Cabozo invitado a participar nas II Xornadas da Mocidade Galega
Ánxel Folgueira participará, en representación de Cabozo.com, na mesa redonda “Atrapad@ na rede?” onde tratará de dar o seu punto de vista sobre a base da súa experiencia no desenvolvemento da rede social galega. Xunto a el intervirán Pablo Belay e María Yañez representando Chuza e A Navalla Suíza respectivamente.
A intervención terá lugar o próximo mércores 13 de abril na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, con motivo da celebración das II Xornadas da Mocidade Galega que se celebrará entre os días 12 e 14 de abril en Compostela e os días 29 e 30 do mesmo mes en Castrelo de Miño.
Tags: anavallasuíza, cabozo, castrelo, chuza, ciencias, compostela, facultade, galega, gallega, internet, mng, mocidade, políticas, red, rede, sociais, social, universidade, usc