Cabozo, outra forma de entender as redes sociais
(Lectores no gallegos pinchad aquí)
Deixemos clara unha cousa antes de empezar, a túa experiencia en redes sociais limítase só a redes tipo Facebook ou Tuenti? Pois cambia o chip agora mesmo!
A Cabozo non imos, en principio, a buscar os nosos marabillosos colegas ou esa/e veciñ@ do terceiro que está tan boa/bo e que se nos dá acceso á súa conta é ou porque non sabe como dicirnos que non, ou porque é tan ‘cotilla’ coma nós ou por que vai medio ‘piripi‘ que si joer, que está moi boa/bo pero que agora non estamos a iso, a ver ho! Para ‘cotillear’ e ver o marabillosas e fantásticas que son as vidas dos nosos achegados, e deixar que ‘xoguen’ e se lucren coa nosa información persoal, xa temos os super mega chachi Facebook e compañía, non? ¬¬ Por certo, que perfectas parecen algunhas vidas nesas redes sociais verdade? Ben, imos ao noso
E diredes… e entón para que carallo serve Cabozo? Pódese facer algo máis que ‘cotillear’ aos nosos achegados nunha rede social? Pois si como ben saben e vos poden contar por exemplo os usuari@s de Twitter, ademais dos de Cabozo, claro! Se es usuario de Twitter asimilarás antes algúns conceptos de Cabozo por compartir estes certas similitudes cos de dito medio ollo, xa sabedes que o concepto é o concepto e iso é importante ¬¬ Iso si, agora que es libre de verdade intenta non pasar todo o día metido nas Cabozadas (a nosa “homenaxe” interna aos 140 carácteres ) e aínda que che custe un pouco librarte dese ‘límite dos 140‘ quen volo dera nas autoestradas, eh pillabáns? aproveita para descubrir un mundo novo con moitas máis posibilidades e no que as limitacións as marcas ti
A Cabozo vimos socializar con xente nova, a coñecer xente á que imos seguir porque nos resultan interesantes os contidos que compartan, por ter os mesmos intereses ca eles, as mesmas inquietudes, afeccións, etc.
En Cabozo interesa máis o que se di que quen o di. Por iso, e porque pasamos de lucrarnos cos vosos datos persoais, aquí non necesitamos que facilitedes ningún dato persoal para facer uso desta rede social A nós non nos fan falta para nada e vós, chegado o caso, xa saberedes facilitar a vosa identidade a quen queirades como mellor vos pareza… non?
A todo isto… dende este momento xa podedes ir abandonando a desculpiña típica esa de que non vos unides a Cabozo porque aquí non coñecedes a ninguén… xa non é crible, eh?
Pois ben, se chegado ata aquí aínda che interesa saber como empezar a coñecer xente en Cabozo e como lograr que os contidos que compartes cheguen ao máximo número de usuarios posible, bótalle unha ollada aos enlaces que tes ao final desta entrada
Se non, podes ir por onde viñeches, pecha a porta a modiño que vai viruxe, e… sorte por eses mundos tan abandonados da man do respecto á vosa privacidade! ¬¬
Bo vale! non me mires así! espera! Antes de que te vaias… se a ti o que che mola é relacionarte só cos teus achegados de forma privada aínda hai unha esperanza para ti! iso si, véxoo chungo, chungo porque… serás capaz de arrancar aos teus colegas ou noiv@ do Tuenti ou do Facebook? Dubídoo moito, non te vexo eu a ti… Ummm, non sei Ben, de todos os xeitos, se o lograses tamén poderás facer un “uso Facebook/Tuenti” de Cabozo a través dos múltiples grupos privados que podes crear para falar e compartir dun xeito sinxelo as túas fotos, vídeos, arquivos, etc. cos grupos de persoas que ti queiras… Vamos, que ademais poderás gozar da “super novidade” dos círculos Google pero sen círculos e á galega, como o polbo! E xa dispoñible por aquí dende o 2008. Pero… isto non o inventaran os de Google+? Ou só o redondearon? ¬¬
1.- Como deixar de ser a muller ou o home invisible en Cabozo e empezar a seguir outros usuari@s
2.- Como facer para que os contidos que compartimos en Cabozo cheguen ao máximo número de usuari@s
Tags: cabozo, diferente, facebook, galega, galego, google, googleplus, novo, rede, redessociais, redessociales, social, socialmedia, tuenti, twitter