Aplicación Android para traducir de ou ao galego
Sábado, diciembre 17th, 2011(Lectores no gallegos pinchad aquí)
“Es galego e estás fóra da túa terra e non entendes nin papa? Vas facer o Camiño de Santiago e non sabes preguntar como se vai a un lugar? Leva TradutorGalego no teu peto e non perdas unha!”
Con esta presentación na súa web os desenvolvedores de TradutorGalego móstrannos as posibilidades desta nova aplicación para Android.
Esta ferramenta permite traducir palabras e textos de ou ao galego. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.
Como curiosidade comentar que ofrece a posibilidade de ditado (voz) o cal pode ser moi útil para por exemplo traducir directamente o que nos din sen ter que escribilo. Con TradutorGalego poderás traducir textos de ata 2.500 carácteres.
Os creadores desta aplicación gratuíta son Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta, dos cales tedes máis información na súa propia web e cos cales podedes poñervos en contacto picando sobre os seus nomes vía Twitter (non nos consta que teñan conta activa en Cabozo.com)
Tamén son os creadores doutras aplicacións como ConxuGalego e DicionarioGalego.