Posts Tagged ‘convites’

Como invitar aos teus colegas a Cabozo

Viernes, octubre 14th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Cabozo é unha rede social á que só se pode acceder mediante convite por iso todos os usuari@s rexistrados na web contan con 5 convites convites ilimitados para invitar a quen queiran a Cabozo.

Enviar un convite é moi doado

Para enviarlle un convite a alguén para unirse a Cabozo, só temos que ir a Usuari@s de Cabozo/Búscas nas opcións da ‘caixa’ da dereita, estando situado en calquera das pestanas do noso Taboleiro (meu taboleiro, cabozadas, lox, novas ou notas).

Usuari@s de Cabozo/Búscas

Unha vez dentro veremos a opción Convida a un colega a ser cabozeiro! onde deberemos escribir a dirección de correo da persoa a invitar e despois picar en Enviar.

Agora temos convites ilimitados

Feito isto, a persoa invitada recibirá un correo co enlace de acceso á páxina de rexistro (Ás veces poden recibir o convite no ‘spam’, o cal non está de máis advertir). Este é o correo que recibirán, cambiando o nome de Deckarz polo voso:

Novos convites

Se tes calquera problema cos convites coméntanolo en: achegas@cabozo.com

Cabozo volve as súas orixes e convértese, de novo, nunha web privada á que só se poderá acceder por convite. Explicamos os motivos

Viernes, enero 28th, 2011

convite

Pois si! Tras dous anos na rede galega estamos reformulándonos seriamente se paga a pena seguir ou non con este proxecto… Manda carallo! Que difícil é encontrar adeptos en Galicia sen SocialEngine de por medio! :D Cremos que Cabozo é unha web desaproveitada para o que ofrece, que o uso que se lle dá, a nosa única motivación para seguir adiante, empeza a non compensar o enorme esforzo e as moitas horas de dedicación que require sacar adiante un proxecto como este. E vemos con certa resignación como a sociedade galega non acaba de apostar, ademais de polas redes sociais internacionais, pola única rede social propia, orixinal e na súa lingua.

cbzleisinde

Ante esta orquestra… digo ante este panorama :) optamos por recuperar a filosofía inicial de Cabozo, que pasa a ser de novo unha web privada, esperando non ver na web, nestes próximos 4 ou 5 meses, unha actividade parecida ao resultado da aplicación da Lei Sinde :P que nos obrigue finalmente a reorientar o proxecto a “mercados máis agradecidos” ou… a abandonalo definitivamente, opción esta última que sería a que máis pena nos daría pero a única que nos aseguraría mellorar o noso poder adquisitivo :)

burramiavoz

Se algo si temos claro despois de todo este tempo, ademais de saber o perigosos que poden chegar a ser os parvos motivados (véxase senón o exemplo dese que a lía pervi, digo parda :D cada vez que lle deixan escribir sobre tecnoloxía nese xornal que di dar Voz a Galicia :) ), é que Cabozo non pode nin debe vivir nin do tráfico da web (máis que aceptable para ser unha web que require de rexistro obrigatorio) nin do número de usuarios rexistrados, máis de 3.500. De que serve unha rede social con moitos usuarios pero que apenas participen? Nós cremos que para nada salvo para darlle algo que copiar e pegar ao maior troll-eiro :D galego de todos os tempos… e para iso quedamos na casa coloreando coas nosas pinturas da marca TiTantoSabesAzlotuz :)

userscabozo

Cremos polo tanto que a principal consecuencia de “privatizar” Cabozo (Non, non! Tranquilos que non nos vendemos a ese partido político que todos estades a pensar… :D ), que agora só se poida acceder á web mediante convite, non só non ten porque ir en contra do desenvolvemento futuro de Cabozo, como algúns poden pensar, senón que debería servir como un elemento dinamizador da actividade dos actuais e futuros usuarios, e polo tanto da verdadeira razón de ser deste tipo de webs: a participación.

Con esta medida podemos, por un lado, minimizar o máximo posible o rexistro masivo de usuarios (normalmente motivados por marabillosas :D publicacións na prensa sobre Cabozo :P canto sensacionalismo mimá!) que chegan “por botar unha ollada” e sen tempo nin ganas para coñecer o que realmente lles pode ofrecer a web, desaparecen para sempre. O problema deste tipo de rexistros xa non é que non acheguen nada ao proxecto, senón que por descoñecemento, poden chegar a dar unha imaxe irreal e negativa do que verdadeiramente é Cabozo.

senscionalismoprensa

Queremos que a maioría dos futuros usuarios cheguen a Cabozo por algún tipo de vínculo con usuarios da web (amizade, “colegueo”, proximidade…)

Por outro lado cremos que adoptando esta medida convertemos os nosos usuarios, aínda máis, nos verdadeiros xuíces do futuro de Cabozo. Agora só eles teñen o poder de decidir se queren que isto siga crecendo, invitando a xente comprometida e que participe activamente na web, ou non, invitando a usuarios sen ningún vínculo ou interese na web ou, simplemente, non invitando (recomendando) a web a ninguén.

1_android_eating_apple

Que che parece que na web hai moitos usuarios que falan alemán e son pro iPhone :P e a ti gustaríache que houbese máis usuarios que falasen inglés e fosen pro Android? :) Agora está nas túas mans! Ti decides quen entra en Cabozo!

Probablemente os que máis beneficiados saen de todo isto son os nosos Superusuarios :D ou usuarios máis activos, que agora teñen nas súas mans a capacidade real de decidir que vai pasar con Cabozo. Eles son a verdadeira esperanza deste proxecto e do uso que fagan durante os próximos meses dos seus novos “poderes” :) (os convites) dependerá en boa medida o futuro de Cabozo.

29806_1236311607_large

Con iso non queremos criticar os usuarios pasivos, que sempre serán necesarios en certa medida, para que os activos sexan o que son :D Difícilmente os usuarios activos poderíanse realizar sen pasivos…

convites2011

Como enviar convites?

Xa podes enviar convites dende a opción “Usuarios de Cabozo. Unha vez dentro atoparedes a ferramenta que permite enviar convites vía correo electrónico (pica para ver sobre a imaxe anterior). Cada usuario dispón de 5 convites.

E TI QUE OPINAS DE TODO ISTO? O principio do fin ou a fin dunha etapa?