Posts Tagged ‘secretaría’

A Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifica e inclúe a Cabozo na súa web

Martes, febrero 22nd, 2011

alorenzoresposta

Despois das nosas reivindicacións destes días a Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifica e, tras pedir desculpas polo “despiste”, inclúe a Cabozo no apartado adicado as “redes sociais” dentro da secciónO galego nas novas tecnoloxías“.


O galego nas novas tecnoloxías

O galego nas novas tecnoloxías

Ademais solicitan un convite a Cabozo coa idea de ter unha actividade constante e difundir información de interese para nenos e mozos.

Dende Cabozo agradecemos a actitude adoptada e que se tivesen en conta as nosas reivindicacións.

Estamos ata o carallo de que non se nos teña en consideración na nosa propia terra!

Sábado, febrero 19th, 2011

Hoxe en Twitter, grazas ao RT de @luz_castro, vimos a seguinte mensaxe de Anxo M. Lorenzo (@alorenzo64), actualmente secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (pica na imaxe para ver a fonte orixinal):

alorenzo

Como podedes ver a devandita mensaxe enlaza cunha páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística onde informan de: “o galego nas novas tecnoloxías“.

Se vos fixades no apartado adicado as redes sociais só fan mención a Facebook e Tuenti deixando de lado calquera alternativa realmente galega como é o caso da nosa web.

redessociaisxunta

Cabozo é, por agora, a única rede social realmente made in Galicia”, con código creado totalmente dende cero por galegos (non limitándose a adaptar ou copiar código doutras webs xa existentes), dirixida case exclusivamente á sociedade galega e redactada integramente en galego.

cbzlig

Moitos dos principais medios de comunicación galegos (TVG, RadioGalega, Faro de Vigo, La Opinión de la Coruña, Galicia Confidencial, Código Cero, La Voz de Galicia, Galiciaé, El Progreso, Diario de Pontevedra…) xa se fixeron eco das posiblidades do proxecto Cabozo e mesmo fóra de Galicia foi, no seu día, considerada como a primeira rede social de especialización territorial en España.

snc

Por todo iso e despois de xa máis de 2 anos na rede galega e máis de 3.500 usuari@s galeg@s rexistrados, cremos que se debería mencionar a Cabozo como a principal alternativa galega ás redes sociais internacionais.

NOTA: Cabozo é unha web totalmente independente sen ningún tipo de vinculación con ningún partido político, asociación, organismo, empresa… (será ese o noso problema? :P )