Posts Tagged ‘cabozo.com’

Benvid@! Aprende a espremer todo o potencial do novo Cabozo dende o primeiro día ;)

Viernes, octubre 14th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Benvid@ a Cabozo!

Cabozo é unha rede social creada totalmente dende cero baixo código propio. Como todo ‘produto’ único e orixinal conta cunha filosofía de uso propia, coñécela? Sabes como invitar a Cabozo aos teus coñecidos? Sabías que Cabozo ofrece servizos exclusivos aos seus usuarios como a posibilidade de contar cunha canle de TV persoal para emitir en directo ou en diferido para o resto de usuarios?…

Pica sobre as seguintes opcións para coñecer máis sobre elas:

- Cabozo, outra forma de entender as redes sociais

- Realmente coñeces a filosofía de uso de Cabozo? Aquí tes algunhas pistas!

- Queres invitar a outra persoa, empresa ou asociación a Cabozo e non sabes como? Preme sobre este texto!

- A nosa primeira vez en Cabozo ;)

- A importancia dos ‘seguimentos’ en Cabozo

- Canles de TV e Videochamadas en Cabozo

- Coñeces a túa dirección de Cabozo? Le isto!

- Arredor: a xeolocalización chega a Cabozo

- Tabomobil: a nova versión web de Cabozo para smartphone

- As contas de Cabozo noutras redes sociais


Moita máis información e toda a actualidade sobre Cabozo no… Cabozo blog! ;)

Contacta directamente cos desenvolvedores de Cabozo…

Martes, febrero 15th, 2011

…seguindo as súas contas na propia web ou en Twitter:

- Deckarz (Antonio):

Deckarz en Cabozo

Deckarz en Cabozo

twittdeckarz2

Deckarz en Twitter

- LexnaLof (Ánxel):

LexnaLof en Cabozo

LexnaLof en Cabozo

LexnaLof en Twitter

LexnaLof en Twitter

GRACIÑAS CABOZEIR@S!!! ;)

Martes, febrero 15th, 2011

Non son tod@s @s que están nin están tod@s @s que son :) pero si son unha pequena mostra, máis ou menos representativa*, d@s máis de 3.500 usuari@s que, en maior ou menor medida, xa apostaron nalgún momento polo proxecto Cabozo: Graciñas cabozeir@s!!! ;)

(Picando sobre as fotos dos usuari@s podedes acceder aos seus perfís públicos en Cabozo)

*Mostra aleatoria entre usuari@s máis activos, usuari@s menos activos e últim@s usuari@s rexistrad@s

abel3lambereteira1fiestra1mokina1carloscaneda1osodroguifatimaeugz1breogahnteixeirolupenoitebraactualidademagnummare



noitesoteucaron1amonaazuldheabolboretinha1vrflizardkingamelaadriottvanxelase1anxoibizaangelaabr1carqueixadilaradavidfdvadizgalizaelectronicajuanjoceltamibedgultraqanstalasiatlanticopachivazquez1trapelamiguelanxo1

Cabozo estrea nova portada

Lunes, enero 31st, 2011

novaport2011

Cabozo estrea nova páxina de inicio adaptada á nova filosofía da web onde se elimina o rexistro libre (e polo tanto a devandita opción) por un novo sistema de convites (do cal se informa na nova icona “i” xunto ao botón “entrar”)

Ademais incorpóranse os accesos directos aos perfís 2.0 de Cabozo en Twitter e Facebook:

tweetcbzfacecabozo

Todo isto cun deseño sinxelo e minimalista que pretende adaptarse ao uso que moitos usuarios empezan a darlle a Cabozo dende os seus smartphones.

smartphcabzport2010

Agradecer por último ao usuario Fausto, creador da anterior portada de Cabozo, pola súa achega, que hoxe pasa a ser parte da historia cabozeira. Grazas!



Cabozo volve as súas orixes e convértese, de novo, nunha web privada á que só se poderá acceder por convite. Explicamos os motivos

Viernes, enero 28th, 2011

convite

Pois si! Tras dous anos na rede galega estamos reformulándonos seriamente se paga a pena seguir ou non con este proxecto… Manda carallo! Que difícil é encontrar adeptos en Galicia sen SocialEngine de por medio! :D Cremos que Cabozo é unha web desaproveitada para o que ofrece, que o uso que se lle dá, a nosa única motivación para seguir adiante, empeza a non compensar o enorme esforzo e as moitas horas de dedicación que require sacar adiante un proxecto como este. E vemos con certa resignación como a sociedade galega non acaba de apostar, ademais de polas redes sociais internacionais, pola única rede social propia, orixinal e na súa lingua.

cbzleisinde

Ante esta orquestra… digo ante este panorama :) optamos por recuperar a filosofía inicial de Cabozo, que pasa a ser de novo unha web privada, esperando non ver na web, nestes próximos 4 ou 5 meses, unha actividade parecida ao resultado da aplicación da Lei Sinde :P que nos obrigue finalmente a reorientar o proxecto a “mercados máis agradecidos” ou… a abandonalo definitivamente, opción esta última que sería a que máis pena nos daría pero a única que nos aseguraría mellorar o noso poder adquisitivo :)

burramiavoz

Se algo si temos claro despois de todo este tempo, ademais de saber o perigosos que poden chegar a ser os parvos motivados (véxase senón o exemplo dese que a lía pervi, digo parda :D cada vez que lle deixan escribir sobre tecnoloxía nese xornal que di dar Voz a Galicia :) ), é que Cabozo non pode nin debe vivir nin do tráfico da web (máis que aceptable para ser unha web que require de rexistro obrigatorio) nin do número de usuarios rexistrados, máis de 3.500. De que serve unha rede social con moitos usuarios pero que apenas participen? Nós cremos que para nada salvo para darlle algo que copiar e pegar ao maior troll-eiro :D galego de todos os tempos… e para iso quedamos na casa coloreando coas nosas pinturas da marca TiTantoSabesAzlotuz :)

userscabozo

Cremos polo tanto que a principal consecuencia de “privatizar” Cabozo (Non, non! Tranquilos que non nos vendemos a ese partido político que todos estades a pensar… :D ), que agora só se poida acceder á web mediante convite, non só non ten porque ir en contra do desenvolvemento futuro de Cabozo, como algúns poden pensar, senón que debería servir como un elemento dinamizador da actividade dos actuais e futuros usuarios, e polo tanto da verdadeira razón de ser deste tipo de webs: a participación.

Con esta medida podemos, por un lado, minimizar o máximo posible o rexistro masivo de usuarios (normalmente motivados por marabillosas :D publicacións na prensa sobre Cabozo :P canto sensacionalismo mimá!) que chegan “por botar unha ollada” e sen tempo nin ganas para coñecer o que realmente lles pode ofrecer a web, desaparecen para sempre. O problema deste tipo de rexistros xa non é que non acheguen nada ao proxecto, senón que por descoñecemento, poden chegar a dar unha imaxe irreal e negativa do que verdadeiramente é Cabozo.

senscionalismoprensa

Queremos que a maioría dos futuros usuarios cheguen a Cabozo por algún tipo de vínculo con usuarios da web (amizade, “colegueo”, proximidade…)

Por outro lado cremos que adoptando esta medida convertemos os nosos usuarios, aínda máis, nos verdadeiros xuíces do futuro de Cabozo. Agora só eles teñen o poder de decidir se queren que isto siga crecendo, invitando a xente comprometida e que participe activamente na web, ou non, invitando a usuarios sen ningún vínculo ou interese na web ou, simplemente, non invitando (recomendando) a web a ninguén.

1_android_eating_apple

Que che parece que na web hai moitos usuarios que falan alemán e son pro iPhone :P e a ti gustaríache que houbese máis usuarios que falasen inglés e fosen pro Android? :) Agora está nas túas mans! Ti decides quen entra en Cabozo!

Probablemente os que máis beneficiados saen de todo isto son os nosos Superusuarios :D ou usuarios máis activos, que agora teñen nas súas mans a capacidade real de decidir que vai pasar con Cabozo. Eles son a verdadeira esperanza deste proxecto e do uso que fagan durante os próximos meses dos seus novos “poderes” :) (os convites) dependerá en boa medida o futuro de Cabozo.

29806_1236311607_large

Con iso non queremos criticar os usuarios pasivos, que sempre serán necesarios en certa medida, para que os activos sexan o que son :D Difícilmente os usuarios activos poderíanse realizar sen pasivos…

convites2011

Como enviar convites?

Xa podes enviar convites dende a opción “Usuarios de Cabozo. Unha vez dentro atoparedes a ferramenta que permite enviar convites vía correo electrónico (pica para ver sobre a imaxe anterior). Cada usuario dispón de 5 convites.

E TI QUE OPINAS DE TODO ISTO? O principio do fin ou a fin dunha etapa?

Sobe fotos aos teus álbums persoais… de tres en tres!

Jueves, enero 20th, 2011

Unha vella reivindicación dalgúns dos nosos usuari@s xa está operativa. Dende agora é posible subir ata tres fotos á vez aos nosos álbums persoais, públicos ou privados.

3fotoscabozo1

A “mécanica” é a mesma que ata agora coa única diferenza que onde nos aparecía a opción para subir unha foto agora dános a opción de subir tres (ver imaxe adxunta)

Se “só” damos a posibilidade de subir 3 fotos á vez é polos recursos limitados dos que dispón Cabozo.com. Recentemente melloramos o servidor e isto permitiunos dotar a Cabozo desta posibilidade e ademais, agora ampliouse a 6 mb (ata agora 3) o tamaño máximo das fotos a subir.

Houbo quen no seu día puxo isto como desculpa para deixar “medio de lado” Cabozo…  :) agora terán que buscar unha nova desculpa! jaja :D (que encontrarán, non vos preocupedes… ;) )

Xa podemos recibir avisos en tempo real sobre as actualizacións de Cabozo esteamos onde esteamos

Jueves, enero 20th, 2011

Debido á necesidade, cada día maior, de ser avisados en tempo real, esteamos onde esteamos, das actualizacións dos nosos colegas nas redes sociais, Cabozo pon a disposición dos seus usuari@s as ferramentas necesarias para iso.

samcabozo

Agora ademais de poder subscribirnos vía Rss aos Taboleiros dos nosos colegas e de recibir avisos vía correo electrónico das mensaxes privadas que recibamos, ou das mensaxes que recibamos nos nosos taboleiros ou en conversacións nas que participemos noutros taboleiros, tamén seremos avisados das actualizacións daqueles grupos públicos ou privados que desexemos.

mailscb

No caso dos grupos deberemos ser nós os que seleccionemos de cales queremos recibir avisos automáticos. Para iso teremos que picar sobre os nomes dos grupos e marcar a opción “Avisos por correo electrónico

Todos os avisos automáticos de Cabozo poden ser desactivados a elección dos usuarios.

ikiMap, RedeLibros e Cabozo no programa “A tarde” da Radio Galega

Miércoles, diciembre 8th, 2010

O pasado martes 7 de decembro Cabozo foi convidado a unha charla sobre redes sociais no programa “A Tarde” da Radio Galega, espazo presentado por Pepe Carreira.

radio-galega2
No devandito programa tamén interviñeron os responsables de ikiMap, servizo web galego para compartir mapas, e RedeLibros, a rede social galega do libro.

Pica sobre a imaxe adxunta para acceder ao enlace onde poderás escoitar as entrevistas. A parte dedicada a estas tres webs galegas empeza no minuto 32:50 (Se queredes pasar directamente ao espazo dedicado a Cabozo.com avanzade ata o minuto 41:30).

Agora as fotos adxuntas ás mensaxes dos Taboleiros a un só clic de rato

Miércoles, diciembre 8th, 2010

tabofotosnew

A partir de agora cando visitemos o Taboleiro dun usuario (tamén no noso propio taboleiro) veremos a icona dunha cámara de fotos. Se picamos nesta icona veremos todas as fotos adxuntas ás mensaxes dese taboleiro. Dende a ventá que se nos abre poderemos picar sobre as fotos para velas no seu tamaño orixinal.

A importancia dos ‘seguimentos’ en Cabozo

Domingo, noviembre 28th, 2010

(Lectores no gallegos pinchad aquí) [Esta opción se activará en breve]

Botón para seguir usuari@s

Os “seguimentos son probablemente unha das “ferramentas sociais” máis importantes de Cabozo.

Calquera usuari@ de Cabozo pode seguir a calquera outro usuario cun simple clic de rato (aínda que tamén calquera poderá bloquear o devandito seguimento). Só será preciso acceder ao Taboleiro do usuario que queremos seguir (ben mediante o buscador de usuarios, ben pulsando sobre o nome ou imaxe do usuario) e picar sobre a opción “Seguir usuario“.

Cales son as vantaxes de seguir usuarios en Cabozo?

Varias son as vantaxes:

Na opción "Seguimentos" veremos cando entran ou saen os usuari@s que seguimos

1.- Poderemos ver na opción “Seguimentos” do noso Taboleiro, en tempo real, cando entran a Cabozo ou cando saen os usuarios que seguimos. Cada vez que alguén entre ou saia a opción “seguimentos” poñerase de cor amarela.

Avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos

2.- Na pestana “Lox” do noso Taboleiro recibiremos avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos (cando actualizan o seu taboleiro, cando inician o seguimento doutros usuari@s, cando soben unha foto aos seus álbums persoais, etc.)

Debemos seguir un usuario para que este nos poida dar acceso aos seus álbums privados

3.- Será imprescindible seguir un usuario para que nos poida dar acceso aos seus álbums persoais privados.

Debemos seguir un usuario para poder iniciar un chat privado con el

4.- Para iniciar un chat privado cun usuario será necesario, previamente, seguir ese usuario

Debemos seguir un usuario para realizar videochamadas ou multichamadas

5.- Se queres iniciar unha videoconferencia ou unha multiconferencia con outros usuarios será necesario, previamente, seguir eses usuarios.

Estas son algunhas das principais vantaxes de seguir usuarios, así que xa sabes, se queres aproveitar ao máximo as posibilidades de Cabozo segue ao máximo de usuari@s!! ;)