Posts Tagged ‘cedro’

Que non vos vacilen con iso da taxa Google!

Jueves, febrero 20th, 2014

(versión en castellano)

stopcanonaede

Hai uns anos Ángel (LegnaLof), un dos responsables de Cabozo, comentaba a un grupo de xornalistas nunha mesa redonda organizada como presentación dun evento sobre marketing e comunicación 2.0 en Coruña, que os medios tradicionais, especialmente a prensa escrita, “están moi lonxe de entender os Social Media (redes sociais, blogs, agregadores, etc.) e veno como un inimigo” porque “O que publican os xornais xa non é noticia“.

Aquelas palabras que causaron certa “sorpresa” :) entre algúns dos xornalistas alí presentes, serviron como base para un interesante artigo nun dos blogs corporativos de Telefónica Argentina, que deixaba entrever, xa por aquel entón, que o poder de informar estaba a deixar de ser unha potestade exclusiva dos medios tradicionais porque agora as noticias podían ser xeradas e transmitidas por calquera. Coa conseguinte perda de poder para os medios tradicionais (e para aqueles que controlan os devanditos medios…). Este é o artigo: “Medios sociales, medios masivos: ¿enemigos íntimos?“. Falamos de 2011.

Hoxe, case tres anos despois, a proposta nova Lei de Propiedade Intelectual non fai máis que reafirmar aquelas palabras. Os grandes medios, sobre todo a prensa escrita, non só non souberon adaptarse nin entender as posibilidades que lles ofrecía Internet cos medios sociais, senón que agora ademais se pretende “premiar” esa incompetencia cunha lei onde enlazar ou citar xa non será libre, estando suxeito a un canon que pon en perigo Internet tal e como o coñecemos.

Máis alá das “milongas” que poidan contar os medios xeralistas que xa todos coñecedes tanto en Galicia como fóra, recomendamos botar unha ollada a algún destes artigos se queredes estar un pouco ao día do que pretenden facer:

- Canon de la AEDE: idéntico al canon de la SGAE

- Desmontando el canon de AEDE

- Cuál es el papel de los medios, AEDE y CEDRO en la ‘tasa Google’

- “La nueva Ley de Propiedad Intelectual es fruto de la corrupción

Medios de expresión libres para a cidadanía como son moitas das web que coñecedes; redes sociais, agregadores de noticias, blogs, etc. veranse seriamente ameazados se esta lei sae adiante.

Stop canon AEDE, enlazar non é delito!