Realmente coñeces a filosofía de uso de Cabozo? Aquí tes algunhas pistas!
(Lectores no gallegos pinchad aquí)
O primeiro que debe ter claro quen entra por primeira vez en Cabozo é que, ao contrario do que adoita ser habitual en redes sociais como Facebook ou Tuenti, Cabozo está máis orientado a que os usuari@s sigan a outros usuarios máis polo interese que xeren os seus contidos na web que polo feito de ter unha relación previa de colegueo ou amizade entre eles (aínda que esta adoita xurdir co tempo)
Digamos que Cabozo é unha web con posibilidades similares as de Facebook pero para facer uso delas, en canto a nosa relación co resto de usuarios, cunha filosofía máis próxima á de Twitter.
É por iso que os usuarios afeitos a usar Facebook ou Tuenti encontrarán como principal diferenza en Cabozo o feito de que aquí o noso Taboleiro (o que ven a ser o “muro” en Facebook) sempre é público e calquera usuario que acceda a el poderá ver o seu contido (non así os nosos álbums de fotos que poderemos marcar como públicos ou privados)
Tamén debemos ter claro que só aqueles usuarios que nos sigan recibirán avisos automáticos (Lox) das nosas actualizacións, polo tanto, a nosa principal “audiencia” en Cabozo serán os nosos seguidores, independentemente de que puntualmente outros usuarios poidan acceder ou non ao noso Taboleiro.
Se entendemos a filosofía de Cabozo non debería alterarnos ou incomodarnos, senón máis ben todo o contrario, ver que empezamos a ser seguidos por usuarios que non coñecemos de nada, simplemente será o reflexo de que o contido que compartimos na web xera interese noutros usuarios e por iso deciden seguirnos.
Só da nosa simpatía e do interese que xeremos cos nosos contidos dependerá que aumente ou non o noso número de seguidores en Cabozo e polo tanto a nosa audiencia e influencia na rede.
Non cansaremos de repetir que “seguir” e “ser seguido” en Cabozo é moi importante (pica aquí para ver as razóns)
Que pasa se ademais de todo o anterior só (ou tamén) queremos utilizar Cabozo para relacionarnos de forma privada cos nosos achegados?
Pois que tamén podemos. Para iso Cabozo pon a nosa disposición a posibilidade de crear tantos grupos privados como desexemos aos que poderemos invitar a quen queiramos para compartir neles as nosas inquietudes, fotos, vídeos, enlaces, arquivos, etc. de forma totalmente privada. Así, por exemplo, poderemos ter un grupo coa nosa parella, outro cos nosos amigos, outro para a nosa familia, etc.
Aclarar por último que aínda que decidimos que Cabozo fose unha web redactada integramente en galego respectamos e nada temos en contra do uso doutras linguas na web. Sede conscientes, iso si, que ao usar o chinés mandarín “chegaredes” a menos xente que se usades o alemán, se de Cabozo falamos