Agora Flocos.tv, a rede galega menos rede tras unha nova perda
En maio de 2009 dabamos a coñecer os usuarios de Cabozo a videoteca de producións audiovisuais galegas en liña Flocos.tv, que por aquel entón viña de recibir o premio “Mestre Mateo” á mellor obra interactiva.
Hoxe temos que anunciar o recente peche do portal despois de meses de abandono por parte das autoridades competentes. A perda deste proxecto cultural deixa un gran baleiro na rede galega, especialmente no sector audiovisual.
A pesar de todo, como puidemos ler en Código Cero, parece que xa existen iniciativas para recuperar o proxecto dende o blog Cinema Galego e o portal GalegoLab
Tags: audiovisual, cabozo, cero, cierre, codigo, flocos, flocos.tv, galega, galego, galegolab, máis, outra, peche, rede, tv