaparate dentro de Cabozo e o nexo de unión de todos os usuarios rexistrados na web. Unha parte importante do éxito que teñas na captación de novos seguidores dependerá do uso máis ou menos intelixente que fagas desta ferramenta de Cabozo.

Pasa habitualmente polas Cabozadas, conversa cos usuarios que te encontres nese momento, se non os coñeces pica sobre as súas imaxes de usuario e aproveita para botar unha ollada aos contidos dos seus Taboleiros e para ver os seus perfís de usuario, sígueos se te resultan interesantes, comenta as súas entradas e se hai algunha que che resulte de interese para o teu Taboleiro, cópiaa, pero todo iso sen perder o fío da conversación que iniciases nas Cabozadas.

Se te perdes marca a opción “quedin” para ver se alguén te mencionou. Aproveita tamén o teu paso polas Cabozadas para deixar, de cando en vez, “mensaxes gancho” que atraian novos usuarios ao teu Taboleiro, aproveita para iso por exemplo os momentos de menos actividade xa que cando hai moita xente falando ao mesmo tempo adoitan “perderse” rápido as mensaxes.

"Arredor", novo servizo de xeolocalización

Todas estas recomendacións poden ser apoiadas polo uso axeitado doutras ferramentas de Cabozo como as Canles de TV, cos cales podes emitir en directo ou en diferido para o resto de usuarios, Arredor“, o novo servizo de xeolocalización que podes utilizar para xerar contidos e difundir un determinado local ou lugar, etc.

Dispoñible a nova versión de Cabozo dende primeira hora da mañá! :)

Sábado, octubre 15th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

A nova versión de Cabozo dispoñible dende primeira hora da mañá

Dende primeira hora da mañá de hoxe, sábado 15 de outubro de 2011, tedes á vosa disposición a nova versión de Cabozo.

m-tic! deseño e comunicaciónEsta nova versión chega grazas ao acordo de colaboración alcanzado hai uns meses coa empresa lucense de deseño m-tic! á que dende aquí queremos agradecer a súa colaboración sen ningún tipo de contraprestación económica de por medio, algo moi difícil de lograr nos tempos que corren. Graciñas rapazas! ;)

Recomendamos que fagades un F5 en cada ‘rinconciño’ de Cabozo ao que entredes para que o navegador vaia refrescando e poidades ver perfectamente a nova versión da web

Saúdos! ;)

Como invitar aos teus colegas a Cabozo

Viernes, octubre 14th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Cabozo é unha rede social á que só se pode acceder mediante convite por iso todos os usuari@s rexistrados na web contan con 5 convites convites ilimitados para invitar a quen queiran a Cabozo.

Enviar un convite é moi doado

Para enviarlle un convite a alguén para unirse a Cabozo, só temos que ir a Usuari@s de Cabozo/Búscas nas opcións da ‘caixa’ da dereita, estando situado en calquera das pestanas do noso Taboleiro (meu taboleiro, cabozadas, lox, novas ou notas).

Usuari@s de Cabozo/Búscas

Unha vez dentro veremos a opción Convida a un colega a ser cabozeiro! onde deberemos escribir a dirección de correo da persoa a invitar e despois picar en Enviar.

Agora temos convites ilimitados

Feito isto, a persoa invitada recibirá un correo co enlace de acceso á páxina de rexistro (Ás veces poden recibir o convite no ‘spam’, o cal non está de máis advertir). Este é o correo que recibirán, cambiando o nome de Deckarz polo voso:

Novos convites

Se tes calquera problema cos convites coméntanolo en: achegas@cabozo.com

Benvid@! Aprende a espremer todo o potencial do novo Cabozo dende o primeiro día ;)

Viernes, octubre 14th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Benvid@ a Cabozo!

Cabozo é unha rede social creada totalmente dende cero baixo código propio. Como todo ‘produto’ único e orixinal conta cunha filosofía de uso propia, coñécela? Sabes como invitar a Cabozo aos teus coñecidos? Sabías que Cabozo ofrece servizos exclusivos aos seus usuarios como a posibilidade de contar cunha canle de TV persoal para emitir en directo ou en diferido para o resto de usuarios?…

Pica sobre as seguintes opcións para coñecer máis sobre elas:

- Cabozo, outra forma de entender as redes sociais

- Realmente coñeces a filosofía de uso de Cabozo? Aquí tes algunhas pistas!

- Queres invitar a outra persoa, empresa ou asociación a Cabozo e non sabes como? Preme sobre este texto!

- A nosa primeira vez en Cabozo ;)

- A importancia dos ‘seguimentos’ en Cabozo

- Canles de TV e Videochamadas en Cabozo

- Coñeces a túa dirección de Cabozo? Le isto!

- Arredor: a xeolocalización chega a Cabozo

- Tabomobil: a nova versión web de Cabozo para smartphone

- As contas de Cabozo noutras redes sociais


Moita máis información e toda a actualidade sobre Cabozo no… Cabozo blog! ;)

Se non nos queren ‘ímonos’, pero que logo non nos veñan con contos

Sábado, octubre 8th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Competir nun sector onde os rivais son nada máis e nada menos que Facebook, Twitter, Google e compañía é realmente complicado. Si, nós non competimos contra o bar da esquina ou contra “Talleres Manoliño” senón contra eses xigantes internacionais…

Se a esa dificultade sumamos as limitacións que en moitos aspectos supón dirixir o noso produto case exclusivamente aos cidadáns galegos e, dentro deles, especialmente aos que falan en galego a cousa complícase aínda máis.

Facer todo isto de forma independente multiplica os obstáculos que atopamos no camiño. Que un proxecto como o noso estea por exemplo nalgunha “lista negra” por non facer o conto e defender os nosos intereses é para botarse a rir… por non chorar :(

Que moitos dos que din defender o galego, en 3 anos, non desen nin unha simple oportunidade para coñecer e ver o pontencial desta ferramenta “made in Galicia” é para mandar todo á merda hai moito tempo…

Combarro

Poder ir ou non logo xa é outra cousa, pero que só contasen con Cabozo nun ou dous eventos dos moitos que hai hoxe en día na xeografía galega sobre redes sociais, case un por semana :P é un claro exemplo, polo moito que deixa entrever, do ridículo nivel de quen pretende ‘representar’ o social media galego ou/e do pouco valor que por estas terras se lles dá aos nosos productos orixinais.

Se despois de 3 anos na rede galega os cidadáns aos que foi dirixido Cabozo non fan un uso desta plataforma como para que compense mínimimente os enormes esforzos que supón manter e desenvolver un proxecto como este, unha de dúas: ou pechamos e punto ou intentamos buscarnos a vida noutro lado.

E a verdade, despois de todos os traballiños pasados durante 4 anos desenvolvendo dende cero un produto único, orixinal e cunha filosofía de uso propia, a idea de pechar non nos fai nin puta graza así que xa sabedes cal sería a nosa primeira opción.

Chegado o caso, non aceptaremos ningún tipo de lamento ou crítica e moito menos vindo daqueles grazas a cuxa indiferenza ou pasotismo este proxecto poida verse obrigado a converterse en algo distinto ao que pretendeu ser, un produto galego alternativo, feito por e para os usuarios galegos e redactado integramente na nosa lingua.

E todo isto dicímolo agora que estamos a punto de presentar unha nova versión de Cabozo cun deseño moito máis atractivo, o último esforzo para ver se realmente este produto é viable (en termos de uso) como produto dirixido exclusivamente a usuarios galegos.

Se non funciona “ímonos” e non pasa nada. Agora ben, que despois non saian os 4 ridículos de sempre a tocar as pelotas cando reformulemos outras opcións para seguir “vivos”. Como por exemplo aqueles, que agora din non usar Cabozo porque é unha web “pechada” cando Cabozo foi unha web de acceso libre durante anos e a día de hoxe aínda non se lle negou un convite a ninguén.

É algo tan sinxelo coma… se non nos queren ímonos pero que logo non nos veñan con contos ;)

Os ‘espellos’ de Cabozo noutras redes sociais

Lunes, octubre 3rd, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Coa idea de axudar á difusión desta rede social creamos algunhas contas ‘espello’ de Cabozo noutras redes sociais. Nelas poderás encontrar unha pequena mostra dos variados contidos que a diario comparten os usuarios en Cabozo. Tamén poderás contactar con usuarios rexistrados e pedirlles un convite para poder unirte a esta rede social se… aínda non o fixeches?! :|

As contas de Cabozo noutras redes sociais son as seguintes (pica sobre as imaxes para acceder a elas):

Esta é a nosa conta no Twitter

Esta é a nosa conta no Twitter

- En Twitter contamos coa maior comunidade de usuarios fóra de Cabozo. No momento da publicación desta entrada contamos con máis de 1.250 seguidores :D

A nosa páxina no Facebook

A nosa páxina no Facebook

- En Facebook contamos cunha páxina seguida neste momento por máis de 330 persoas.

A nosa páxina en Tuenti

A nosa páxina en Tuenti

- Tamén contamos dende hai pouco cunha páxina en Tuenti á cal xa se uniron 190 persoas.

Cabozo Televisión, a nosa canle en Youtube

Cabozo Televisión, a nosa canle en Youtube

- Esta mesma semana creamos “Cabozo Televisión“, a nosa canle en YouTube, por agora sen demasiados contidos :)

Calquera outra conta, perfil ou páxina, que non sexan as que aquí mostramos nada teñen que ver con Cabozo.com. Se sospeitas que alguén pode estar a facerse pasar por nós agradeceriamos que nos avisases a través da conta de correo: achegas@cabozo.com. Graciñas ;)

A evolución das páxinas de inicio de Cabozo

Miércoles, septiembre 28th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Co novo deseño da web esperando á volta da esquina :D aproveitamos para facer un pequeno repaso á historia de Cabozo recordando as distintas páxinas de inicio que tivo durante estes anos. Ademais presentamos a que será definitivamente a próxima “portada”.

Pantry, a precursora de Cabozo

Pantry, a precursora de Cabozo

Se hai algo pouco coñecido de Cabozo é que cando xurdiu este proxecto a finais de 2007, Antonio Mariño (Deckarz) bautizouno como Pantry (despensa, en inglés) denominación que mantivo unhas poucas semanas. Como podedes ver na imaxe superior, a pantalla de inicio de Pantry xa adiantaba os característicos tons laranxas de Cabozo ademais das cores e o tipo de fonte do futuro logo de Cabozo.

Primeira páxina de inicio de Cabozo como tal

Primeira páxina de inicio de Cabozo como tal

En xuño de 2008, despois duns meses nos que a web estivo redactada integramente en inglés para facilitar o seu uso a usuarios alemáns, outra das curiosidades de Cabozo, decídese traducir a web ao galego. Na imaxe superior podedes ver o que consideramos a primeira portada de Cabozo xa redactada integramente en galego e uns meses antes de iniciar a súa aventura pública na rede galega.

A portada de Cabozo máis lonxeva ata agora e probablemente a máis popular

A portada de Cabozo máis lonxeva ata agora e probablemente a máis popular

En marzo de 2009, aberta xa ao público galego, sendo Ángel Folgueira (LegnaLof) o principal impulsor da devandita apertura, a páxina de inicio recibe unha importante mellora gráfica grazas á colaboración de Fausto Cora. Ata agora esa é a portada de Cabozo que máis tempo permaneceu como páxina de inicio da web e probablemente a máis popular para moitos usuarios. Por primeira vez o característico cabozo (hórreo) do logo adquire maior presenza na portada como podedes ver na imaxe superior.

A portada do actual Cabozo que en breve será substituída

A portada do actual Cabozo que en breve será substituída

Tras a decisión de limitar o rexistro de novos usuarios unicamente a convite e para facilitar o uso crecente da web dende smartphones, en xaneiro de 2011 decídese cambiar a páxina de inicio por unha versión minimalista. Como curiosidade podemos dicir que é a primeira portada de Cabozo que non conta coa opción para darse de alta libremente na web e a primeira que co tempo acabou incorporando utilidades como o Tabomobil (versión móbil da web) ou Arredor (xeolocalización en Cabozo).

A portada de Cabozo durante as mobilizacións cidadás do 15M

A portada de Cabozo durante as mobilizacións cidadás do 15M

En Maio de 2011, durante as mobilizacións cidadás do 15M, decídese modificar a portada de Cabozo para crear unha versión especial que dese cobertura en tempo real ás principais acampadas galegas e á #acampadasol. Esta versión da portada aínda é accesible dende aquí.

E finalmente, esta será a próxima páxina de inicio da web. A imaxe do futuro Cabozo que en breve dará un importante salto de calidade no apartado gráfico grazas a un deseño acorde, por fin, ao enorme potencial desta rede social :D

En breve, a próxima páxina de inicio de Cabozo

En breve, a próxima páxina de inicio de Cabozo