Posts Tagged ‘sociais’

Pachi Vázquez fala sobre a súa experiencia en Cabozo “que ten unha visión propia, que en ningún caso está reñida con estar noutras redes”

Domingo, abril 17th, 2011

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, someteuse esta semana ás preguntas que os internautas lle fixeron chegar nos últimos días a través das redes sociais FacebookTwitter e a galega Cabozo.

Diversas cuestións da actualidade política, económica e social, tanto do ámbito local como autonómico e estatal foron formuladas ao político galego.

Vázquez fala da súa experiencia en Cabozo

Vázquez tamén foi preguntado pola súa experiencia nas redes sociais, e concretamente sobre a súa experiencia na rede social galega Cabozo. Dixo apostar “firmemente polas redes sociais” e invitou a todas as formacións políticas, sociais e económicas a participar nelas. “Eu síntome cómodo e encantado. E especialmente coa nosa rede social galega, que ten unha visión propia, que en ningún caso está reñida con estar noutras redes”.

No vídeo adxunto, podedes ver o momento concreto no que responde á pregunta sobre Cabozo no minuto 16:48 (fonte orixinal: web do PSdeG)

Cabozo invitado a participar nas II Xornadas da Mocidade Galega

Jueves, marzo 31st, 2011

internet

Ánxel Folgueira participará, en representación de Cabozo.com, na mesa redonda “Atrapad@ na rede?” onde tratará de dar o seu punto de vista sobre a base da súa experiencia no desenvolvemento da rede social galega. Xunto a el intervirán Pablo Belay e María Yañez representando Chuza e A Navalla Suíza respectivamente.

A intervención terá lugar o próximo mércores 13 de abril na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, con motivo da celebración das II Xornadas da Mocidade Galega que se celebrará entre os días 12 e 14 de abril en Compostela e os días 29 e 30 do mesmo mes en Castrelo de Miño.

Compostweets 2011: I Encontro anual de social media en Galicia

Martes, febrero 22nd, 2011

Santiago de Compostela acollerá o próximo sábado 26 de febreiro “Compostweets 2011″, o I Encontro anual de social media en Galicia que pretende ser un lugar de encontro para os profesionais e apaixonados pola web 2.0

compostweets-bird1

Este ano o evento céntrase en Twitter, para algúns unha rede social e para outros un medio de comunicación, pero sen dúbida unha das ferramentas da web 2.0 máis utilizada e de maior crecemento entre os usuarios galegos.

Dende Cabozo queremos aplaudir e apoiar a iniciativa ademais de suxerir para futuras edicións un pequeno espazo no devandito evento para dar a coñecer as ferramentas social media existentes en Galicia.

ikiMap, RedeLibros e Cabozo no programa “A tarde” da Radio Galega

Miércoles, diciembre 8th, 2010

O pasado martes 7 de decembro Cabozo foi convidado a unha charla sobre redes sociais no programa “A Tarde” da Radio Galega, espazo presentado por Pepe Carreira.

radio-galega2
No devandito programa tamén interviñeron os responsables de ikiMap, servizo web galego para compartir mapas, e RedeLibros, a rede social galega do libro.

Pica sobre a imaxe adxunta para acceder ao enlace onde poderás escoitar as entrevistas. A parte dedicada a estas tres webs galegas empeza no minuto 32:50 (Se queredes pasar directamente ao espazo dedicado a Cabozo.com avanzade ata o minuto 41:30).