En Lugo tamén están ‘indignados’: info e fotos da #acampadalugo na Praza Maior
Jueves, mayo 19th, 2011(Lectores no gallegos pinchar aquí)
O movemento de “indignación” que se estende por todo o país chegou hoxe á Praza Maior de Lugo.
Ao redor dunhas 200 persoas participaron nunha sentada xunto ao Concello para pedir cambios políticos e sociais.
Xentes de todas as idades déronse cita na concentración de Lugo.
Pancarta coa lenda “Democracia real Xa”
Os lucenses non quixeron deixar pasar a oportunidade de mostrar a súa indignación.
Sobre as 21 horas, unhas 100 persoas continuaban na Praza Maior.
Zona de acampada na #acampadalugo.
Material para crear pancartas.
Mozos, e non tan mozos, organízanse para pasar a noite na zona de acampada na Praza Maior de Lugo.
Fotos da #AcampadaLugo por Cabozo.com, a rede social galega
Segue as principais mobilizacións galegas en Cabozo. Webcams, noticias, tweets, fotos, vídeos, mapas… todo iso e máis na portada de Cabozo