A representación da política galega en Cabozo

(Opción non activada)

Pazo de Raxoi

Aos usuarios que chegan a Cabozo con certas inquietudes políticas pódeselles ocorrer a seguinte pregunta…

Hai en Cabozo representación da política galega? :D A resposta é…

Si, pero moi escasa e intermitente :|

Actualmente esta é a representación política que podes atopar en Cabozo (pica sobre os nomes para acceder á versión pública dos seus taboleiros):

Taboleiro público de Pachi Vázquez

- pachivazquez: A conta de Pachi Vázquez, Secretario Xeral do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, foi a primeira conta de cariz político creada en Cabozo. Ademais é o único representante dalgunha das principais forzas políticas galegas con presenza na rede social galega.

Dende o 14 de febreiro de 2011, data da súa creación, é unha conta bastante activa e actualizada con regularidade, se ben é certo que dende o pasado mes de decembro non recibe ningunha actualización. Esperemos que sexa só un parón puntual da conta que abriu o camiño á presenza en Cabozo da representación política.

Taboleiro público da Secretaría Xeral de Política Lingüística

- sxpl: A conta da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia foi a segunda conta de cariz político cunha actividade regular en Cabozo. Dende o 28 de febreiro de 2011, data da súa apertura, recibe actualizacións practicamente diarias.

Taboleiro público do Partido Popular de Galicia

- ppdegalicia: O PP de Galicia é o primeiro partido político con representación oficial en Cabozo. Dende o 28 de setembro de 2011, data na que foi creada, é unha conta bastante dinámica salvo algún parón puntual na súa actividade.

E a data de hoxe, esta é a única representación da política galega en Cabozo, resultándonos sorprendentes certas ausencias sendo esta unha web galega, creada por galegos, redactada integramente en galego, plural e independente… ou será precisamente isto último o que motiva determinadas ausencias? :D Quen sabe…

Fronte a esta representación oficial, tamén podemos atopar algún usuario que fai o posible por dar visibilidade á súa organización en ausencia dunha presenza oficial da mesma en Cabozo.

Taboleiro público de OnL

- OnL: Este taboleiro do responsábel local do BNG de Oroso, ademais de membroExecutiva Nacional de CIG Ensino pode ser unha alternativa para os que queiran estar informados sobre a actualidade do nacionalismo galego dende Cabozo.

E isto é todo. Iranse sumando pouco a pouco novas caras e partidos? Esperemos ;)

ACTUALIZACIÓN

Pois si, parece que se van sumando novas opcións políticas a Cabozo…

Taboleiro público de Obloque

- obloque: Dende o pasado 23 de febreiro os seguidores ou aqueles que teñan curiosidade por coñecer a actualidade do BNG xa o poden facer en Cabozo a través desta conta con actualizacións case a diario.

Tags: , , , , , , , ,

3 Responses to “A representación da política galega en Cabozo”

  1. Gamela Says:

    Haberá que actualizar…?

  2. Cabozo.com Says:

    Actualizado

  3. Onosolar Says:

    Non me funciona o botón cabozo no voso blog, dame o mesmo erro que en terra e tempo.
    Non terá que ver coa codificación das páxinas?
    Grazas por actualizar a entrada.

Leave a Reply