Móveo en internet: Non poderás compartir as noticias de La Voz nas redes sociais galegas

vozbotonsnogal

A Voz de Galicia prosegue coa súa estratexia de ignorar as redes sociais galegas.

Dende agora cada noticia da edición dixital de La Voz conta na súa parte superior cos botóns de Menéame, Twitter e Facebook, pero non contan coas alternativas galegas Chuza, Latri.ca e Cabozo.com.

Dende Cabozo temos a impresión, vendo as noticias que ultimamente se publican dende ese medio (véxase o caso Pervi por exemplo) que non se perde demasiado… pero dá mostras, unha vez máis, do difícil que é emprender en Galicia e, sobre todo, recibir apoios sendo un proxecto totalmente independente.

botoncodigocero

ACTUALIZACIÓN: Para evitar que persoas como David Pombar (ver o seu comentario a esta entrada) sigan falando por falar deste tema, é dicir, sen saber do que están a falar, deixámosvos aquí o enlace onde podedes descargar, se queredes, o código para incorporar o “botón Cabozo” aos vosos blogs ou webs.

Código Cero xa falou do “botón Cabozo” o 27 de outubro de 2010, nun dos seus artigos sobre Cabozo (podedes ver o artigo picando sobre a foto anterior). Galicia Confidencial foi o primeiro medio en incorporar o devandito botón (ademais de incorporar de forma desinteresada un banner de Cabozo na súa web) e dende hai uns días tamén o incorpora Chuza.

A La Voz de Galicia fíxoselle chegar, hai xa tempo ao igual que a outros medios galegos, a través dunha das súas redactoras, a posibilidade de incorporar o “botón Cabozo” a súa web. A devandita redactora, que estaba de baixa por maternidade, remitiunos ao responsable da web do cal aínda estamos a esperar resposta.


Tags: , , , , , , , , ,

4 Responses to “Móveo en internet: Non poderás compartir as noticias de La Voz nas redes sociais galegas”

  1. BREOGAHN Says:

    La Coz de Jalisia…

  2. David Pombar Says:

    Sinto discrepar con vos, pero creo que o enfoque non é o correcto.
    Permitindo publicar en Facebook, Tuenti e Twitter están chegando o 99,9% da poboación de internet galega. Non van facer un gran esforzo por un beneficio tan pequeno, ademáis, como fan o botón?, e moi facil compartir cas redes sociais maioritarias, tan facil coma copiar e pegar un fragmento de código dunha web. Onde está o voso?, teredes que ser vos quen se preocupe de aparecer, non?
    Si, é certo que é dificil emprender en Galicia, pero moitas veces máis por a nosa mentalidad que por nos poñan trabas. De feito, estou case seguro que Cabozo ten as mismas trabas que Tuenti, e o resultado….vos mesmos.
    Deberíamos queixarnos menos e traballar máis.
    Deixovos un articuliño moi interesante (coidado, está en castelán)
    http://externalidades.net/2011/02/yonolloro/

  3. fiestra Says:

    ???????? Puf, o autor deste último comentario ten toda a pinta de ser dos que pensan que saben moito e polo que aquí demostra… bueno, se así é máis feliz…jajaja

  4. LexnaLof Says:

    @David Pombar

    ¿Qué tal David? Creo que tu “peculiar” intervención en este blog cae por su propio peso después de la actualización (aclaración) que hemos hecho asi que no voy a perder demasiado el tiempo con bobadas y sólo aclararte dos cosas:

    1 – Quien te habla no ha nacido en Galicia, su madre no es gallega y tiene como lengua materna el español. Te puedo asegurar que no tengo ningún problema con el castellano o español como prefiero llamarlo.

    Si el proyecto Cabozo, red social GALLEGA, está redactado íntegramente en galego es porque es una web dirigida principalmente a los gallegos. Si tú, nacido en Vigo según tú Cv, quieres ver algo raro en ello es tú problema no el nuestro (todo esto viene a cuento del “coidado, está en castelán”) ¿? Seguro que si la web o el blog estuvieran redactados en inglés no lo hubieras dicho…

    2 – Deberías tener más cuidado en tús intervenciones a la hora de “juzgar” a otros emprendedores más siendo parte de un proyecto como “Iniciador Galicia”

Leave a Reply