Posts Tagged ‘galego’

Seguimos traballando no novo deseño de Cabozo xunto á empresa lucense m-tic!

Martes, julio 5th, 2011

benvidafb

Pouco a pouco, o novo aspecto de Cabozo, máis atractivo e profesional, vai cobrando vida grazas á colaboración coa empresa lucense m-tic!

Comparativa entre o futuro e o actual deseño de Cabozo

Na imaxe superior podedes ver unha comparación entre o futuro e o actual aspecto da web, a falta dalgunha pincelada. Aquí deixámosvos algunhas capturas do que será o futuro aspecto da web.

Saúdos! ;)

Novo logo de Cabozo

Axuda a Galicia Confidencial. Axuda a manter un xornalismo libre e sustentable

Domingo, mayo 15th, 2011

Galicia ConfidencialO primeiro medio galego en apostar por Cabozo precisa da túa axuada para poder seguir ofrecendo unha información independente, obxectiva e en galego.

Podes seguir a Galicia Confidencial en Cabozo

Os tres milleiros e medio de usuari@s diarios de Galicia Confidencial xa poden contribuír a mantelo como referencia da información independente na rede galega.

Consulta aquí todas as posibilidades de colaboración.

Concellos da Costa da Morte crean unha guía para difundir o uso do galego na Rede

Domingo, mayo 15th, 2011

Os meus favoritos. Guía de enderezos de internet

Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus servizos de normalización lingüística, acaban de editar a guía Os meus favoritos, un catálogo que recolle preto de 200 enderezos de sitios web en galego de ámbitos tan diversos como a banda deseñada, o deporte, o audiovisual, a información cultural, a mocidade, as redes sociais, os xogos, etc.

De Os meus favoritos editáronse entre os catro concellos 8.000 exemplares en papel, que serán distribuídos nos centros de ensino, edificios públicos, aulas de informática, asociacións, etc. Ademais, todas as persoas interesadas poden solicitalo no Servizo de Normalización Lingüística (SNL) dos catro concellos que impulsan a iniciativa. Ademais, a guía tamén se difundirá en formato dixital a través de webs e correo electrónico.

Os obxectivos desta iniciativa son facilitar o descubrimento e o coñecemento do ciberespazo en galego, vencellar a lingua galega con novos e modernos espazos de uso, concretamente na rede e nas novas tecnoloxías, e contribuír á difusión da información de todo tipo na nosa lingua.

Cabozo é unha das webs que aparecen na guía

Agradecemos aos impulsores desta iniciativa que incluísen a Cabozo na guía ;)

Debate sobre o galego nas TIC

Jueves, marzo 24th, 2011

Interesante* faladoiro sobre o galego nas TIC en Correo TV

Tedes máis información sobre os tertulianos en Código Cero

*Non estaba de máis fronte ao “descoñecido” Facebook algunha pequena mención as “archichoñecidas” mundialmente :D alternativas galegas, entre elas Cabozo, web redactada integramente en galego…

Agora Flocos.tv, a rede galega menos rede tras unha nova perda

Jueves, marzo 3rd, 2011

En maio de 2009 dabamos a coñecer os usuarios de Cabozo a videoteca de producións audiovisuais galegas en liña Flocos.tv, que por aquel entón viña de recibir o premio “Mestre Mateo” á mellor obra interactiva.

Flocos.tv en Cabozo

Hoxe temos que anunciar o recente peche do portal despois de meses de abandono por parte das autoridades competentes. A perda deste proxecto cultural deixa un gran baleiro na rede galega, especialmente no sector audiovisual.

Pecha flocos.tv

A pesar de todo, como puidemos ler en Código Cero, parece que xa existen iniciativas para recuperar o proxecto dende o blog Cinema Galego e o portal GalegoLab


A Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifica e inclúe a Cabozo na súa web

Martes, febrero 22nd, 2011

alorenzoresposta

Despois das nosas reivindicacións destes días a Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifica e, tras pedir desculpas polo “despiste”, inclúe a Cabozo no apartado adicado as “redes sociais” dentro da secciónO galego nas novas tecnoloxías“.


O galego nas novas tecnoloxías

O galego nas novas tecnoloxías

Ademais solicitan un convite a Cabozo coa idea de ter unha actividade constante e difundir información de interese para nenos e mozos.

Dende Cabozo agradecemos a actitude adoptada e que se tivesen en conta as nosas reivindicacións.

Estamos ata o carallo de que non se nos teña en consideración na nosa propia terra!

Sábado, febrero 19th, 2011

Hoxe en Twitter, grazas ao RT de @luz_castro, vimos a seguinte mensaxe de Anxo M. Lorenzo (@alorenzo64), actualmente secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (pica na imaxe para ver a fonte orixinal):

alorenzo

Como podedes ver a devandita mensaxe enlaza cunha páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística onde informan de: “o galego nas novas tecnoloxías“.

Se vos fixades no apartado adicado as redes sociais só fan mención a Facebook e Tuenti deixando de lado calquera alternativa realmente galega como é o caso da nosa web.

redessociaisxunta

Cabozo é, por agora, a única rede social realmente made in Galicia”, con código creado totalmente dende cero por galegos (non limitándose a adaptar ou copiar código doutras webs xa existentes), dirixida case exclusivamente á sociedade galega e redactada integramente en galego.

cbzlig

Moitos dos principais medios de comunicación galegos (TVG, RadioGalega, Faro de Vigo, La Opinión de la Coruña, Galicia Confidencial, Código Cero, La Voz de Galicia, Galiciaé, El Progreso, Diario de Pontevedra…) xa se fixeron eco das posiblidades do proxecto Cabozo e mesmo fóra de Galicia foi, no seu día, considerada como a primeira rede social de especialización territorial en España.

snc

Por todo iso e despois de xa máis de 2 anos na rede galega e máis de 3.500 usuari@s galeg@s rexistrados, cremos que se debería mencionar a Cabozo como a principal alternativa galega ás redes sociais internacionais.

NOTA: Cabozo é unha web totalmente independente sen ningún tipo de vinculación con ningún partido político, asociación, organismo, empresa… (será ese o noso problema? :P )