22 imaxes case definitivas do que en breve será o novo deseño de Cabozo
O futuro deseño de Cabozo está cada día máis preto… e hoxe xa vos podemos adiantar 22 imaxes, case definitivas, do que será o próximo Cabozo Cabozo plus?
Empezamos pola nova portada. Dende ela poderemos acceder, entre outras cousas, ao Tabomobil a versión para smartphones de Cabozo e calquera persoa, sexa usuari@ rexistrado ou non, poderá facer uso de Arredor, o novo servizo de xeolocalización de Cabozo:
Dende a portada tamén poderemos acceder ás condicións de uso da web. Por certo, alguén as le?
Este será o novo aspecto do noso Taboleiro (algo parecido ao que coñecedes como “Muro” ou “TL” noutras redes sociais):
Detalle da columna das opcións. Picando sobre a icona que aparece á dereita dos usuarios que seguimos poderemos iniciar un chat privado con eles. Nas iconas dos usuarios que nos seguen podemos marcar usuarios como favoritos (para permitir posteriormente o seu acceso aos nosos álbums privados) ou bloquear usuarios para que non reciban os avisos automáticos das nosas actualizacións:
Así veremos agora a pantalla para enviar mensaxes aos taboleiros:
Pestana das Cabozadas, microblogging de 140 carácteres para falar en tempo real con calquera dos usuarios de Cabozo sígalos ou non. O punto de encontro de todos os Cabozeir@s:
Pestana Lox, avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos:
Así veremos dunha ollada os vídeos YouTube adxuntos ás mensaxes dos taboleiros dun usuario:
Arredor, novo servizo de xeolocalización de Cabozo. Así o veremos os usuarios rexistrados accedendo dende o noso taboleiro:
Só os usuarios rexistrados poderemos crear novas marcas (negocios, praias, noticias, lugares de interese, etc.) que logo calquera persoa poderá ver dende a portada de Cabozo. Estas marcas só poderán ser comentadas por usuarios rexistrados:
Se accedemos a eles, así veremos agora os perfís dos usuarios:
Novo aspecto da pantalla das videochamadas. Similar aspecto terán as canles de Tv daqueles usuarios que os teñan activos:
Álbums persoais:
Foto de álbum persoal:
Pantalla de administración de álbums persoais. Dende aquí podemos crealos, marcalos como públicos ou privados, seleccionar a quen damos acceso para velos ou eliminalos:
Nova pantalla de seguimentos. Aquí veremos cando entran ou saen de Cabozo aqueles usuarios que seguimos:
Así veremos os taboleiros doutros usuarios. Picando sobre o seu nome ou imaxe en calquera parte da web ou cando accedemos a eles dende o buscador (por nome, nick ou cidade):
Meus Grupos. Calquera usuario pode crear dende hai anos en Cabozo grupos públicos ou privados se só quere compartir contidos coa xente que invite ao devandito grupo. Vamos, a supernovidade de Google plus pero sen os seus circuliños:
Esta será a nova pantalla para unirse a grupos. Se son públicos só será necesario picar sobre o nome do grupo e se son privados ao picar sobre o nome do grupo o seu creador recibirá unha petición de unión que poderá aceptar ou non:
Pantalla de configuración dos grupos dos que sexamos administradores. Aquí marcaremos o grupo como público ou privado, se permitimos subir imaxes ou non, se permitimos poder compartir álbums ou non, se se poden engadir eventos, recibir solicitudes de unión, etc.:
Pantalla de eventos de grupos, onde poderemos crear eventos dentro dun grupo determinado:
Reproductor de vídeos. Facilita o visionado de todos os vídeos YouTube adxuntos ás mensaxes dos distintos grupos dos que somos membros:
O Modo Playlist permite reproducir de forma automática as listas de vídeos dun determinado grupo do que somos membro. Podemos por exemplo crear un grupo privado ou público coa nosa música favorita e logo reproducila deste modo:
E isto só é unha parte de todas as posibilidades que ofrece Cabozo, a rede social alternativa “made in Galicia“. Aquí podedes ler as opinións dalgúns usuari@s. E ben… que vos parece entón o novo deseño?
Tags: alternativa, cabozo, deseño, diseño, facebook, galega, galego, galicia, gallega, gallego, google, imágenes, imaxes, novo, nuevo, plus, red, rede, redessociales, social, socialmedia, twitter
julio 22nd, 2011 at 11:26
FANTÁSTICO !!!
Cabozo é a Rede Social de Galicia e do Mundo Enteiro !!!
Parabéns !!!
agosto 3rd, 2011 at 19:09
Sen ánimo de ofender nin a cabozo nin a markovatic:
O deseño ségueme parecendo recargado e con certo cheiro a foro retocado, sombras que sobran, distribución algo caótica, o LARANXA por todolos lados que PROVOCA STRESS de fondo… unhas páxinas centradas, outras ao lado… Eu daríalle unha volta sobre fondo branco, e centraría todalas páxinas e darialles a todas o mesmo ancho, en serio, dará algo de respiro e uniformidade. E por suposto felicidades polo proxecto.
agosto 3rd, 2011 at 21:17
Ola Iago! Que tal? Oe, aquí ninguén ofende a ninguén por dar a súa opinión, e menos cando a crítica é construtiva como parece o caso, ok?
Aclaro varias cousas:
1.- Distribución caótica? Cabozo non pode ter unha distribución máis simple: o taboleiro (muro) e os grupos. O taboleiro dividido en 5 pestanas e os grupos cunha estrutura similar, en función dos creadores dos mesmos, ao formato foro ou blog de toda a vida. Iso sí, con moitas máis funcionalidades. Para pasar dunha zona a outra facémolo picando sobre un único botón.
2.- Coidouse moito que as novas cores de Cabozo non resulten molestas á vista, xa o verás en vivo, por iso agora os contidos van sempre sobre fondos claros, case brancos. Se aínda así hai algún usuario ao que non lle gusten os fondos por defecto, non hai problema… pódeo cambiar pola imaxe que queira. Por certo, esta opción xa leva tempo dispoñible en Cabozo
3.- As páxinas principais van todas centradas e son do mesmo ancho (aínda que non pareza así nalgunha captura por outros motivos…). As pantallas que van ao lado é porque son secundarias en case todos os casos e nalgún outro caso puntual por motivos que por agora non queremos adiantar
Veña, saúdos!
agosto 25th, 2011 at 14:12
Moi bo deseño, felicidades!