Cabozo.com remata o 2011 entre as webs galegas máis populares
Viernes, diciembre 30th, 2011(Lectores no gallegos pinchad aquí)
Quen nos ía dicir alá polo 2008 que Cabozo.com, aquela pequena web que estabamos a crear coa única pretensión de manter o contacto dun reducido grupo de colegas, acabaría aparecendo algún día na mesma lista na que aparecen webs de empresas ou institucións tan populares como Zara, o Deportivo da Coruña, Mundo R, Estrella Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, Rojadirecta, Novagalicia Banco, o Sergas, Blusens, Adolfo Dominguez… entre outras
Por primeira vez tras 3 anos na rede galega, Cabozo entra no TOP100 de webs máis populares, ocupando o posto 98, como podedes observar no ranking elaborado por Código Cero.
Debemos valorar moi positivamente este feito máis sendo esta unha web creada totalmente dende cero baixo código propio, sendo por tanto unha web orixinal e cunha filosofía de uso propia, e desenvolvida por só dúas persoas no seu tempo libre coa dificultade engadida, a efectos de difusión, de ser unha web redactada exclusivamente en galego e totalmente independente.
Entre as webs en galego non institucionais, Cabozo ocupa o posto número 12 en popularidade sendo neste caso os tres primeiros postos para Mundo-r.com, Blogaliza e Código Cero.
Esta claro que isto non se lograría sen o apoio dos miles de seguidores, moitos xa coleg@s, que nun ou outro momento apostastes por Cabozo. Por iso dende aquí agradecémosvolo e aproveitamos, de paso, para desexarvos unhas felices festas e un próspero 2012!!!