Adaptamos a portada de Cabozo para dar cobertura ás mobilizacións cidadás das principais cidades galegas
(Lectores no gallegos pinchar aquí)
Por primeira vez, motivados pola relevancia dos acontecementos, dende Cabozo decidimos adaptar por tempo indefinido a nosa portada* para facilitar aos nosos usuari@s, e a todo aquel que o desexe, o seguimento das mobilizacións nas principais cidades galegas. Ademais faremos un seguimento á concentración da Porta do Sol en Madrid que foi a precursora deste movemento que pretende cambios sociais e políticos na nosa sociedade.
Que podes seguir dende a nosa portada? Webcams, tweets, vídeos, fotos, noticias…
Ademais das opcións habituais da portada de Cabozo, que relegamos a un segundo plano, agora atoparedes as etiquetas de Twitter (hashtag) baixo as que se están seguindo as principais mobilizacións galegas, a acampada de Puerta del Sol en Madrid e algunhas das etiquetas xenéricas deste movemento.
Picando sobre esas etiquetas veremos as últimas mensaxes que fagan referencia ás mesmas, as últimas 8 fotos ou vídeos referidos ás devanditas etiquetas e a webcam, se a hai, a dita acampada (como por exemplo podedes ver en #acampadaobradoiro).
Ademais poderedes ver un mapa das distintas acampadas, ademais de noticias sobre as mesmas.
Pica aquí e visita a portada de Cabozo
*Algunha vantaxe tiña que ter ser unha web libre, independente, non subvencionada e creada baixo código propio
Saúdos!
Tags: acampadabcn, acampadacoruna, acampadaferrol, acampadalugo, acampadaobradoiro, acampadaourense, acampadasol, acampadavigo, galega, galicia, letrasgalegas, mobilizacions, rede, redessociales, social, socialmedia