Se non nos queren ‘ímonos’, pero que logo non nos veñan con contos
Sábado, octubre 8th, 2011(Lectores no gallegos pinchad aquí)
Competir nun sector onde os rivais son nada máis e nada menos que Facebook, Twitter, Google e compañía é realmente complicado. Si, nós non competimos contra o bar da esquina ou contra “Talleres Manoliño” senón contra eses xigantes internacionais…
Se a esa dificultade sumamos as limitacións que en moitos aspectos supón dirixir o noso produto case exclusivamente aos cidadáns galegos e, dentro deles, especialmente aos que falan en galego a cousa complícase aínda máis.
Facer todo isto de forma independente multiplica os obstáculos que atopamos no camiño. Que un proxecto como o noso estea por exemplo nalgunha “lista negra” por non facer o conto e defender os nosos intereses é para botarse a rir… por non chorar
Que moitos dos que din defender o galego, en 3 anos, non desen nin unha simple oportunidade para coñecer e ver o pontencial desta ferramenta “made in Galicia” é para mandar todo á merda hai moito tempo…
Poder ir ou non logo xa é outra cousa, pero que só contasen con Cabozo nun ou dous eventos dos moitos que hai hoxe en día na xeografía galega sobre redes sociais, case un por semana é un claro exemplo, polo moito que deixa entrever, do ridículo nivel de quen pretende ‘representar’ o social media galego ou/e do pouco valor que por estas terras se lles dá aos nosos productos orixinais.
Se despois de 3 anos na rede galega os cidadáns aos que foi dirixido Cabozo non fan un uso desta plataforma como para que compense mínimimente os enormes esforzos que supón manter e desenvolver un proxecto como este, unha de dúas: ou pechamos e punto ou intentamos buscarnos a vida noutro lado.
E a verdade, despois de todos os traballiños pasados durante 4 anos desenvolvendo dende cero un produto único, orixinal e cunha filosofía de uso propia, a idea de pechar non nos fai nin puta graza así que xa sabedes cal sería a nosa primeira opción.
Chegado o caso, non aceptaremos ningún tipo de lamento ou crítica e moito menos vindo daqueles grazas a cuxa indiferenza ou pasotismo este proxecto poida verse obrigado a converterse en algo distinto ao que pretendeu ser, un produto galego alternativo, feito por e para os usuarios galegos e redactado integramente na nosa lingua.
E todo isto dicímolo agora que estamos a punto de presentar unha nova versión de Cabozo cun deseño moito máis atractivo, o último esforzo para ver se realmente este produto é viable (en termos de uso) como produto dirixido exclusivamente a usuarios galegos.
Se non funciona “ímonos” e non pasa nada. Agora ben, que despois non saian os 4 ridículos de sempre a tocar as pelotas cando reformulemos outras opcións para seguir “vivos”. Como por exemplo aqueles, que agora din non usar Cabozo porque é unha web “pechada” cando Cabozo foi unha web de acceso libre durante anos e a día de hoxe aínda non se lle negou un convite a ninguén.
É algo tan sinxelo coma… se non nos queren ímonos pero que logo non nos veñan con contos