Posts Tagged ‘navegadores’

Como compartir contidos doutras webs directamente en Cabozo

Lunes, junio 13th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Para facilitar aos nosos usuari@s a posibilidade de compartir contidos doutras webs/blogs directamente nos seus taboleiros de Cabozo, melloramos as funcionalidades do botón Cabozo ademais de crear dúas extensións para os navegadores Firefox e Chrome.

BOTÓN CABOZO

Mellorado o envío de contidos dende as webs que incorporan o botón Cabozo.

Botón Cabozo

As melloras son as seguintes: Só se piden os datos de acceso a primeira vez polo que xa non será necesario facilitar usuario e contrasinal cada vez que queiramos compartir algún contido. Podemos editar os textos antes de enviar as mensaxes. Agora tamén podemos achegar unha imaxe ademais de xeolocalizar o contido a compartir (poderemos mesmo crear unha “marca” -sitio de interese- dese contido)

Recordamos que calquera blog ou web pode incorporar este botón. Podedes descargar o código a inserir e a explicación de como facelo aquí.

EXTENSIÓNS CABOZO PARA OS NAVEGADORES FIREFOX E CHROME

Extensión Cabozo para Google Chrome

Agora tamén dispoñemos dunhas extensións de Cabozo para os navegadores Google Chrome e Mozilla Firefox que facilitan o envío de contidos dende calquera web aos nosos Taboleiros aínda que as devanditas webs non incorporen o botón Cabozo.

Extensión Cabozo para Mozilla Firefox

Unha vez instaladas estas extensións aparecerá o “botón Cabozo” no noso navegador.

Aquí podes descargar as extensións:

- Extensión Cabozo para Google Chrome

- Extensión Cabozo para Mozilla Firefox

*Ademais hoxe decatámonos que unha extensión para Joomla facilita compartir contidos tamén en Cabozo.