A importancia dos ‘seguimentos’ en Cabozo
Domingo, noviembre 28th, 2010(Lectores no gallegos pinchad aquí) [Esta opción se activará en breve]
Os “seguimentos“ son probablemente unha das “ferramentas sociais” máis importantes de Cabozo.
Calquera usuari@ de Cabozo pode seguir a calquera outro usuario cun simple clic de rato (aínda que tamén calquera poderá bloquear o devandito seguimento). Só será preciso acceder ao Taboleiro do usuario que queremos seguir (ben mediante o buscador de usuarios, ben pulsando sobre o nome ou imaxe do usuario) e picar sobre a opción “Seguir usuario“.
Cales son as vantaxes de seguir usuarios en Cabozo?
Varias son as vantaxes:
1.- Poderemos ver na opción “Seguimentos” do noso Taboleiro, en tempo real, cando entran a Cabozo ou cando saen os usuarios que seguimos. Cada vez que alguén entre ou saia a opción “seguimentos” poñerase de cor amarela.
2.- Na pestana “Lox” do noso Taboleiro recibiremos avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos (cando actualizan o seu taboleiro, cando inician o seguimento doutros usuari@s, cando soben unha foto aos seus álbums persoais, etc.)
3.- Será imprescindible seguir un usuario para que nos poida dar acceso aos seus álbums persoais privados.
4.- Para iniciar un chat privado cun usuario será necesario, previamente, seguir ese usuario
5.- Se queres iniciar unha videoconferencia ou unha multiconferencia con outros usuarios será necesario, previamente, seguir eses usuarios.
Estas son algunhas das principais vantaxes de seguir usuarios, así que xa sabes, se queres aproveitar ao máximo as posibilidades de Cabozo segue ao máximo de usuari@s!!