Posts Tagged ‘rede’

Estamos ata o carallo de que non se nos teña en consideración na nosa propia terra!

Sábado, febrero 19th, 2011

Hoxe en Twitter, grazas ao RT de @luz_castro, vimos a seguinte mensaxe de Anxo M. Lorenzo (@alorenzo64), actualmente secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (pica na imaxe para ver a fonte orixinal):

alorenzo

Como podedes ver a devandita mensaxe enlaza cunha páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística onde informan de: “o galego nas novas tecnoloxías“.

Se vos fixades no apartado adicado as redes sociais só fan mención a Facebook e Tuenti deixando de lado calquera alternativa realmente galega como é o caso da nosa web.

redessociaisxunta

Cabozo é, por agora, a única rede social realmente made in Galicia”, con código creado totalmente dende cero por galegos (non limitándose a adaptar ou copiar código doutras webs xa existentes), dirixida case exclusivamente á sociedade galega e redactada integramente en galego.

cbzlig

Moitos dos principais medios de comunicación galegos (TVG, RadioGalega, Faro de Vigo, La Opinión de la Coruña, Galicia Confidencial, Código Cero, La Voz de Galicia, Galiciaé, El Progreso, Diario de Pontevedra…) xa se fixeron eco das posiblidades do proxecto Cabozo e mesmo fóra de Galicia foi, no seu día, considerada como a primeira rede social de especialización territorial en España.

snc

Por todo iso e despois de xa máis de 2 anos na rede galega e máis de 3.500 usuari@s galeg@s rexistrados, cremos que se debería mencionar a Cabozo como a principal alternativa galega ás redes sociais internacionais.

NOTA: Cabozo é unha web totalmente independente sen ningún tipo de vinculación con ningún partido político, asociación, organismo, empresa… (será ese o noso problema? :P )

Contacta directamente cos desenvolvedores de Cabozo…

Martes, febrero 15th, 2011

…seguindo as súas contas na propia web ou en Twitter:

- Deckarz (Antonio):

Deckarz en Cabozo

Deckarz en Cabozo

twittdeckarz2

Deckarz en Twitter

- LexnaLof (Ánxel):

LexnaLof en Cabozo

LexnaLof en Cabozo

LexnaLof en Twitter

LexnaLof en Twitter

GRACIÑAS CABOZEIR@S!!! ;)

Martes, febrero 15th, 2011

Non son tod@s @s que están nin están tod@s @s que son :) pero si son unha pequena mostra, máis ou menos representativa*, d@s máis de 3.500 usuari@s que, en maior ou menor medida, xa apostaron nalgún momento polo proxecto Cabozo: Graciñas cabozeir@s!!! ;)

(Picando sobre as fotos dos usuari@s podedes acceder aos seus perfís públicos en Cabozo)

*Mostra aleatoria entre usuari@s máis activos, usuari@s menos activos e últim@s usuari@s rexistrad@s

abel3lambereteira1fiestra1mokina1carloscaneda1osodroguifatimaeugz1breogahnteixeirolupenoitebraactualidademagnummare



noitesoteucaron1amonaazuldheabolboretinha1vrflizardkingamelaadriottvanxelase1anxoibizaangelaabr1carqueixadilaradavidfdvadizgalizaelectronicajuanjoceltamibedgultraqanstalasiatlanticopachivazquez1trapelamiguelanxo1

Cabozo cumpre hoxe 2 anos na rede galega! ;)

Domingo, febrero 13th, 2011

Hai 3 anos, na súa condición de emigrante en Alemaña, Antonio Mariño creaba Cabozo, por aquel entón unha pequena web a través da cal mantiñan o contacto, de forma privada, un pequeno grupo de amigos galegos dispersos polo mundo.

2anos3

Meses despois, vendo que podería ser unha web útil para máis xente e un servizo inédito ata ese momento en Galicia, decídese abrir Cabozo ao público galego, sendo Ánxel Folgueira o principal impulsor desta apertura. Así empezaba a aventura caboZeira na rede galega, sendo considerada naquel momento por algúns medios non galegos (como Silicon News) como a primeira rede social de especialización territorial en España.

Hoxe, 14 de febreiro de 2011, dous anos despois daqueles inicios, e a pesar das dificultades atopadas para manter un proxecto desta envergadura, máis de forma independente, aquí estamos para agradecer, unha vez máis, a todos aqueles que en maior ou menor medida fixestes posible que chegásemos ata aquí, especialmente aos nosos usuarios máis activos sen os cales nada disto tería sentido.

GRACIÑAS!!! ;)

Deckarz e LexnaLof


Hace 3 años, en su condición de emigrante en Alemania, Antonio Mariño creaba Cabozo, por aquel entonces una pequeña web a través de la cual mantenían el contacto, de forma privada, un pequeño grupo de amigos gallegos dispersos por el mundo.

Meses después, viendo que podría ser una web útil para más gente y un servicio inédito hasta ese momento en Galicia, se decide abrir Cabozo al público gallego, siendo Ánxel Folgueira el principal impulsor de esta apertura. Así empezaba la aventura caboZeira en la red gallega, siendo considerada en aquel momento por algunos medios no gallegos (como Silicon News) como la primera red social de especialización territorial en España.

Hoy, 14 de febrero de 2011, dos años después de aquellos inicios, y a pesar de las dificultades encontradas para manter un proyecto de esta envergadura, más de forma independiente, aquí estamos para agradecer, una vez más, a todos aquellos que en mayor o menor medida hicísteis posible que llegásemos hasta aquí, especialmente a nuestros usuarios más activos sin los cuales nada de esto tendría sentido.

GRACIAS!!! ;)

Deckarz na TVG

Miércoles, febrero 9th, 2011

dckztvgfeb111

Intervención de Deckarz no programa A Solaina da TVG a conto da súa condición de emigrante en Alemaña.

(Pica sobre a foto adxunta e pasa directamente ao minuto 26:10)

Móveo en internet: Non poderás compartir as noticias de La Voz nas redes sociais galegas

Jueves, febrero 3rd, 2011

vozbotonsnogal

A Voz de Galicia prosegue coa súa estratexia de ignorar as redes sociais galegas.

Dende agora cada noticia da edición dixital de La Voz conta na súa parte superior cos botóns de Menéame, Twitter e Facebook, pero non contan coas alternativas galegas Chuza, Latri.ca e Cabozo.com.

Dende Cabozo temos a impresión, vendo as noticias que ultimamente se publican dende ese medio (véxase o caso Pervi por exemplo) que non se perde demasiado… pero dá mostras, unha vez máis, do difícil que é emprender en Galicia e, sobre todo, recibir apoios sendo un proxecto totalmente independente.

botoncodigocero

ACTUALIZACIÓN: Para evitar que persoas como David Pombar (ver o seu comentario a esta entrada) sigan falando por falar deste tema, é dicir, sen saber do que están a falar, deixámosvos aquí o enlace onde podedes descargar, se queredes, o código para incorporar o “botón Cabozo” aos vosos blogs ou webs.

Código Cero xa falou do “botón Cabozo” o 27 de outubro de 2010, nun dos seus artigos sobre Cabozo (podedes ver o artigo picando sobre a foto anterior). Galicia Confidencial foi o primeiro medio en incorporar o devandito botón (ademais de incorporar de forma desinteresada un banner de Cabozo na súa web) e dende hai uns días tamén o incorpora Chuza.

A La Voz de Galicia fíxoselle chegar, hai xa tempo ao igual que a outros medios galegos, a través dunha das súas redactoras, a posibilidade de incorporar o “botón Cabozo” a súa web. A devandita redactora, que estaba de baixa por maternidade, remitiunos ao responsable da web do cal aínda estamos a esperar resposta.


Cabozo estrea nova portada

Lunes, enero 31st, 2011

novaport2011

Cabozo estrea nova páxina de inicio adaptada á nova filosofía da web onde se elimina o rexistro libre (e polo tanto a devandita opción) por un novo sistema de convites (do cal se informa na nova icona “i” xunto ao botón “entrar”)

Ademais incorpóranse os accesos directos aos perfís 2.0 de Cabozo en Twitter e Facebook:

tweetcbzfacecabozo

Todo isto cun deseño sinxelo e minimalista que pretende adaptarse ao uso que moitos usuarios empezan a darlle a Cabozo dende os seus smartphones.

smartphcabzport2010

Agradecer por último ao usuario Fausto, creador da anterior portada de Cabozo, pola súa achega, que hoxe pasa a ser parte da historia cabozeira. Grazas!



Cabozo volve as súas orixes e convértese, de novo, nunha web privada á que só se poderá acceder por convite. Explicamos os motivos

Viernes, enero 28th, 2011

convite

Pois si! Tras dous anos na rede galega estamos reformulándonos seriamente se paga a pena seguir ou non con este proxecto… Manda carallo! Que difícil é encontrar adeptos en Galicia sen SocialEngine de por medio! :D Cremos que Cabozo é unha web desaproveitada para o que ofrece, que o uso que se lle dá, a nosa única motivación para seguir adiante, empeza a non compensar o enorme esforzo e as moitas horas de dedicación que require sacar adiante un proxecto como este. E vemos con certa resignación como a sociedade galega non acaba de apostar, ademais de polas redes sociais internacionais, pola única rede social propia, orixinal e na súa lingua.

cbzleisinde

Ante esta orquestra… digo ante este panorama :) optamos por recuperar a filosofía inicial de Cabozo, que pasa a ser de novo unha web privada, esperando non ver na web, nestes próximos 4 ou 5 meses, unha actividade parecida ao resultado da aplicación da Lei Sinde :P que nos obrigue finalmente a reorientar o proxecto a “mercados máis agradecidos” ou… a abandonalo definitivamente, opción esta última que sería a que máis pena nos daría pero a única que nos aseguraría mellorar o noso poder adquisitivo :)

burramiavoz

Se algo si temos claro despois de todo este tempo, ademais de saber o perigosos que poden chegar a ser os parvos motivados (véxase senón o exemplo dese que a lía pervi, digo parda :D cada vez que lle deixan escribir sobre tecnoloxía nese xornal que di dar Voz a Galicia :) ), é que Cabozo non pode nin debe vivir nin do tráfico da web (máis que aceptable para ser unha web que require de rexistro obrigatorio) nin do número de usuarios rexistrados, máis de 3.500. De que serve unha rede social con moitos usuarios pero que apenas participen? Nós cremos que para nada salvo para darlle algo que copiar e pegar ao maior troll-eiro :D galego de todos os tempos… e para iso quedamos na casa coloreando coas nosas pinturas da marca TiTantoSabesAzlotuz :)

userscabozo

Cremos polo tanto que a principal consecuencia de “privatizar” Cabozo (Non, non! Tranquilos que non nos vendemos a ese partido político que todos estades a pensar… :D ), que agora só se poida acceder á web mediante convite, non só non ten porque ir en contra do desenvolvemento futuro de Cabozo, como algúns poden pensar, senón que debería servir como un elemento dinamizador da actividade dos actuais e futuros usuarios, e polo tanto da verdadeira razón de ser deste tipo de webs: a participación.

Con esta medida podemos, por un lado, minimizar o máximo posible o rexistro masivo de usuarios (normalmente motivados por marabillosas :D publicacións na prensa sobre Cabozo :P canto sensacionalismo mimá!) que chegan “por botar unha ollada” e sen tempo nin ganas para coñecer o que realmente lles pode ofrecer a web, desaparecen para sempre. O problema deste tipo de rexistros xa non é que non acheguen nada ao proxecto, senón que por descoñecemento, poden chegar a dar unha imaxe irreal e negativa do que verdadeiramente é Cabozo.

senscionalismoprensa

Queremos que a maioría dos futuros usuarios cheguen a Cabozo por algún tipo de vínculo con usuarios da web (amizade, “colegueo”, proximidade…)

Por outro lado cremos que adoptando esta medida convertemos os nosos usuarios, aínda máis, nos verdadeiros xuíces do futuro de Cabozo. Agora só eles teñen o poder de decidir se queren que isto siga crecendo, invitando a xente comprometida e que participe activamente na web, ou non, invitando a usuarios sen ningún vínculo ou interese na web ou, simplemente, non invitando (recomendando) a web a ninguén.

1_android_eating_apple

Que che parece que na web hai moitos usuarios que falan alemán e son pro iPhone :P e a ti gustaríache que houbese máis usuarios que falasen inglés e fosen pro Android? :) Agora está nas túas mans! Ti decides quen entra en Cabozo!

Probablemente os que máis beneficiados saen de todo isto son os nosos Superusuarios :D ou usuarios máis activos, que agora teñen nas súas mans a capacidade real de decidir que vai pasar con Cabozo. Eles son a verdadeira esperanza deste proxecto e do uso que fagan durante os próximos meses dos seus novos “poderes” :) (os convites) dependerá en boa medida o futuro de Cabozo.

29806_1236311607_large

Con iso non queremos criticar os usuarios pasivos, que sempre serán necesarios en certa medida, para que os activos sexan o que son :D Difícilmente os usuarios activos poderíanse realizar sen pasivos…

convites2011

Como enviar convites?

Xa podes enviar convites dende a opción “Usuarios de Cabozo. Unha vez dentro atoparedes a ferramenta que permite enviar convites vía correo electrónico (pica para ver sobre a imaxe anterior). Cada usuario dispón de 5 convites.

E TI QUE OPINAS DE TODO ISTO? O principio do fin ou a fin dunha etapa?

Xa podemos recibir avisos en tempo real sobre as actualizacións de Cabozo esteamos onde esteamos

Jueves, enero 20th, 2011

Debido á necesidade, cada día maior, de ser avisados en tempo real, esteamos onde esteamos, das actualizacións dos nosos colegas nas redes sociais, Cabozo pon a disposición dos seus usuari@s as ferramentas necesarias para iso.

samcabozo

Agora ademais de poder subscribirnos vía Rss aos Taboleiros dos nosos colegas e de recibir avisos vía correo electrónico das mensaxes privadas que recibamos, ou das mensaxes que recibamos nos nosos taboleiros ou en conversacións nas que participemos noutros taboleiros, tamén seremos avisados das actualizacións daqueles grupos públicos ou privados que desexemos.

mailscb

No caso dos grupos deberemos ser nós os que seleccionemos de cales queremos recibir avisos automáticos. Para iso teremos que picar sobre os nomes dos grupos e marcar a opción “Avisos por correo electrónico

Todos os avisos automáticos de Cabozo poden ser desactivados a elección dos usuarios.

Cabozo incorpora RSS aos Taboleiros dos usuari@s

Sábado, enero 15th, 2011

Dende agora poderemos subscribirnos mediante RSS aos Taboleiros dos usuari@s de Cabozo. Isto permítenos recibir as actualizacións dos usuari@s a cuxos Taboleiros nos subscribamos aínda non estando conectados nese momento a Cabozo.

rsscabozo1

Poderemos subscribirnos aos RSS dos usuarios de Cabozo dende os seus Taboleiros (ver imaxe adxunta)