diciembre 8th, 2010
O pasado martes 7 de decembro Cabozo foi convidado a unha charla sobre redes sociais no programa “A Tarde” da Radio Galega, espazo presentado por Pepe Carreira.

No devandito programa tamén interviñeron os responsables de ikiMap, servizo web galego para compartir mapas, e RedeLibros, a rede social galega do libro.
Pica sobre a imaxe adxunta para acceder ao enlace onde poderás escoitar as entrevistas. A parte dedicada a estas tres webs galegas empeza no minuto 32:50 (Se queredes pasar directamente ao espazo dedicado a Cabozo.com avanzade ata o minuto 41:30).
Tags: a tarde, cabozo, cabozo.com, galega, galegas, ikimap, radio, redelibros, redes, sociais
Posted in cabozo | No Comments »
diciembre 8th, 2010

A partir de agora cando visitemos o Taboleiro dun usuario (tamén no noso propio taboleiro) veremos a icona dunha cámara de fotos. Se picamos nesta icona veremos todas as fotos adxuntas ás mensaxes dese taboleiro. Dende a ventá que se nos abre poderemos picar sobre as fotos para velas no seu tamaño orixinal.
Tags: cabozo, cabozo.com, cámara, fotos, galega, icona, rede, social
Posted in Novidades en Cabozo | No Comments »
noviembre 28th, 2010
(Lectores no gallegos pinchad aquí) [Esta opción se activará en breve]

Os “seguimentos“ son probablemente unha das “ferramentas sociais” máis importantes de Cabozo.
Calquera usuari@ de Cabozo pode seguir a calquera outro usuario cun simple clic de rato (aínda que tamén calquera poderá bloquear o devandito seguimento). Só será preciso acceder ao Taboleiro do usuario que queremos seguir (ben mediante o buscador de usuarios, ben pulsando sobre o nome ou imaxe do usuario) e picar sobre a opción “Seguir usuario“.
Cales son as vantaxes de seguir usuarios en Cabozo?
Varias son as vantaxes:

1.- Poderemos ver na opción “Seguimentos” do noso Taboleiro, en tempo real, cando entran a Cabozo ou cando saen os usuarios que seguimos. Cada vez que alguén entre ou saia a opción “seguimentos” poñerase de cor amarela.

2.- Na pestana “Lox” do noso Taboleiro recibiremos avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos (cando actualizan o seu taboleiro, cando inician o seguimento doutros usuari@s, cando soben unha foto aos seus álbums persoais, etc.)

3.- Será imprescindible seguir un usuario para que nos poida dar acceso aos seus álbums persoais privados.

4.- Para iniciar un chat privado cun usuario será necesario, previamente, seguir ese usuario

5.- Se queres iniciar unha videoconferencia ou unha multiconferencia con outros usuarios será necesario, previamente, seguir eses usuarios.
Estas son algunhas das principais vantaxes de seguir usuarios, así que xa sabes, se queres aproveitar ao máximo as posibilidades de Cabozo segue ao máximo de usuari@s!!
Tags: cabozo, cabozo.com, ferramenta, galega, galicia, herramientas, red, rede, redessociais, redessociales, Seguimentos, seguimientos, social, vantaxes, ventajas
Posted in Ferramentas de Cabozo | No Comments »
noviembre 19th, 2010
A nosa conta en Twitter:

A nosa conta en Facebook:
Tags: cabozo, facebook, galega, galicia, galiza, rede, social, twitter
Posted in cabozo | No Comments »
noviembre 3rd, 2010

Dende hai uns días Cabozo ofrece aos seus usuarios a posibilidade de manter videoconferencias de ata catro usuarios ao mesmo tempo.
Ademais incorpóranse tamén, canles de TV persoais onde os usuarios de Cabozo poderán emitir en directo para o resto de usuarios de Cabozo.
It´s move, it´s live, it´s… Cabozo.com!
Aquí tedes o titorial de uso
Tags: cabozo, cabozo.com, canles, tv, videoconferencias
Posted in Novidades en Cabozo | No Comments »
julio 17th, 2008
A partir de hoxe poderase elexir entre dúas modalidades de selección dos grupos na páxina principal, múltiple e simple.
A múltiple é a de sempre cos checkbox e coa posibilidade de seleccionar varios grupos á vez. A simple esta feita con botóns radio e soamente podemos seleccionar un grupo de cada vez. A ventaxa da simple sobre a múltiple é que é moito máis rápido saltar dun grupo a outro e ver as súas mesaxes unha vez que o nome do grupo ponse en branco avisándonos de que hai unha nova.
Para cambiar do estilo múltiple ó simple ou viceversa, haberá que dirixirse os nosos “axustes” de usuario e ali poderemos cambialo.
Tamén agora cando hai un novo comentario nunha foto, a palabra “Album” porase en gris e cando facemos click sobre ela levaranos directamente a foto co comentario en cuestión.
Espero que vos sexan útiles estas novas funcións no noso Cabozo. Saudiños.
Posted in cabozo | No Comments »
julio 15th, 2008
Pois iso, que a partir de hoxe pódense escribir comentarios nas fotos. Unha opción que a tiña ahí aparcada e que hoxe en día é algo imprescindible de ter nunha web que conta cun album fotográfico. Estos dous derradeiros días foron moi productivos en canto a programación de novas funcións para o noso Cabozo
. Saudiños.
Posted in Uncategorized | No Comments »
julio 14th, 2008
Acabo de rematar de programar unha nova funcionalidade para Cabozo, o “Estilo foro”.
¿E qué é iso?.Pois ben, agora ó crear un novo grupo ou cando o creador acceda os axustes dun, aparecerá unha nova opción “Estilo foro”.Se se marca a “Si” na páxina principal de mesaxes non se amosaran as respostas correspondentes as mesaxes, senon que haberá que clickear no número de respostas (debaixo da mesaxe) que ten a mesaxe para acceder a conversación enteira.
Desta maneira teremos acceso os distintos temas de conversación e as súas respostas dunha maneira moito mais sinxela e ordenada, moi útil se se queren crear fios de discusión e acceder a eles fácilmente dende a páxina principal de mesaxes.
Posted in cabozo | No Comments »
julio 12th, 2008
Hoxe pola mañá decidinme a facer un pequeno logo para Cabozo. Está feito co programa Inkscape. Collín a fotografía dun cabozo e usandoa como base debuxei trazos sobre ela ca ferramenta pluma, conseguindo a figura desexada. Non e a oitava maravilla do mundo pero creo que tampouco quedou tan mal
.
Ademáis editei tódalas imaxes ca palabra cabozo da web quitándolles a sombra, co que creo que quedan moito mellor.
Posted in cabozo | No Comments »