Posts Tagged ‘contenido’

Como facer para que os contidos que compartimos en Cabozo cheguen ao máximo número de usuari@s

Viernes, octubre 28th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

O primeiro que debemos ter claro é que aínda que en Cabozo existen distintos espazos onde publicar contidos, debe ser o noso Muro ou Taboleiro o espazo principal para publicar e compartir contidos co resto de usuarios, reservando outros espazos como as Cabozadas ou os Grupos para darnos a coñecer e intentar captar a atención doutros usuarios para que nos sigan.

Quen pode ver o meu Taboleiro? Que sucede cando creo contido no meu Taboleiro?

Pestana Lox: avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que segues

Aínda que en principio calquera usuario rexistrado en Cabozo pode chegar ata o noso Taboleiro e ver os contidos que publicamos, só aqueles usuarios que nos seguen reciben avisos automáticos das nosas actualizacións cando creamos contidos no noso muro (nas súas pestana “Lox“), de aí a importancia de ter o maior número posible de seguidores . A maior número de seguidores maiores posibilidades de difusión terán as nosas publicacións. A nosa verdadeira audiencia en Cabozo son os nosos seguidores.

Quen pode publicar no meu Taboleiro?

En Cabozo calquera usuario pode publicar no noso Taboleiro. Iso si, ti terás a última palabra, xa que en calquera momento podes eliminar aquilo que non queiras que apareza no teu Taboleiro. Aínda así, antes de eliminar contidos alleos do teu Taboleiro valora ben a devandita opción xa que pode non sentar ben a quen o publicou. Outra cousa que debemos ter en conta é que en Cabozo non podemos bloquear ningún usuario, aínda que si eliminalo da nosa lista de seguidores e con iso evitar que reciba os avisos automáticos das nosas actualizacións.

Tendo todo isto claro, que podemos facer entón para lograr máis visitas ao noso Taboleiro e polo tanto que as nosas publicacións teñan maior difusión? Ben, eu aconsellaríavos seguir as seguintes recomendacións:

1.- Crea contido de calidade. En función da audiencia que queiras captar ninguén mellor ca ti saberá cales son os temas que poden xerar maior interese. Dentro deses temas, canto máis novidosas, actuais ou interesantes sexan as túas publicacións máis interese suscitarán.

O noso Taboleiro (muro) é o espazo principal para publicar e compartir contidos en Cabozo

2.- Procura que os contidos que publiques sexan o máis vistosos posibles. En Cabozo podes achegar ao mesmo tempo unha imaxe (jpeg) e un vídeo de Youtube (que se publicará para visualizar directamente) aos textos e enlaces que vaias publicar. Temos máis que comprobado que teñen moitas máis visitas as publicacións que achegan algún elemento visual (foto/vídeo) que as que non.

3.- Faite visible na web. De nada valerá que teñas os contidos máis vistosos e de maior calidade se ninguén sabe que existen. Aquí podes ler 8 pasos a seguir para deixar de ser invisible en Cabozo.

4.- Aproveita as posibilidades de difusión que che ofrecen os Grupos/foros de Cabozo. Existen xa máis de 120 grupos públicos de diversas temáticas. Participa naqueles cuxa temática se axuste mellor coa audiencia que queres conseguir. Publica tamén alí contidos, comenta os xa existentes e de cando en vez, aínda que non debes abusar desa posibilidade, publica “mensaxes gancho” para atraer usuarios ao teu Taboleiro do tipo “primeiras imaxes da próxima película de Steven Spielberg. Vídeo no meu Taboleiro“, por poñer un exemplo.

"CabozoViaxes", un dos 120 grupos públicos de Cabozo

5.- Espreme todo o potencial das Cabozadas, un dos sinais de identidade desta rede social e que che brinda unha posibilidade que non encontrarás nin en Twitter, nin en Facebook, Tuenti, Google+, etc. Nas Cabozadas podes chegar a dialogar ao mesmo tempo, mediante mensaxes curtas de non máis de 140 carácteres (é o único espazo de Cabozo onde as mensaxes teñen limitación de carácteres), con calquera usuario rexistrado en Cabozo sígalo ou non, sígate ou non. Ademais calquera outro usuario poderá ler todo o que aquí enlaces ou publiques. Podemos dicir que as Cabozadas son un grande escaparate dentro de Cabozo e o nexo de unión de todos os usuarios rexistrados na web. Unha parte importante do éxito que teñas na captación de novos seguidores dependerá do uso máis ou menos intelixente que fagas desta ferramenta de Cabozo.

Pasa habitualmente polas Cabozadas, conversa cos usuarios que te encontres nese momento, se non os coñeces pica sobre as súas imaxes de usuario e aproveita para botar unha ollada aos contidos dos seus Taboleiros e para ver os seus perfís de usuario, sígueos se te resultan interesantes, comenta as súas entradas e se hai algunha que che resulte de interese para o teu Taboleiro, cópiaa, pero todo iso sen perder o fío da conversación que iniciases nas Cabozadas.

Se te perdes marca a opción “quedin” para ver se alguén te mencionou. Aproveita tamén o teu paso polas Cabozadas para deixar, de cando en vez, “mensaxes gancho” que atraian novos usuarios ao teu Taboleiro, aproveita para iso por exemplo os momentos de menos actividade xa que cando hai moita xente falando ao mesmo tempo adoitan “perderse” rápido as mensaxes.

"Arredor", novo servizo de xeolocalización

Todas estas recomendacións poden ser apoiadas polo uso axeitado doutras ferramentas de Cabozo como as Canles de TV, cos cales podes emitir en directo ou en diferido para o resto de usuarios, Arredor“, o novo servizo de xeolocalización que podes utilizar para xerar contidos e difundir un determinado local ou lugar, etc.