Posts Tagged ‘la voz’

Móveo en internet: Non poderás compartir as noticias de La Voz nas redes sociais galegas

Jueves, febrero 3rd, 2011

vozbotonsnogal

A Voz de Galicia prosegue coa súa estratexia de ignorar as redes sociais galegas.

Dende agora cada noticia da edición dixital de La Voz conta na súa parte superior cos botóns de Menéame, Twitter e Facebook, pero non contan coas alternativas galegas Chuza, Latri.ca e Cabozo.com.

Dende Cabozo temos a impresión, vendo as noticias que ultimamente se publican dende ese medio (véxase o caso Pervi por exemplo) que non se perde demasiado… pero dá mostras, unha vez máis, do difícil que é emprender en Galicia e, sobre todo, recibir apoios sendo un proxecto totalmente independente.

botoncodigocero

ACTUALIZACIÓN: Para evitar que persoas como David Pombar (ver o seu comentario a esta entrada) sigan falando por falar deste tema, é dicir, sen saber do que están a falar, deixámosvos aquí o enlace onde podedes descargar, se queredes, o código para incorporar o “botón Cabozo” aos vosos blogs ou webs.

Código Cero xa falou do “botón Cabozo” o 27 de outubro de 2010, nun dos seus artigos sobre Cabozo (podedes ver o artigo picando sobre a foto anterior). Galicia Confidencial foi o primeiro medio en incorporar o devandito botón (ademais de incorporar de forma desinteresada un banner de Cabozo na súa web) e dende hai uns días tamén o incorpora Chuza.

A La Voz de Galicia fíxoselle chegar, hai xa tempo ao igual que a outros medios galegos, a través dunha das súas redactoras, a posibilidade de incorporar o “botón Cabozo” a súa web. A devandita redactora, que estaba de baixa por maternidade, remitiunos ao responsable da web do cal aínda estamos a esperar resposta.