Posts Tagged ‘verano’

Festa NIRVANA – BALI SESSION o 18 de agosto en BAIONA

Martes, agosto 9th, 2011

Xoves 18 de agosto en Baiona

No alto da montaña, onde o silencio acolle tanta beleza… prepárase con sixilo o mellor dos acontecementos!

Díptico Evento Nirvana

NUNCA VISTO, NUNCA VIVIDO

Álzase a espiritualidade da profecía, revive a luz do lume, a música cambia o ambiente marabilloso e a auga baña sensacións…

A PARTIR DE ENTÓN NON PODERÁS ESQUECER

As portas abriranse só cando a flor de loto se peche, entorno ás once da noite. Nese momento poderás alcanzar… o NIRVANA

Nirvana, Nunca visto, nunca vivido...

UNICAMENTE PODERÁS ACCEDER CON CONVITE, pero grazas aos organizadores do evento temos convites (válidos para dúas persoas) para “premiar” os usuari@s máis activos de Cabozo e xente da nosa confianza! :D

Unha oportunidade única de vivir unha festa nun lugar idílico, cunha decoración exclusiva e ambientada por Ángel Linde, DJ residente de Pachá Ibiza, un dos mellores clubes do mundo.

Nirvana

Pasa por Cabozo e fala con LegnaLof se queres saber como conseguir o teu convite. Tamén recomendamos seguir a páxina do evento en Facebook (Aínda que tamén intentaremos ir informando en Cabozo) ;)