A Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifica e inclúe a Cabozo na súa web
Despois das nosas reivindicacións destes días a Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifica e, tras pedir desculpas polo “despiste”, inclúe a Cabozo no apartado adicado as “redes sociais” dentro da sección “O galego nas novas tecnoloxías“.
Ademais solicitan un convite a Cabozo coa idea de ter unha actividade constante e difundir información de interese para nenos e mozos.
Dende Cabozo agradecemos a actitude adoptada e que se tivesen en conta as nosas reivindicacións.
Tags: cabozo, galega, galego, galicia, linguística, nas, novas, política, rectificación, rede, secretaría, social, tecnoloxías, xeral