Veciños e comerciantes do barrio da Residencia denuncian en Lugo o abandono do Hospital Xeral-Calde
Jueves, junio 9th, 2011Uns 400 veciños do barrio da Residencia de Lugo denuncian xunto ao Xeral-Calde o abandono das instalacións do antigo hospital lucense.
Mediante a simulación do velorio do Xeral-Calde esixiron ás autoridades competentes que cumpran as promesas e os compromisos políticos adquiridos.
Unha gran pancarta co lema “As promesas sexan feitos. Servizos prometidos xa!“ presidía a concentración de veciños.
Ademais puidéronse ler e escoitar proclamas como: “Sin o Xeral esto é criminal“, “Cierran negocios, más paro” ou “O barrio da Residencia xa non ten paciencia“
Aquí podedes ver máis fotos e máis vídeos da concentración de veciños.
Aínda non es usuario de Cabozo, a rede social galega? Queres un convite? Podes contactar connosco aquí, na nosa conta de Twitter ou na nosa páxina de Facebook. Únete!