20 contas a seguir en Cabozo.com

(opción non activada)

Non están todos os que son nin son todos os que están :D pero poden servir de guía para quen acabe de aterrar en Cabozo. Logo, como todo, para gustos hai cores :P

Algúns taboleiros de Cabozo

Esta recompilación pretende ser unha pequena mostra dalgúns dos contidos que día a día se comparten nos taboleiros de Cabozo. As contas seleccionadas non se corresponden necesariamente cos usuarios máis activos da rede (que podedes coñecer no Ranking de Cabozo) xa que moitos usuarios prefiren participar máis activamente noutras seccións de Cabozo como as Cabozadas ou Grupos. Picando sobre os nomes dos usuarios podes acceder á versión pública dos seus taboleiros (Para ver a versión completa tes que ter conta en Cabozo)

Empezamos coas contas dos dous desenvolvedores de Cabozo. Recomendamos seguilos porque naide mellor que eles para botarvos unha man chegado o caso:

Taboleiro público de LegnaLof

- LegnaLof: Ademais de información sobre Cabozo, adoita compartir bastante información sobre actualidade, redes sociais, recursos humanos, tecnoloxía, social media…

Taboleiro público de Deckarz

- Deckarz: (Actualmente ten a súa conta restrinxida exclusivamente a usuarios rexistrados en Cabozo). Aínda que ultimamente non adoita ter moito tempo para compartir contidos en Cabozo debido á súa recente paternidade, de cando en vez déixanos, ademais de información sobre Cabozo, algunha pincelada sobre a súa estancia en Alemaña onde reside desde hai uns anos…

Esta é outra conta interesante do equipo de Cabozo que tamén deberiades seguir:

Taboleiro público de AchegasCabozo

- AchegasCabozo: Toda a información oficial sobre Cabozo publicase neste taboleiro. Ademais, case a diario, recolle unha mostra dalgúns dos contidos máis interesantes que se van publicando en Cabozo polo que tamén nos servirá para coñecer novos usuarios. Seguimos con máis taboleiros interesantes:

Taboleiro público de Galicia Confidencial

- Gconfidencial (Galicia Confidencial): Toda a actualidade de Galicia no xornal en galego líder en Internet. Como Cabozo é un proxecto totalmente independente e foi o primeiro medio galego en apostar por esta rede social :)

Taboleiro público de aMonAazul

- aMonaAzul: Probablemente o taboleiro máis canalla :D e un dos máis divertidos de Cabozo. Para moitos o taboleiro máis quente, sen chegar a queimar, da rede galega :P

Taboleiro público de Davidfdva

- davidfdva: O taboleiro deste “Historiador con vocación prehistoriadora” afincado en Tarragona :) é un dos máis interesantes de Cabozo podendo atopar nel contidos curiosos e de actualidade moi ligados á cultura e realidade galega.

Taboleiro público de Breoganh

- Breogahn: Como deixa entrever a súa Bio “De cativo, un día que non paraba de chorrar, meu avó mollóume o chupete na queimada. Uns anos máis tarde ocorréume o mesmo ca Obélix pero na pota de face-la caña” :D esta conta é un claro expoñente da retranca galega :) Podedes atopar contidos moi variados, dende información sobre Android ata curiosidades da zona do Barbanza. Por certo, ¡un consello! Se non tedes nada para comer a man e tedes moita fame… non se vos ocorra entrar a ver os seus álbums de fotos ou pasaredes moooita fame (envexa)! :D

Taboleiro público de Carloscaneda

- carloscaneda: Un dos usuarios con máis antigüidade de Cabozo e que dende Vilalonga, parroquia de Sanxenxo, nos trae música de todo tipo. Aínda que ultimamente non se pasa moito porque anda un pouco liado (nunca mellor dito e… ata aquí podo contar) :D é deses usuarios que convén seguir.

Taboleiro público de Ramondavella

- ramondavella: Conta que dende Fisterra nos trae, practicamente a diario, reflexións enxeñosas sobre a vida.

Taboleiro público de Trisquel

- trisquel: No taboleiro deste “Ciclista frustrado con alguns coñecementos de informática” podes atopar bastante información relacionada con internet e o software libre ademais de curiosidades variadas. Taboleiro público de Casauma

- casauma: Na conta de “Casa Uma, fermosa casa de turismo no rural das Rías Baixas, poderás atopar moita información sobre natureza e ecoloxía galega, entre outras cousas.

Taboleiro público de Begomtez

- begomtez: Practica inglés sen saír de Cabozo :)

Taboleiro público de Gamela

- Gamela: Seguindo a este profesor de Vigo seguiremos un dos taboleiros máis críticos e reivindicativos de Cabozo.

Taboleiro público de Abel

- abel: Se vos gusta viaxar ou coñecer novos lugares sen movervos da casa non deixedes de seguir o taboleiro deste profesor de Compostela “apaixonado da natureza, o mundo do motor, as viaxes, a metereoloxía e os bares” :D Aínda que non adoita pasar con asiduidade, cando o fai comparte espectaculares xoias en forma de reportaxes das súas viaxes por todo o mundo.

Taboleiro público de GalegoLab

- GalegoLab: Neste taboleiro podes seguir as iniciativas promovidas por GalegoLab, dar ideas, botar unha man e colaborar en accións a prol do galego :)

Taboleiro público de Alugris

- alugris: Interesante taboleiro dende Vigo con contidos variados.

Taboleiro público de Diadenos

- diadenos: A pesar de ser dos últimos usuarios en chegar, fano con forza dende Ourense :) Entre as primeiras achegas compartidas neste taboleiro atopamos contidos que recuperan parte da memoria audiovisual da cultura galega.

Taboleiro público de Galiloxia

- Galiloxia: A tecnoloxía en galego. Taboleiro onde podes atopar todo tipo de curiosidades sobre a ciencia, a tecnoloxía, e todo canto aparello imaxines :D

Taboleiro público de AnaGazza

- AnaGazza: Dende Pontevedra chéganos este taboleiro que poderiamos definir como unha recompilación de curiosidades da Rede :)

Taboleiro público de Monteuve

- monteuve: Interesante taboleiro no que, entre outras cousas, podemos ver fragmentos audiovisuais de grandes clásicos do cine internacional. Obrigatorio para os amantes do bo cine.

Para aqueles que esteades interesados en seguir a política galega recomendámosvos ler o seguinte post onde podedes ver as distintas opcións que tedes en Cabozo:

- A representación da política galega en Cabozo



Tags: , , , , , , , , , , ,

One Response to “20 contas a seguir en Cabozo.com”

  1. Kalili Says:

    Olá!
    son novo en cabozo…gustaría dunha invitación pra crear unha conta nesta rede social nova pra min.

    un saúdo desda Holanda.

Leave a Reply