Se non nos queren ‘ímonos’, pero que logo non nos veñan con contos

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Competir nun sector onde os rivais son nada máis e nada menos que Facebook, Twitter, Google e compañía é realmente complicado. Si, nós non competimos contra o bar da esquina ou contra “Talleres Manoliño” senón contra eses xigantes internacionais…

Se a esa dificultade sumamos as limitacións que en moitos aspectos supón dirixir o noso produto case exclusivamente aos cidadáns galegos e, dentro deles, especialmente aos que falan en galego a cousa complícase aínda máis.

Facer todo isto de forma independente multiplica os obstáculos que atopamos no camiño. Que un proxecto como o noso estea por exemplo nalgunha “lista negra” por non facer o conto e defender os nosos intereses é para botarse a rir… por non chorar :(

Que moitos dos que din defender o galego, en 3 anos, non desen nin unha simple oportunidade para coñecer e ver o pontencial desta ferramenta “made in Galicia” é para mandar todo á merda hai moito tempo…

Combarro

Poder ir ou non logo xa é outra cousa, pero que só contasen con Cabozo nun ou dous eventos dos moitos que hai hoxe en día na xeografía galega sobre redes sociais, case un por semana :P é un claro exemplo, polo moito que deixa entrever, do ridículo nivel de quen pretende ‘representar’ o social media galego ou/e do pouco valor que por estas terras se lles dá aos nosos productos orixinais.

Se despois de 3 anos na rede galega os cidadáns aos que foi dirixido Cabozo non fan un uso desta plataforma como para que compense mínimimente os enormes esforzos que supón manter e desenvolver un proxecto como este, unha de dúas: ou pechamos e punto ou intentamos buscarnos a vida noutro lado.

E a verdade, despois de todos os traballiños pasados durante 4 anos desenvolvendo dende cero un produto único, orixinal e cunha filosofía de uso propia, a idea de pechar non nos fai nin puta graza así que xa sabedes cal sería a nosa primeira opción.

Chegado o caso, non aceptaremos ningún tipo de lamento ou crítica e moito menos vindo daqueles grazas a cuxa indiferenza ou pasotismo este proxecto poida verse obrigado a converterse en algo distinto ao que pretendeu ser, un produto galego alternativo, feito por e para os usuarios galegos e redactado integramente na nosa lingua.

E todo isto dicímolo agora que estamos a punto de presentar unha nova versión de Cabozo cun deseño moito máis atractivo, o último esforzo para ver se realmente este produto é viable (en termos de uso) como produto dirixido exclusivamente a usuarios galegos.

Se non funciona “ímonos” e non pasa nada. Agora ben, que despois non saian os 4 ridículos de sempre a tocar as pelotas cando reformulemos outras opcións para seguir “vivos”. Como por exemplo aqueles, que agora din non usar Cabozo porque é unha web “pechada” cando Cabozo foi unha web de acceso libre durante anos e a día de hoxe aínda non se lle negou un convite a ninguén.

É algo tan sinxelo coma… se non nos queren ímonos pero que logo non nos veñan con contos ;)

Tags: , , , , , , ,

4 Responses to “Se non nos queren ‘ímonos’, pero que logo non nos veñan con contos”

  1. Paco Torres Says:

    Entendo ben o que estades pasando, unha inxustiza cun moi bo traballo, pero SI negáchedes algunha invitación. Eu sei de dous compañeiros e dúas organizacións (tod@s relacionad@s) que aínda están agardando polas invitacións. E dou fé. Imaxino que teríades razóns…pero todo inflúe para que non cheguen as visitas.
    En calquera caso, deséxovos a maior das fortunas.

  2. LexnaLof Says:

    Ola Paco.

    En Cabozo nunca se negaron convites a ninguén. Que non os recibisen nada ten que ver con iso. Seguro. As veces é por algo tan simple como que van ao spam e a xente non os ve, aínda que adoitamos avisar do tema.

    De todos os xeitos, normalmente cando alguén non recibe un convite despois de quedar niso adóitannos pegar un toque avisando do problema en lugar de quedar esperando ou pensando que llelo negamos ¿?

    Dille os teus compañeiros que poden poñerse en contacto connosco aquí mesmo ou ben por privado a través desta dirección de correo e vemos que puido pasar: achegas@cabozo.com

    Saúdos.

  3. Paco Torres Says:

    Ola LexnaLof,

    Fareilles chegar o teu comentario. Son organizacións que sempre poden axudar a un proxecto como o voso.

    Grazas, sorte e forte aperta

  4. Gamela Says:

    Os tempos están cambiando…

    Non desesperar… CONFIANZA e RESISTENCIA !!!

    Asístevos a Forza da Razón !!!

Leave a Reply