O Tabomobil evoluciona. Estreamos nova versión web de Cabozo para Smartphone

Detectado un aumento significativo do uso de Cabozo dende o móbil, hoxe presentámosvos unha versión moito máis completa e avanzada do Tabomobil, a versión web de Cabozo para móbil.

tabomobil-inicio

Ata hoxe o Tabomobil só nos permitía enviar mensaxes ao noso Taboleiro e… nada máis.

A nova versión ofrécenos novas posibilidades e agora, ademais de poder enviar mensaxes ao noso Taboleiro, tamén podemos velos e respondelos. Podemos ver e responder as respostas que recibamos nos Taboleiros doutros usuarios, ver os Lox e acceder a eles, ver e responder as mensaxes privadas que recibamos e quizais o máis esperado, agora tamén podemos facer uso das Cabozadas.

tabipand

O enlace de acceso á nova versión do Tabomobil é o mesmo que ate agora, así que se xa o tiñas gardado como favorito dende hoxe accederás á nova versión ao entrar.

Se nunca fixeches uso del podes acceder co teu móbil dende este enlace e unha vez dentro gardalo en favoritos para telo sempre a man.

O primeiro que veremos ao acceder é unha sinxela pantalla de acceso onde se nos pide o noso nome de usuario e contrasinal. Outra das novidades é que agora nos gardará os nosos datos para non ter que andar meténdoos cada vez que entremos.

Unha vez dentro veremos a pantalla de opcións: “Meu Taboleiro“, “Nova mensaxe“, “Respostas“, “Lox“, “Cabozadas” e “Privados

tabomobil-opc

1.- Meu Taboleiro: Aquí podemos ver todas as entradas do noso Taboleiro. Se picamos sobre o texto das mensaxes veremos todas as súas respostas, debaixo das cales teremos a opción “Responder”. Na parte superior temos a opción “Volver”.

2.- Nova Mensaxe: Aquí podemos enviar unha mensaxe ao noso Taboleiro ao cal lle podemos achegar unha imaxe ou un vídeo YouTube (ata agora esta era a única opción que ofrecía o antigo Tabomobil)

3.- Respostas: Aquí vemos as respostas que recibimos aos nosos comentarios en calquera Taboleiro. Se picamos sobre o texto das mensaxes verémolo no seu lugar orixinal e poderemos responder. Esta opción márcanos o número de respostas pendentes. Só desaparecerán se picamos sobre elas para velas no seu lugar de orixe.

tabomobil-respostas

4.- Lox: Podemos ver as actualizacións daqueles usuari@s que seguimos, acceder a elas e comentar.

5.- Cabozadas: Funcionan exactamente igual que na versión normal.

6.- Privados: Aquí podemos ver as mensaxes privadas que recibimos e podemos respondelas ou marcalas como lidas. Para respondelas picaremos como sempre sobre o texto das mensaxes.

Por último vemos a opción Logout para desconectarnos.


ACTUALIZACIÓN:

Opcións Tabomobil

Engadida a posibilidade de xeolocalizar as mensaxes que enviemos ao noso Taboleiro e dúas novas opcións:

7.- Seguimentos: Dende aquí podemos acceder directamente ao Taboleiro daqueles usuari@s que sigamos.

Atopa puntos de interese compartidos por outros usuari@s

8.- Arredor: Esta opción de xeolocalización, permite ver as “marcas” ou “puntos de interese” que deixaron os usuari@s próximas a nosa localización ou ben buscar eses “puntos de interese” en calquera parte do mundo. As procuras faranse por categorías (interese, evento, restaurante, praia…).

MÁIS AQUÍ:

Aumentan as opcións de xeolocalización do Tabomobil coa inclusión das “Rutas”


Tags: , , , , , , , , , ,

2 Responses to “O Tabomobil evoluciona. Estreamos nova versión web de Cabozo para Smartphone”

  1. alex Says:

    Ola, puxen “cabozo” “tabomobil” no buscador de google do meu telefono pequeno, e non me saia, ata que me decatei, que na dirección pon “tabomovil” vaia… jejeje esa “v” en galego é con “b” como puxeches en todo o artigo este ;)

    Saúdos.

  2. LegnaLof Says:

    Graciñas polo aviso pero está así adrede por cuestións técnicas ;)

Leave a Reply