Posts Tagged ‘cabozo’

Cabozo.com incorpora a videoconferencia e canles para emitir en directo

Miércoles, noviembre 3rd, 2010

Videoconferencias

Dende hai uns días Cabozo ofrece aos seus usuarios a posibilidade de manter videoconferencias de ata catro usuarios ao mesmo tempo.

Ademais incorpóranse tamén, canles de TV persoais onde os usuarios de Cabozo poderán emitir en directo para o resto de usuarios de Cabozo.

It´s move, it´s live, it´s… Cabozo.com! :)

Aquí tedes o titorial de uso

Mapa web da nova estrutura de Cabozo

Miércoles, noviembre 3rd, 2010

Mapa Web Cabozo

Benvidos a Cabozo

Viernes, mayo 30th, 2008

Empecei coa idea de Cabozo a finais de Xaneiro deste ano. En principio chamábase Pantry e o tiña aloxado no meu ordenador. Durante mais ou menos tres semanas así estivo, ata que decidín contratar un hosting e un dominio. O dominio pantry.com xa estaba collido polo que ao final decidín chamalo cabozo.com. Sorprendentemente ese nome de dominio aínda estaba libre:).

¿E que é Cabozo?. Pois ben, eu son un galleguiño (de Viveiro) emigrado en terras xermanas e gústame estar en contacto cos meus amigos dá Galiza. Xa sei que existen diferentes formas de estar en contacto con alguén a través de Internet, pero entrárame o gusanillo de aprender a programar en PHP e decidín crear Cabozo, co cal intentar ter un lugar en Internet para charlar, compartir fotos, etc, dun xeito sinxelo cos amigos. Ademas desta forma podiamos ir creando unha web á nosa medida, engadindo as funcións que nos parecesen interesantes a todos.

Ao principio en Cabozo (aínda Pantry) soamente se podían crear grupos e enviar mensaxes. Pouco a pouco fóronselle engadindo novas funcionalidades: álbum de fotos, mensaxes privadas, mensaxes favoritas, eventos de grupo, achegar arquivos, etc. Seguramente pódese facer moito mellor, mellor programación, deseño, pero hoxe en día Cabozo cumpre con creces o seu obxectivo. Cabozo esta aberto a todo o mundo, calquera persoa pode rexistrarse, crear o seu propio grupo ou unirse a un xa existente.

A interface de Cabozo está inglés.¿Porque en inglés??, pois porque teño uns cantos amigos por estas terras xermanas, que o utilizan, os cales non entenden o español. Próximamente traducireino ao español e ao galego. Neste blog irei escribindo sobre todo o relacionado con Cabozo.

Pois nada máis, este foi mi primeiro post no blog e espero que non sexa o último:) . Anímovos a unirvos a Cabozo :)